Mary Harris Jones
Mary Harris Jones | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Mary Harris Jones |
Alcume | "Mother" Jones |
Nacemento | bautizada o 1 de agosto de 1837 |
Lugar de nacemento | Cork, ![]() |
Falecemento | 30 de novembro de 1930 (93 anos) |
Lugar de falecemento | Adelphi, Maryland, ![]() |
Soterrada | Union Miners Cemetery |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Estados Unidos de América |
Ocupación | mestra, sindicalista, Activista polos dereitos humanos, escritora, sindicalista e community organizer |
Premios | National Women's Hall of Fame e Labor Hall of Honor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mary Harris "Mother" Jones, nada no ano 1837[1][2] en Cork e finada o 30 de novembro de 1930, foi unha mestra e costureira de orixe irlandesa que se converteu nunha importante figura da organización sindical e comunitaria nos Estados Unidos de América. Axudou a coordinar importantes folgas e foi cofundadora do Industrial Workers of the World.
Jones traballou como mestra e costureira, mais trala morte do seu home e os seus catro fillos por febre amarela en 1867 e a destrución do seu obradoiro de costura no Grande incendio de Chicago de 1871, comezou a súa labor sindicalista para Knights of Labor e United Mine Workers.[3] Dende 1897 á idade de 60 anos, comezou a ser coñecida como Mother Jones. En 1902 foi chamada "a muller máis perigosa de América" polo seu éxito na organización dos mineiros e as súas familias contra os propietarios das minas. En 1903, para protestar pola neglixente aplicación das leis do traballo infantil nas minas e fábricas de seda de Pensilvania, organizou unha marcha de nenos dende Filadelfia até a residencia do presidente Roosevelt en Nova York.[4]
A revista Mother Jones, estabelecida en 1976, leva o seu nome.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cork Mother Jones Festival". Consultado o 4 de outubro de 2017.
- ↑ "Mother Jones". Consultado o 4 de outubro de 2017.
- ↑ Gorn, Elliot J. (2002). Hill and Wang, ed. Mother Jones: The Most Dangerous Woman in America. Nova York. p. 4. ISBN 978-0809070947.
- ↑ explorepahistory.com (ed.). "Mother Jones leading a protest, circa 1903.". Consultado o 4 de outubro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mary Harris Jones ![]() |