actriz de cinema, actriz de teatro, actor de televisión, actriz de dobraxe, actriz e produtora
Cónxuxe
Don Gummer
Fillos
Mamie Gummer, Henry Wolfe Gummer, Grace Gummer e Louisa Gummer
Premios
Oscar á mellor actriz, Oscar á mellor actriz de reparto, National Medal of Arts, Donostia Award, Oscar á mellor actriz, Anexo:Golden Globe Award de melhor atriz em comédia ou musical, Anexo:Golden Globe Award de melhor atriz em comédia ou musical, AACTA Award for Best Actress in a Leading Role, Satellite Award for Best Actress – Motion Picture Musical or Comedy, Anexo:Premiadas e indicadas pelo Screen Actors Guild para melhor atriz no cinema, London Film Critics Circle Award for Actress of the Year, Theatre World Award, Premio Cecil B. DeMille, New Jersey Hall of Fame, Medalla Presidencial da Liberdade, Premio Kennedy, AFI Life Achievement Award, Rungstedlund Award, Honorary doctor of the Princeton University, Commandeur des Arts et des Lettres, Ordre des Arts et des Lettres, Premios Oscar, Premios Globo de Ouro, BAFTA, Premio do Sindicato de Actores, Premios Emmy, Premios César, Anexo:Lista de atrizes premiadas no Festival de Cannes e Urso de Prata
Mary Louise Streep, nada en Summit (Nova Jersey) o 22 de xuño de 1949, é unha actriz estadounidense, máis coñecida polo cuxo nome artístico de Meryl Streep. É a actriz estadounidense que máis candidaturas aos Oscars tivo, gañándoo en tres ocasións.
É a filla maior de Mary e Harry Streep, e dende pequena se sentiu atraída polo mundo do cine e o teatro, participando xa de nena en obras teatrais. Estudou Interpretación no Vassar College, logo no Darmouth College e, posteriormente, na Yale School of Drama, graduándose a mediados dos 70. Nun principio traballou no teatro, sendo nomeada ao premio Tony pola súa interpretación na obra 27 wagons full of cotton. Despois de actuar nun par de telefilmes debutou na gran pantalla en 1977 coa película Julia, de Fred Zinnemann, un filme protagonizado por Vanessa Redgrave e Jane Fonda. Máis tarde aparecerían títulos como O cazador en 1978, película pola que foi candidata a mellor actriz secundaria; Manhattan, en 1979 de Woody Allen. En 1978 casou co escultor Donald Gummer, con quen continúa emparellada.