Saltar ao contido

Katharine Graham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKatharine Graham

(1975) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Katharine Meyer Editar o valor en Wikidata
16 de xuño de 1917 Editar o valor en Wikidata
Nova York Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 2001 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Boise Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Oak Hill (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago
Vassar College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneditora, editora literaria, coleccionista de arte, empresaria, escritora, xornalista, autora Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxePhil Graham (1940–1963) Editar o valor en Wikidata
FillosLally Weymouth, Donald Graham Editar o valor en Wikidata
PaisEugene Meyer Editar o valor en Wikidata  e Agnes E. Meyer Editar o valor en Wikidata
Irmánsflorence meyer Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAmerican Women Writers Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1202784 Enciclopedia Galega Universal: 131796 BNE: XX1333277 WikiTree: Meyer-6707 Find a Grave: 23269 Editar o valor en Wikidata

Katharine Meyer Graham, nada en Nova York o 16 de xuño de 1917 e finada en Boise (Idaho) o 17 de xullo de 2001, foi unha xornalista e editora estadounidense do diario The Washington Post dende 1963 até o seu falecemento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Katharine Meyer naceu en 1917 nunha familia adiñeirada de Nova York, filla de Agnes Elizabeth (de solteira Ernst) e Eugene Meyer. O seu pai era un banqueiro experto en análise de investimentos e logo, director da Reserva Federal. A súa nai era unha intelectual bohemia, amante da arte e activa politicamente no Partido Republicano, que mantiña amizade con persoeiros tan diferentes como Auguste Rodin, Marie Curie, Thomas Mann, Albert Einstein, Eleanor Roosevelt, John Dewey[1] e Saul Alinsky.[2][3] Traballou como reporteira nun momento en que o xornalismo non era unha profesión común entre as mulleres. O pai de Katharine era descendente de xudeus alsacianos e a súa nai era luterana filla de inmigrantes alemáns.[4][5][6][7] Igual que os seus catro irmáns, foi bautizada como luterana, mais asistiu á igrexa episcopal.[8]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo na Universidade de Chicago, licenciándose en 1938, e incorporouse ao xornal San Francisco News, cubrindo a sección de traballo e sindicalismo laboral. Un ano despois, ingresou en The Washington Post, periódico que o seu pai adquirira nunha poxa en 1933 cando o rotativo se atopaba en bancarrota.

En 1940 casou con Philip Graham, un novo avogado licenciado pola Universidade Harvard que axiña obtivo a confianza do seu sogro, que lle ofreceu o posto de director do xornal. Esta elección foi realizada en detrimento da súa filla ao considerar que o cargo non era o adecuado para unha muller. Katharine Graham pasou así a un segundo plano.

O matrimonio tivo catro fillos e fixéronse donos de The Washington Post en 1948, sendo xa ese rotativo unha empresa viable. Philip, ademais, adquiriu máis xornais e dúas cadeas de televisión. Tamén entrou en política dentro do equipo de John F. Kennedy. Con todo, a súa vida familiar deteriorouse cando Philip comezou a sufrir un trastorno maníaco-depresivo, con períodos alternantes de lucidez e de agresividade. Empezou a afeccionarse á bebida e a establecer relacións extraconxugais. Foi internado en hospitais varias veces, mais a súa saúde non mellorou e en 1963 suicidouse na súa casa de campo.

Presidencia de The Washington Post

[editar | editar a fonte]

Katharine Graham asumiu a presidencia da empresa The Washington Post Company, calando os comentarios sexistas sobre a súa capacidade de xestión e liderado. Axiña deu mostras de fortaleza tomando decisións que converteron este xornal nun rotativo de prestixio.

En 1971, Graham decidiu publicar o estudo secreto sobre a guerra de Vietnam que elaborara o goberno. A administración Nixon fixo presión sobre a cabeceira para evitar a súa saída á luz, ameazando con retirarlles as licenzas de televisión. Con todo, Graham alegou que estes documentos non puñan en perigo a seguridade do estado e publicounos.

