Sophie's Choice (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sophie's Choice
Ficha técnica
Título orixinalSophie's Choice
DirectorAlan J. Pakula
ProdutorAlan J. Pakula
Keith Barish
William C. Gerrity
Martin Starger
GuiónAlan J. Pakula
Baseado enSophie's Choice de William Styron
Intérpretes
MúsicaMarvin Hamlisch
FotografíaNéstor Almendros
MontaxeEvan A. Lottman
EstudioITC Entertainment
Keith Barish Productions
DistribuidoraUniversal Pictures
Associated Film Distribution
Estrea8 de decembro de 1982
Duración151 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento9 millóns de dólares[2]
Recadación30 millóns de dólares[3]
Na rede
IMDB: tt0084707 Filmaffinity: 630803 Allocine: 2362 Rottentomatoes: m/sophies_choice Mojo: sophieschoice Allmovie: v45699 TCM: 20346 Metacritic: movie/sophies-choice TV.com: movies/sophies-choice Netlix: 983454Editar o valor em Wikidata

Sophie's Choice é un filme británico-estadounidense de 1982 dirixido e escrito por Alan J. Pakula. É unha adaptación da novela de 1979 Sophie's Choice escrita por William Styron. Está protagonizado por Meryl Streep como Zofia "Sophie" Zawistowski, unha inmigrante polaca nos Estados Unidos cun escuro segredo do pasado que comparte casa en Brooklyn co seu treboento amante Nathan (Kevin Kline no seu primeiro papel), e co escritor Stingo (Peter MacNicol). Rita Karin, Stephen D. Newman e Josh Mostel tamén forman parte do elenco.

Sophie's Choice estreouse nos Ánxeles o 8 de decembro de 1982 e nos cinemas dos Estados Unidos o 10 de decembro por Universal Pictures. Recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica e recadou 30 millóns de dólares. A actuación de Streep foi eloxiada case por unanimidade. O filme recibiu cinco nomeamentos na 55ª edición dos Óscar, ao mellor guión adaptado, mellor fotografía, mellor deseño de vestiario e mellor banda sonora orixinal, con Streep gañando o premio á mellor actriz.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SOPHIE'S CHOICE (15)". British Board of Film Classification. 11 de xaneiro de 1983. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  2. Box Office Information for Sophie's Choice. Arquivado 26 de marzo de 2014 en Wayback Machine. The Wrap. Consultado o 4 de abril de 2013.
  3. "Box Office Information for Sophie's Choice". Box Office Mojo. Consultado o 1 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]