Alicia de Larrocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alicia de Larrocha
Nome completoAlícia de Larrocha i de la Calle
Nacemento28 de maio de 1923 e 26 de maio de 1923
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento25 de setembro de 2009
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpianista e compositora
PremiosComendador das Artes e as Letras, Premio Príncipe de Asturias das Artes, Medalha de Ouro da Generalidade da Catalunha, honorary doctorate of the University of Lleida, Cabaleiro da Lexión de Honra, Premio Nacional de Música de España e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
Na rede
https://www.aliciadelarrocha.com/
IMDB: nm0488651 Dialnet: 3048120 Musicbrainz: 4253b0bc-beff-4579-9101-7df5ecd317ae Discogs: 842663 Allmusic: mn0000767474 Find a Grave: 42391279 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alicia de Larrocha i de la Calle, nada en Barcelona o 23 de maio de 1923 e finada na mesma cidade o 25 de setembro de 2009, foi unha pianista e compositora española. Foi considerada unha das maiores lendas do piano do século XX. Reuters chamouna "a pianista española máis grande da historia",[1] Time "unha das pianistas máis excepcionais do mundo"[2] e The Guardian "a principal pianista española do seu tempo".[3]

Gañou múltiples premios Grammy e o premio Príncipe de Asturias das Artes. Está recoñecida por dar maior popularidade ás composicións de Isaac Albéniz e Enrique Granados.[1] En 1995, foi a primeira artista española en gañar o premio da UNESCO.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alicia de Larrocha naceu en Barcelona.[4] Comezou a estudar piano con Frank Marshall aos tres anos. Ambos os seus pais eran pianistas e era tamén sobriña de pianistas.[2][4] Actuou por primeira vez en público aos cinco anos na Exposición Internacional de Barcelona.[2] O seu primeiro concerto foi aos seis anos na Feira Mundial de Sevilla de 1929, e fixo o seu debut con orquestra aos once anos. Contra 1943, as súas interpretacións xa se vendían fóra de España[2] e comezou a facer xiras internacionais en 1947. En 1954 visitou os Estados Unidos coa Filharmónica dos Ánxeles. En 1969 actuou en Boston para a serie do Peabody Mason Concert.[5] En 1966 comprometeuse cunha xira por Suráfrica que foi tan popular que se completaron outras tres xiras.[6]

De Larrocha, escribiu Jed Distler, "comezou a compor aos sete anos de idade e continuou a facelo de cando en vez ata que cumpriu trinta anos, cun incremento prolífico na súa adolescencia tardía" e aínda que nunca interpretou as súas obras en público, deu á súa familia a posibilidade de dispoñer delas trala súa morte, o que fixeron.[7]

De Larrocha fixo numerosas gravacións do seu repertorio de piano en solitario, en particular de compositores españois. É coñecida polas súas gravacións de Manuel de Falla, Enrique Granados, Frederic Mompou e Isaac Albéniz, así como as súas gravacións de 1967 das sonatas para teclado de Antonio Soler. Gravou para Hispavox, CBS/Columbia/Epic, BMG/RCA e London/Decca, gañando o seu primeiro Grammy en 1975 e o último en 1992, con case setenta anos. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes en 1994.[2]

De Larrocha dixo nunha entrevista de 1978 con Contemporary Keyboard, "non creo haxa un ‘mellor' de calquera cousa nesta vida. Diría, aínda así, que Granados era un dos grandes compositores españois, e que, na miña opinión, era o único que capturou o verdadeiro sabor romántico. O seu estilo era aristocrático, elegante e poético... completamente diferente de Falla e Albéniz. Para min, cada un deles é un mundo diferente. Falla foi quen realmente capturou o espírito da música xitana. E Albéniz creo que era máis internacional cós outros. Aínda que a súa música é española en sabor, o seu estilo é completamente impresionista".[8]

Con apenas 1,50 metros de altura e mans pequenas para un pianista,[1][2] nos seus anos máis novos era aínda así capaz de atacar todos os grandes concertos (os cinco de Beethoven, o número 1 de Liszt, o número 2 de Brahms, os números 2 e 3 de Rakhmáninov, os dous de Ravel, o número 3 de Prokofiev, os de Bliss e Khachaturian e moitos máis), así como as grandes obras de Granados, Albéniz e Falla. Tiña un "quinto dedo longo" e un "largo tramo entre o polgar e o dedo de índice" que a axudaron a estar máis dotada tecnicamente.[3]

Segundo foi avanzando en idade comezou a tocar nun estilo diferente de música; nos seus recitais apareceron máis Mozart e Beethoven e converteuse en invitada regular no "Mostly Mozart Festival" do Lincoln Center for the Performing Arts en Nova York. En 2001, foi nomeada membro honoraria da Fundación para a Música Ibérica na Universidade de Cidade de Nova York. De Larrocha retirouse da interpretación ante o público en outubro de 2003, con 80 anos, despois dunha carreira de 76 anos.[2][4]

Alicia de Larrocha morreu o 25 de setembro de 2009 no Hospial Quirón, Barcelona, aos 86 anos. A súa saúde empeorara dende que rompera a súa cadeira cinco anos antes. O seu marido, o pianista Juan Torra, con quen tivo dous fillos, faleceu en 1982.[2][3]

Lista de premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

De Larrocha Gañou varios premios durante a súa vida. A súa extensa discografía foi recoñecida con catorce candidaturas aos Grammy (1967, 1971, 1974,1975 (X2), 1977 (X2), 1982 (X2), 1984, 1988, 1990, 1991, 1992) e gañou catro premios. Recibiu graos honorarios nas universidades de Míchigan, Middlebury College, Vermont, e Carnegie Mellon.[2][3]

En 1994, recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Webb, Jason (26 de setembro de 2009). "Renowned Spanish pianist de Larrocha dead at 86". Reuters. Consultado o 26 de setembro de 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Alicia de Larrocha, Renowned Pianist, Dies at 86". Time. 26 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2009. Consultado o 26 de setembro de 2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Adrian Jack (26 de setembro de 2009). "Alicia de Larrocha obituary". Londres: The Guardian. Consultado o 26 de setembro de 2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Pianist Alicia de Larrocha dies". CBC News. 26 de setembro de 2009. Consultado o 26 de setembro de 2009. 
  5. The Tech, 19-Nov-1968, Steven Shladover, "Alicia de Larrocha triumphs", Cambridge
  6. [1] Details of her 4 tours to Southern Africa
  7. Jed Distler, "Alicia de Larrocha, Composer", Classics Today, 2016
  8. Kozinn, Allan (26 de setembro de 2009). "Alicia de Larrocha, Pianist, Dies at 86". The New York Times. Consultado o 17 de novembro de 2016. 
  9. Cuartas, Javier (30 de abril de 1994). "Alicia de Larrocha, premio Príncipe de Asturias como "mejor pianista del mundo"". elpais.com (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]