Un ano despois, en 1972, Katharine Graham apoiou os xornalistas Carl Bernstein e Bob Woodward no caso Watergate. Durante máis de dous anos, a empresa e ela mesma volveron enfrontarse con ameazas e presións por parte da administración Nixon. Volveron pórse as licenzas de televisión en xogo e as accións da compañía baixaron á metade do seu prezo. Non obstante, Graham resistiu e defendeu a independencia dos seus dous empregados ata que o presidente Richard Nixon dimitiu. Foi entón cando o diario foi aclamado publicamente.

A súa dedicación polo xornalismo foi completa. En 1974, a revista Ms. Magazine considerouna como a muller máis poderosa do país. Durante a folga sindical de prensa que durou 140 días en 1975, The Washington Post só deixou de imprimir unha edición. Richard Nixon comentou:

En Washington hai moitos que len o Post e lles gusta, e hai moitos que len o Post e non lles gusta. Pero case todos len o Post, o que constitúe un recoñecemento da habilidade de Graham como editora.

A partir de 1979, o seu fillo Donald Graham foi ocupando aos poucos o posto da súa nai na dirección do xornal.

En 1998, publicou a súa autobiografía titulada Personal History, coa que obtivo o Premio Pulitzer.

Falecemento

[editar | editar a fonte]

O 14 de xullo de 2001, Graham caeu e golpeou a cabeza mentres visitaba Sun Valley, Idaho por unha celebración dunha conferencia de altos cargos directivos de medios de comunicación. Faleceu tres días máis tarde.[9] O seu funeral celebrouse na Catedral Nacional de Washington o 23 de xullo de 2001, con asistencia de numerosos políticos e personalidades coñecidas do mundo da cultura e a comunicación estadounidense. Graham está enterrada no histórico Oak Hill Cemetery.[10][11]

Vida social

[editar | editar a fonte]

A casa de Katharine Graham en Martha's Vineyard converteuse en punto de referencia da vida social estadounidense e internacional. Sempre acudiron presidentes, políticos, senadores, empresarios, intelectuais, artistas e actores, entre outros.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Felsenthal, Carol (1993). Power, Privilege and the Post: The Katharine Graham Story. Seven Stories Press. p. 19. ISBN 978-1-60980-290-5.
  2. ↑ Carol Felsenthal (1993). Power, Privilege and the Post: The Katharine Graham Story. Seven Stories Press. p. 127. ISBN 978-1-60980-290-5.
  3. ↑ Sanford D. Horwitt (1989). Let Them Call Me Rebel: Saul Alinsky, His Life and Legacy. Knopf. p. 195. ISBN 978-0-394-57243-7.
  4. ↑ Hodgson, Godfrey (18 de xullo de 2001). "Obituary: Katharine Graham". The Guardian (Londres).
  5. ↑ Smith, J. Y. & Epstein, Noel (18 de xullo de 2001). "Katharine Graham Dies at 84." Washpostco.com, Washington Post Company website. Consultado o 18 de abril de 2012.
  6. ↑ "'Washington Post' icon Katharine Graham, 84, dies". USA Today. 18 de xullo de 2001.
  7. ↑ USA Today: "Personal History" By Katharine Graham 17 de xullo de 2001
  8. ↑ Zweigenhaft, Richard L. and G. William Domhoff The New CEOs : Women, African American, Latino, and Asian American Leaders of Fortune 500 Companies Publicado o 18 de marzo de 2014|Publisher: Rowman & Littlefield Publishers
  9. ↑ Berger, Marilyn (18 de xullo de 2001). "Katharine Graham, Former Publisher of Washington Post, Dies at 84". NY Times.
  10. ↑ "Final Farewell To Katharine Graham". cbsnews.com. Associated Press. 23 de xullo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2006. Consultado o 19 de xullo de 2009.
  11. ↑ Van Dyne, Larry (1 de agosto de 2007). "Into the Sunset: Arrangements and Options for the Afterlife". The Washingtonian (washingtonian.com). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2009.
  12. ↑ "World Press Freedom Heroes: Symbols of courage in global journalism". International Press Institute. 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2012.
  13. ↑ "Graham, Katharine - National Women's Hall of Fame".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]