Tamara Rojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTamara Rojo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Rei Xoán Carlos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina de ballet Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaIsaac Hernández (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webtamara-rojo.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0737947 Twitter: TamaraRojo1 Instagram: rojotamara Discogs: 5215041 Editar o valor em Wikidata


Tamara Rojo en 2008.

Tamara Rojo, nada en Montreal (Canadá) o 17 de maio de 1974, é unha bailarina española de danza clásica. A partir do ano 2000 foi a primeira bailarina do Royal Ballet de Londres. Dende o ano 2012 é a directora artística do English National Ballet.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada no Canadá en 1974, filla de pais españois, trasladouse con eles a España cando tiña tan só 4 meses. Comezou os seus estudos de danza no Centro de Danza Víctor Ullate de Madrid, onde permaneceu entre 1983 e 1991, e completando a súa formación con David Howard e Renatto Paroni. Tras formar parte da Compañía de Víctor Ullate entre 1991 e 1996, a súa carreira esperimentou un xiro internacional auspiciado por Galina Samsova, quen a convidou a bailar no Scottish Ballet (1996-1997). Con esta compañía interpretou, entre outras obras, O lago dos cisnes, O Cascanoces, Romeo e Julieta e La sylphide.

Alcanzou o estato de bailarina principal no English National Ballet (1997-2000), categoría coa que se incorporou no Royal Ballet de Londres, convidada por Sir Anthony Dowell en xullo de 2000.

Coa súa incorporación no Royal Ballet en 2000, Tamara Rojo, aos seus 25 anos, converteuse na primeira española en formar parte da compañía máis importante do Reino Unido e unha das máis prestixiosas do mundo. Foi ademais, a segunda artista máis nova na historia do ballet que ascende ao posto de primeira bailarina, despois de Maya Plisétskaya, que ascendeu a primeira bailarina aos 18 anos no Teatro Bolshoi.

Ten actuado, como artista invitada, co Ballet do Teatro La Scala de Milán, o Ballet da Ópera de Niza, o Arena de Verona, o Ballet Nacional de Cuba e o Ballet da Ópera de Berlín, e ten participado en numerosas galas de ámbito internacional. Dende os seus primeiros pasos profesionais, Tamara Rojo ten realizado papeis de múltiples matices, destacando as coreografías neoclásicas da escola holandesa e as de fondo significado e raíz hispánica de Ullate, como Volando hacia la luz e Concierto para Tres, ou as renovadas por Derek Deane como Romeo e Xulieta.

En 2001 foi nomeada embaixador da Fundación Hans Christian Andersen de Dinamarca.

Dende setembro de 2012 Tamara Rojo é a directora do English National Ballet[1].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Sempre foi moi discreta e hermética coa súa vida privada. En 2018 confirmou que mantiña unha relación co tamén bailarín Isaac Hernández, ao defenderse das declaracións anónimas que a acusaban de favoritismo cara a el dentro do ENB.[2]

Recoñecementos

En 2005, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. EFE (14 de abril de 2012). "Tamara Rojo, nueva directora del English National Ballet". El Universal. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2012. 
  2. Tubella, Patricia (2018-03-01). "La polémica relación de Tamara Rojo con un bailarín de su compañía". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-25. 
  3. "Acta do xurtado. Artes 2005". fundacionprincipedeasturias.org (en castelán). 29 de xuño de 2005. Archived from the original on 29 de setembro de 2007. Consultado o 1 de xuño de 2021. 


}