Florence Foster Jenkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Florence Foster Jenkins
Mrs. Florence Foster Jenkins LCCN2014714080.tif
Nacemento19 de xullo de 1868
 Pensilvania
Falecemento26 de novembro de 1944 e 26 de decembro de 1944
 Nova York
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncantante, música, cantante de ópera, pianista e socialité
editar datos en Wikidata ]

Florence Foster Jenkins, nada como Narcissa Florence Foster[a] en Wilkes-Barre, Pensilvania o 19 de xullo de 1868 e finada en Nova York o 26 de novembro de 1944, foi unha socialite e soprano afeccionada estadounidense, que foi coñecida e ridiculizada polo seu vestiario rechamante e a súa pobre habilidade para cantar. Stephen Pile considerouna "a peor cantante de ópera do mundo... Ninguén, antes ou despois, tivo éxito en liberarse tan completamente dos grillóns da notación musical".[1][2]

A causa da súa incompetencia técnica, converteuse nunha figura musical de culto durante as décadas de 1920 a 1940. Cole Porter, Gian Carlo Menotti, Lily Pons, Sir Thomas Beecham, e outras celebridades eran fans dela.[3][4] Dise que Enrico Caruso a "contemplou con afecto e respecto".[5]

O poeta William Meredith escribiu que un recital de Jenkins "nunca era exactamente unha experiencia estética, ou só ata o grao da experiencia estética que proporcionaba un antigo cristián entre os leóns; era sobre todo unha inmolación, e Madame Jenkins sempre era devorada ao final".[6][7]

Gravacións[editar | editar a fonte]

Son[editar | editar a fonte]

As únicas gravacións profesionais de Jenkins consisten en nove seleccións en cinco discos de 78-rpm (Melotone Recording Studio, New York City, 1941–1944), producido pola propia Jenkins, financiado por ela[3] e vendido aos seus amigos por 2,50 dólares cada copia.[b][8] As seleccións inclúen catro arias de coloratura de óperas de Mozart, Delibes, Johann Strauss II e Félicien David, e cinco cancións, dúas escritas para Jenkins polo seu acompañante musical, Cosmé McMoon. Sete das seleccións foron publicada por RCA Victor nun LP de 10 polgadas en 1954 e nun de 12 polgadas en 1962, The Glory (Modelo:Not a typo) of the Human Voice.[9]

  • Cara A
  1. Mozart: "Aria da Raíña da Noite", de Die Zauberflöte (en inglés)
  2. Liadoff: "The Musical Snuff-Box" (versión inglesa de Adele Epstein)
  3. McMoon: "Like a Bird" (letra de Jenkins)
  4. Delibes: "Bell Song", from Lakmé (en francés)
  5. David: "Charmant oiseau" (con frauta e piano), de La perle du Brésil (en francés)
  6. Bach/Pavlovich: "Biassy" (baseado no preludio de Prelude and Fugue in G minor, BWV 861 de Bach, con letra de Alexander Pushkin, en ruso)
  7. Johann Strauss II: "Mein Herr Marquis" de Die Fledermaus (versión inglesa de Lorraine Noel Finley)
  • Cara B de Faust, de Gounod, Jenny Williams (soprano), Thomas Burns (piano)
  1. "Valentine's Aria" (Ere I leave my native land)
  2. "Jewel Song" (O heavenly jewels)
  3. "Salut, demeure" (Emotions strange)
  4. Final Trio (My heart is overcome with terror, cantada como dúo)

Imaxes[editar | editar a fonte]

Jenkins encargou a filmación das súas actuacións no evento anual do Verdi Club, o "Baile das Calandras Prateadas", que se celebraba cada outubro no Ritz Carlton Hotel.[10] Críase que todas estaban perdidas[11] ata que en 2009 se atoparon copias dende 1934 a 1939 e de 1941.[12]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Outros medios[editar | editar a fonte]

