Saltar ao contido

Jean Arthur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Arthur

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gladys Georgianna Greene Editar o valor en Wikidata
17 de outubro de 1900 Editar o valor en Wikidata
Plattsburgh, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1991 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Carmel-by-the-Sea, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, actriz de teatro, profesora universitaria, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1923 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorVassar College Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor en Wikidata
AlumnosMeryl Streep Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000795 Allocine: 1741 Rottentomatoes: celebrity/jean_arthur Allmovie: p2459 80042 IBDB: 30203
BNE: XX1488286 WikiTree: Greene-6416 Find a Grave: 1923 Editar o valor en Wikidata

Gladys Georgianna Greene, nada en Plattsburgh, Nova York, o 17 de outubro de 1900 e finada en Carmel-by-the-Sea, California, o 19 de xuño de 1991,[1] foi unha actriz estadounidense, coñecida como Jean Arthur.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Arthur debutou no cinema mudo co filme Cameo Kirby (1923), de John Ford, e despois protagonizou algúns outros filmes. Tomou o seu nome artístico dos seus dous grandes heroes, Xoana de Arco ("Jeanne d'Arc") e o rei Artur ("Arthur").[2] Coa chegada do sonoro, a súa peculiar voz nasal converteuna en estrela. En 1935, traballou xunto con Edward G. Robinson no filme The Whole Town's Talking, tamén de John Ford, co que comezou a facerse popular.

En 1936, tivo como compañeiro a Gary Cooper en Mr. Deeds Goes to Town, dirixido por Frank Capra[3] e en 1939 foi a protagonista doutro filme de Capra, Mr. Smith Goes to Washington, que serviu para consolidar a súa carreira. En 1943 foi candidata ao Óscar á mellor actriz polo seu papel en The More the Merrier, de George Stevens.[4]

A súa carreira comezou a decaer a mediados da década de 1940 e retirouse da escena.[5] En 1948, protagonizou A Foreign Affair, e finalmente o seu derradeiro papel foi nun clásico do western, Raíces profundas (1953), que foi o seu único filme en cor.[6]

Tras retirarse dedicouse ao ensino da interpretación no Vassar College. Regresou brevemente á interpretación na década de 1960 ao interpretar unha comedia televisiva.[7]

Jean Arthur faleceu nunha residencia de anciáns de Carmel, California, por mor dun fallo cardíaco. Tiña 90 anos e vivía retirada coidando o seu xardín dende había 35 anos.[8][7] A petición expresa súa non houbo cerimonia funeraria.[8] Foi incinerada e as súas cinzas foron esparexidas na costa de Punta Lobos, California.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O primeiro matrimonio de Arthur, co fotógrafo Julian Anker en 1928, foi anulado o día seguinte.[10] Casou co produtor Frank Ross Jr. en 1932. Divorciáronse en 1949.[7] Non tivo descendencia.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Jean Arthur | American actress". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2017-10-22.
  2. Modelo:Cite ANB
  3. Oller 1997, p. 85-86.
  4. "The 16th Academy Awards". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2015.
  5. Morgan, Kim (2020-05-05). "Jean Arthur, the Nonconformist". The Criterion Collection (en inglés). Consultado o 2020-05-16.
  6. Anthony, Elizabeth. "Jean Arthur at Screen Classics." Reelclassics.com, 21 de xullo de 2010. Consultado o 14 de agosto de 2010.
  7. 1 2 3 Sarvady et al. 2006, p. 17.
  8. 1 2 "Actress Jean Arthur Dies Wednesday". Tyrone Daily Herald. 20 de xuño de 1991. p. 3. Consultado o 30 de xuño de 2015 vía Newspapers.com.
  9. Brooks, Patricia; Brooks, Jonathan (2006). Laid to Rest in California: A Guide to the Cemeteries and Grave Sites of the Rich and Famous. Globe Pequot. pp. 313–314. ISBN 0-762-74101-5.
  10. Oliver, Myrna. "Jean Arthur Dies; Comedy Film Star of the '30s and '40s." Articles.latimes.com, 20 de xullo de 1991. Consultado o 14 de agosto de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]