Antonio López García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio López García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1936 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Tomelloso, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e escultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante , profesor universitario , escultor , medallista Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoHiperrealismo e new media art (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAntonio López Torres (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1977Documenta 6 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Moreno Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1997633

Antonio López García, nado en Tomelloso (Cidade Real) o 6 de xaneiro de 1936, é un pintor e escultor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio López foi o fillo máis vello dun matrimonio de labregos acomodados que tiñan unha casa na rúa Domecq. A súa vocación temperá polo debuxo, así como a influencia do seu tío, o pintor Antonio López Torres, conformaron a súa decisión de dedicarse á pintura.

En 1949 trasladouse a Madrid para preparar o seu ingreso na Academia de Belas Artes de San Fernando, onde coincidiu con diversos artistas, como Enrique Gran, Amalia Avia e Lucio Muñoz, cos que conformou o que se chamou "escola madrileña". Permaneceu na Academia entre 1950 e 1955. En 1955, cunha bolsa do Ministerio de Educación, viaxou a Italia, onde coñeceu de primeira man a pintura italiana do Renacemento. Sufriu entón unha pequena decepción ao contemplar en vivo as obras mestras que só coñecía por reproducións e que ata ese momento veneraba. A partir dese momento, comezou a revalorizar a pintura clásica española, que tan ben coñeceu, grazas ás frecuentes visitas ao Museo do Prado, especialmente polas obras de Diego Velázquez.

Tras rematar os seus estudos, realizou as súas primeiras exposicións individuais en 1957 e 1961 en Madrid, mentres traballaba tanto nesa cidade como na súa localidade natal. En 1961 casou coa tamén pintora María Moreno, matrimonio do que naceron dúas fillas, María en 1962 e Carmen en 1965, que herdou o seu amor pola pintura. Desde ese último ano e ata 1969 foi profesor encargado da Cátedra de Preparatorio de Colorido na Escola de Belas Artes de San Fernando.

En 1990, o director de cinema Víctor Erice rodou El sol del membrillo, onde se recolleu o proceso creativo do artista mentres pintaba un marmeleiro do patio da súa casa. En xaneiro de 1993 foi nomeado membro da Real Academia de San Fernando, e ese mesmo ano o Museo Raíña Sofía dedicoulle unha exposición antolóxica.

En 2008, o Museo de Belas Artes de Boston dedicoulle unha exposición monográfica.[1] Ademais, a súa obra Madrid desde Torres Blancas alcanzou nunha poxa de Christie's de Londres a cantidade de 1 918 000 libras esterlinas, a maior cantidade pagada ata ese momento por unha obra dun artista español vivo.[2]

En 2011, o Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo de Belas Artes de Bilbao dedicáronlle senllas exposicións temporais con obras de todas as súas etapas, aínda que maioritariamente da súa última produción.

En 2014 creou unha grande expectación a entrega e presentación do seu cadro A familia de Xoán Carlos I, en que estivo a traballar durante vinte anos.[3]

Método de traballo[editar | editar a fonte]

Antonio López en 2018.
Unha obra nunca se acaba, senón que se chega ao límite das propias posibilidades.
Antonio López[4]

Con estas palabras López resumiu o seu particular modo de achegamento ao obxecto que vai pintar. Os seus cadros desenvólvense ao longo de varios anos, décadas en ocasións, cunha realización lenta e meditada, ata que o artista consegue plasmar a esencia do mesmo no lenzo.

O pintor busca entre a realidade que o rodea aqueles aspectos cotiáns que recolle cun tratamento cheo de detalle, rozando o fotográfico. As súas preferencias van desde as vistas de Madrid ata os retratos dos seus familiares, pasando polos obxectos máis cotiáns e próximos. Emprega o escáner e a impresión en 3D para as esculturas de gran volume.[5]

Durante a maior parte da súa carreira artística, López desenvolveu unha obra independente en medio dun panorama artístico estruturado sobre o informalismo e a abstracción. Tampouco resulta doado vincular a súa obra coas tendencias realistas europeas máis recentes, ou co hiperrealismo estadounidense, corrente á que non se considera achegado.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Museum of Fine Arts, Boston. Antonio López García. Exhibition. Consultado o 21 de outubro de 2011.
  2. Artistas españoles en alza. Arquivado 27 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. El Economista de 13 de outubro de 2011. Consultado o 21 de outubro de 2011.
  3. García, Ángeles (3 de decembro de 2014). "Antonio López: 20 años no es nada". El País (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2017. 
  4. "Antonio López". HA! (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  5. "Galería Marlborough, perfil de Antonio López" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  6. Gándara, Yolanda (xullode 2019). "Arte, Arte y Letras, Entrevistas Antonio López: «Los que me llaman hiperrealista sabrán por qué, pero no lo soy»". Jot Down nº8 (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2021. Los que me llaman hiperrealista sabrán por qué, pero no lo soy. No es que no me considere, es que no lo soy. Es un movimiento norteamericano y tiene unas bases técnicas y temáticas que no son las europeas. En Europa no existe el hiperrealismo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]