  • A peza curta de Anne McCaffrey "Euterpe on a Fling" (1994) é unha entrevista ficticia con Jenkins.[18]
  • En 2007 estreouse o documental biográfico Florence Foster Jenkins: A World of Her Own.[19]
  • O filme francés de 2015 Marguerite está vagamente inspirado na vida e na carreira de Jenkins.[20]
  • Florence Foster Jenkins, é un biopic británico protagonizado por Meryl Streep dirixido por Stephen Frears e estreado en Londres o 12 de abril de 2016.[21][22] Streep foi eloxiada pola súa interpretación e recibiu unha candidatura ao Óscar.[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unha referencia, Encyclopaedia Britannica, lista o seu nome como "Nascina", mais segundo todas as demais fontes, incluído o censo federal de 1870, era Narcissa.
  2. 2,50 dólares era unha suma considerable, equivalente a uns 45 dólares de 2019; nesa época un disco típico de fonógrafo vendíase por entre 25 e 50 céntimos.
Referencias
  1. Orixinal en inglés: "the world's worst opera singer ... No one, before or since, has succeeded in liberating themselves quite so completely from the shackles of musical notation".
  2. Pile, Stephen (2011). The Ultimate Book of Heroic Failures (en inglés). Faber and Faber. p. 115. ISBN 978-0-571-27728-5. 
  3. 3,0 3,1 Florence Foster Jenkins Arquivado 12 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en American National Biography Online, consultado o 18 de outubro de 2016.
  4. "Celebrity fan club: the stars who loved the world's worst singer" Arquivado 4 de abril de 2018 en Wayback Machine., The Daily Telegraph, consultado o 20 de setembro de 2016.
  5. Florence Foster Jenkins Arquivado 5 de xullo de 2003 en Wayback Machine. en maxbass.com, consultado o 21 de novembro de 2016.
  6. Orixinal en inglés: "was never exactly an aesthetic experience, or only to the degree that an early Christian among the lions provided aesthetic experience; it was chiefly immolatory, and Madame Jenkins was always eaten, in the end".
  7. The Worst Singer in the World. psmag.com, consultado o 11 de agosto de 2016.
  8. "Florence Foster Jenkins: An Appreciation". Loyola University New Orleans Special Collections and Archives Online. Melotone Recording Studio. 1946. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-16. 
  9. The Glory (????) of the Human Voice en Discogs
  10. Historic Films Stock Footage Archive (2016-10-19). "The Real Florence Foster Jenkins – The Lost Films". Consultado o 2016-10-30. 
  11. Collup, Donald. "Orchids, Tiaras, Minks, Ermines and Top Hats: My recent revelations about Florence Foster Jenkins". collup.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  12. Collup, Donald (xaneiro de 2016). "Discovering a Survival". collup.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  13. "Singing sensation Florence Foster Jenkins". CBC. 8 de agosto de 2008. Consultado o 28 de xaneiro de 2010. 
  14. Gardner, Elysa (10 de novembro de 2005). "'Souvenir' squeals with diva delight". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2010. 
  15. Quilter, Peter (2005). Glorious. Londres e Nova York: Bloomsbury Methuen Press. ISBN 978-0413775405. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2015. 
  16. "Maureen Lipman on soprano Florence Foster Jenkins". The Guardian (Londres). 3 de novembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  17. Spencer, Charles (4 de novembro de 2005). "The triumph of a comforting illusion". The Daily Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2010. 
  18. McCaffrey, Anne (maio de 1994). The Girl Who Heard Dragons. Tor Books. pp. 78–89. ISBN 978-0312931735. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  19. Jeremy Nicholas, "Review: Florence Foster Jenkins – (A) World of Her Own" Arquivado 2016-04-18 en Wayback Machine., Gramophone.
  20. "'Marguerite': Venice Review". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2016. 
  21. "Florence Foster Jenkins London premiere April 12". simplystreep.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2016. 
  22. "London premiere of Florence Foster Jenkins". starwatchbyline.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2016. 
  23. Evans, Suzy, "'Florence Foster Jenkins' Screenwriter, Co-Stars Praise Meryl Streep's Dedication, Commitment" Arquivado 20 de agosto de 2016 en Wayback Machine., Hollywood Reporter, 10 de agosto de 2016, consultado o 19 de setembro de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martin, Nicholas; Rees, Jasper (2016). Florence Foster Jenkins: The Inspiring True Story of the World's Worst Singer. St. Martin's Griffin. ISBN 1250115957. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]