The Hours (filme)
| The Hours | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||
The Hours é un filme baseada na novela de Michael Cunningham, a cal leva o mesmo nome. Trátase dunha película independente, de baixo orzamento e gañadora do Óscar á mellor actriz por Nicole Kidman no ano 2003 que trata sobre tres mulleres en diferentes tempos e xeracións, cuxas vidas son interconectadas coa novela de Virginia Woolf Mrs. Dalloway. Toda a película sucede ó longo dun mesmo día, que cambiará as vidas das tres coprotagonistas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]The Hours é a historia de tres mulleres de diferentes épocas e lugares unidas polos seus anhelos e temores. Virginia Woolf (Nicole Kidman) vive nun suburbio londiniense a principios dos anos 20, onde loita contra a demencia mentres empeza a escribir a súa novela Mrs. Dalloway.
Laura Brown (Julianne Moore), é unha esposa e nai dos Ánxeles de finais da segunda guerra mundial que lendo Mrs. Dalloway empeza a considerar a posibilidade de dar un cambio á súa vida. Clarissa Vaughan (Meryl Streep) é unha "señora Dalloway" do século XXI, vive en Nova York e está namorada do seu amigo Richard (Ed Harris), que está morrendo de SIDA, a pesar de manter unha relación lésbica con Sally (Allison Janney). Finalmente, as historias das tres mulleres entrelázanse e atópanse nun sorprendente momento de recoñecemento compartido.
Enfoca o lesbianismo e o seu impacto social en tres épocas diferentes da historia. Para Virginia Woolf ter inclinación homosexual era algo impensable e horrendo; para Laura, ama de casa e seguidora fiel dos canons sociais da etapa da posguerra, foi unha decisión difícil aceptar que era lesbiana, pero non se escandaliza cando a súa amiga llo fai saber; e xa na época de Clarissa, o lesbianismo é algo normal e esta muller convive coa súa parella sen chamarlle a atención a ninguén.

Premios
[editar | editar a fonte]| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor película | Candidato | |
| Mellor director | Stephen Daldry | Candidato |
| Mellor guión adaptado | David Hare | Candidato |
| Mellor actriz | Nicole Kidman | Gañadora |
| Mellor actor secundario | Ed Harris | Candidato |
| Mellor actriz secundaria | Julianne Moore | Candidata |
| Mellor vestiario | Ann Roth | Candidata |
| Mellor montaxe | Peter Boyle | Candidato |
| Mellor banda sonora | Philip Glass | Candidato |
- Filmes de 2002
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Stephen Daldry
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de Miramax Films
- Filmes de Buena Vista International
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes feministas
- Filmes ambientados en 1923
- Filmes ambientados en 1941
- Filmes ambientados en 1951
- Filmes ambientados en 2001
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre escritores
- Filmes sobre familias disfuncionais
- Filmes sobre suicidio
- Filmes sobre VIH/SIDA
- Filmes sobre depresión