Provincia de Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A provincia de Tui foi unha das sete (primeiro cinco) en que estivo dividida Galiza na Idade Moderna, ata a nova división provincial de 1833, en que pasou a ser integrada na nova provincia de Pontevedra, onde actualmente conforma o seu territorio máis meridional. Foi das dúas últimas en ser creadas, aparecendo arredor de 1550. A súa capital era a cidade episcopal Tui.

Historia[editar | editar a fonte]

Límites[editar | editar a fonte]

Tiña unha extensión era de 1.656 km². Limitaba ao norte coa antiga provincia de Santiago a través do río Verdugo e de aí ao extremo norte da serra do Suído (Marco da Corcheta); ao sur limitaba con Portugal a través do río Miño; , ao leste lindaba coa de Provincia de Ourense á altura da confluencia do pequeno regato Barxas co Miño, na beira dereita deste último, e cos cumes dos montes de Barcia do Seixo, até o citado Marco da Corcheta. Ao oeste o límite era o Océano Atlántico.

Os límites non coincidían coa diocese de Tui, que abranguía localidades ourensás e portuguesas.

Cidades[editar | editar a fonte]

As localidades máis importantes foron, en principio, Tui, que era e é sé episcopal, A Guarda,Baiona e Redondela; desde o século XVIII comeza a destacar Vigo.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

A provincia estaba dividida en xurisdicións (Tui, Vigo, Fragoso, Tomiño, Gondomar, Tebra, Baiona e Miñor, Redondela e Reboreda, Valadares, Salvaterra, Crecente, Arbo, Achas etc) e algúns coutos (Goián, Picoña, Entenza, Parderrubias, Saxamonde, Zamáns etc).

Valor administrativo[editar | editar a fonte]

Como nos demais casos das antigas provincias, non tiñan as funcións administrativas que lles foran adxudicadas desde o período liberal. Un valor era fiscal, para repartir os impostos, que se pagarían a través da cabeza da provincia. Un segundo era representativo, pois os deputados para a Xunta de Galicia, repartíanse segundo esas mesmas cabezas provinciais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]