Carmen Linares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Linares

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Carmen Pacheco Rodríguez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Linares, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCarmen Linares Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantaora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFlamenco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcarmenlinares.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0511012 Musicbrainz: 193be292-62ab-4402-ae5b-bd66e3e7b5a0 Songkick: 290839 Discogs: 752594 Allmusic: mn0000184873 Editar o valor em Wikidata

Carmen Pacheco Rodríguez, coñecida como Carmen Linares, nada en Linares (provincia de Xaén) en 1951, é unha cantaora de flamenco e intérprete tamén de canción española. Así mesmo, ten traballado en teatro e zarzuela.

Carmen Linares conquistou por méritos propios un lugar privilexiado na cultura española contemporánea. Pertence á mellor xeración de flamenco xunto con Camarón, Paco de Lucía, Enrique Morente, Manolo Sanlúcar, José Mercé e Tomatito. Carmen Linares é recoñecida como unha lenda viva do flamenco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos anos setenta traballou en Madrid en tablaos e nos anos oitenta en festivais nacionais xunto con artistas do talle de Enrique Morente, Camarón de la Isla, Carmen Mora e os irmáns Juan e Pepe Habichuela.

Como cantaora en solitario comezou en 1980 con Juan e Pepe Habichuela, reivindicouse nos noventa con recoñecidos discos e consolidouse co seu disco esencial Antología de la mujer en el cante, declarado un dos mellores 10 discos da historia do flamenco.

Artista de recoñecido prestixio internacional, interpretou El Amor Brujo de Manuel de Falla con orquestras sinfónicas en escenarios de Nova York, París, Buenos Aires, Tokio e Sydney. Participou en proxectos de grandes artistas como Manolo Sanlúcar, Blanca Lí, Uri Caine, Víctor Ullate e Carlos Núñez.

Recibiu o Premio Nacional de Música de 2001 e publicou máis de 30 títulos incluíndo discos e colaboracións propias e dúos con Joan Manuel Serrat, Arcángel, Sílvia Pérez Cruz e Miguel Poveda. Mestra de novas xeracións, interpretou en versión flamenca obras dos poetas Federico García Lorca, Juan Ramón Jiménez, Miguel Hernández, Rafael Alberti e José Ángel Valente.

Creou o seu propio selo discográfico en 2007, realizou xiras internacionais coa súa compañía e acadou éxito en Nova York cunha histórica actuación con Marina Heredia e Arcángel en 2018 no Carnegie Hall. En 2019 obtivo o recoñecemento ao World Music Award da Universidade de Berklee.

Na tempada 2021/2022 estreou Cantaora: 40 anos de flamenco, proxecto cun grande elenco de músicos, coreografías de baile, momentos de cante jondo e homenaxes a Paco de Lucía, Enrique Morente e Mercedes Sosa.

En maio de 2020, recibiu conxuntamente con María Pagès, o Premio Princesa de Asturias das Artes.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CARMEN LINARES Y MARÍA PAGÉS. PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DE LAS ARTES 2022". fpa.es (en castelán). 5 de maio de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]