Evil Angels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Evil Angels
Ficha técnica
DirectorFred Schepisi
ProdutorVerity Lambert
GuiónRobert Caswell
Fred Schepisi
Baseado enEvil Angels de John Bryson
IntérpretesMeryl Streep
Sam Neill
MúsicaBruce Smeaton
FotografíaIan Baker
MontaxeBruce Smeaton
DistribuidoraWarner Bros. (EUA)
Cannon Films (Internacional)
Estrea1988
Duración121 minutos
OrixeAustralia
Estados Unidos
Orzamento$15 million[1]
Recadación$6.9 million (Estados Unidos)[2]
Na rede
IMDB: tt0094924 Filmaffinity: 225838 Allocine: 4745 Rottentomatoes: m/cry_in_the_dark Mojo: cryinthedark Allmovie: v11693 TV.com: movies/a-cry-in-the-dark Netlix: 409892Editar o valor em Wikidata

Evil Angels, chamado A Cry in the Dark fóra de Australia e Nova Zelandia, é un filme australiano de 1988 dirixido por Fred Schepisi. O guión, escrito por Schepisi e Robert Caswell, baséase no libro de John Bryson de 1985 do mesmo nome. Conta o caso real da desaparición de Azaria Chamberlain, unha nena de nove semanas de vida que desapareceu dunha acampada preto de Uluru (ou Ayers Rock) no agosto de 1980 e a loita dos seus pais, Michael e Lindy Chamberlain, por demostrar a súa inocencia ante unha opinión pública convencida de que son culpables da morte e desaparición da pequena. Meryl Streep e Sam Neill interpretan os Chamberlains, e Streep foi nomeada para un Premio da Academia por esta interpretación.

A película foi estreada menos de dous meses despois de que os Chamberlains fosen exonerados pola Corte de Apelacións do Territorio do Norte de todos os cargos presentados contra eles.[3]

Argumento[editar | editar a fonte]

O pastor da Igrexa Adventista do Sétimo Día Michael Chamberlain (Sam Neill), a súa dona Lindy (Meryl Streep), os seus dous fillos e a súa nena de nove semanas Azaria están facendo unha acampada durante unha viaxe de vacacións polo Outback australiano. Mentres o bebé dorme nunha tenda de campaña, a familia está a grellar a cea canda outros campistas cando se escoita un berro. Lindy volve á tenda para ver a Azaria e ve un dingo correndo con algo na boca cando ela se achega. Cando descobre que a nena non está, empeza e pedir axuda e todo o mundo se pon a buscala, aínda que sen éxito. Suponse que Lindy viu o animal levando a nena, e así o testemuñarían as futuras investigacións.

A opinión pública logo se pon en contra dos Chamberlains. Para moitos, Lindy semella demasiado estoica e fría, que acepta demasiado ben a desgraza que lle sucedeu. Os rumores sobre ela aumentan e pronto se confunden coa realidade. A crenza do matrimonio non é moi amplamente practicada en Australia, e cando os medios informan de que Azaria significa "sacrificio en terras salvaxes" (cando realmente significa "bendita de Deus"), a xente elucubra que decapitaron a nena cunhas tesoiras como parte dun rito relixioso. Os corpos policiais tamén achegan certas probas, testemuños de expertos forenses, ou probas ciscunstanciais, como un pequeno ataúde de madeira que Michael empregaba como receptáculo para os paquetes de cigarros dos seus fregueses para que non fumasen, e abriron a investigación, finalmente para cargarlle a Lindy o asasinato. Embarazada de sete meses, ignora os consellos dos seus avogados de procurar a simpatía do xurado e parecer emocionada no estrado, non convencendo o público de que non é culpable do crime da que se acusa. Durante o xuízo, a fe de Michael na relixión e na súa muller, derrúbase, e zarabetea cando ten que testificar, dando a entender de que está ocultando a verdade. No outubro de 1982, Lindy foi encontrada culpable e sentenciada a vivir en cadea con traballos forzados, mentres que Michael é encontrado culpable como cómplice, dándolle unha suspención de sentenza de 18 meses.

Máis de tres anos despois, mentres se buscaba o corpo dun turista inglés que caera de Uluru, a policía descobre unha pequena peza de roupa que é identificada como a chaqueta que Lindy insistía que Azaria levaba sobre a súa roupiña, que fora recuperada pronto na investigación. É inmediatamente liberada da prisión, reábrese o caso e todas as condenas contra os Chamberlains son anuladas.

Elenco[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maddox, Garry. "Next year's 10 Best Films." Sydney Morning Herald, 13 de xullo de 1987, p. 16.
  2. "Box Office Information for: 'A Cry in the Dark'. " Box Office Mojo. Consultado o 14 de abril de 2012.
  3. Harper, Dan. "Review: 'A Cry in the Dark'." Arquivado 25 de decembro de 2010 en Wayback Machine. SensesOfCinema.com, Marzo 2001. Consultado o 25 de abril 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bryson, John. Evil Angels. Ringwood, Australia: Penguin Books, 1985 (1ª edición). ISBN 0-670-80993-4.
  • Chamberlain, Lindy. Through My Eyes: Lindy Chamberlain, An Autobiography. Melbourne, Australia: William Heinemann, 1990. ISBN 0-85561-331-9.
  • Stratton, David. The Avocado Plantation: Boom and Bust in the Australian Film Industry. Londres: Pan MacMillan, 1990. ISBN 978-0-7329-0250-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]