Miquel Barceló
Miquel Barceló | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Barcelo, Miquel |
Nacemento | 8 de xaneiro de 1957 |
Lugar de nacemento | Felanitx |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor, escultor, ceramista, gravador, artista gráfico, artista visual e ilustrador |
Coñecido por | sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar e Gran Elefant dret |
Premios | Premio Príncipe de Asturias das Artes, medalla de ouro da comunidade autónoma das illas Baleares, honorary doctorate of Pompeu Fabra University, doutor honoris causa pola Universidade de Salamanca, honorary doctorate of the University of the Balearic Islands e Creu de Sant Jordi |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Miquel Barceló Artigues, nado en Felanitx (Mallorca) o 8 de xaneiro de 1957, é un pintor español,[1] próximo á corrente neoexpresionista.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Barceló naceu en Felanitx, Mallorca.[1] Despois de estudar dous anos na Escola de Artes e Oficios de Palma, matriculouse na Escola de Belas Artes de Barcelona en 1974. Non obstante, só estudou nesta escola uns meses[3] e un ano despois regresou a Mallorca para participar nos acontecementos e accións de protesta do grupo "Taller Llunàtic", un grupo conceptual de vangarda. Tamén participou na creación da súa publicación artística Neon de Suro (21 números ata 1982).
Un ano despois do seu regreso a Mallorca tivo a súa primeira exposición individual no museo de Palma. Inicialmente influíron na súa obra a vangarda, a arte marxinal e o expresionismo abstracto americano (por exemplo, Pollock tivo un grande impacto nel). Por outra banda, sempre lle interesaron especialmente as pinturas barrocas de Diego Velázquez, Tintoretto e Rembrandt. Jean Dubuffet inspirou a Barceló para adoptar unha actitude experimental.
Ao longo dos anos oitenta viaxou moito por Europa, os Estados Unidos e África Occidental, sempre regresando a París, que se converteu nun segundo fogar e onde creou un segundo estudio. O tempo que Barceló pasou en diferentes países, o seu nomadismo e hábitos peripatéticos influíron e inspiraron esencialmente a súa obra, máis fortemente as impresións de África occidental.
A súa participación na Bienal de Sao Paulo (1981) e en "Documenta 7", en Kassel (Alemaña, 1982), onde o presentou Rudi Fuchs, valeulle o recoñecemento internacional.
En 1983 trasladouse a Nápoles durante cinco meses. Aquí realizou algúns traballos con cinsa volcánica, para unha exposición no taller de Lucio Amelio.[4] Tamén respondeu á chamada internacional do galerista napolitano, despois do terremoto dos 80, en que pediu aos principais artistas contemporáneos daquela época que creasen unha obra para a colección Terrae Motus.[5] A súa obra L'ombra che trema, agora exposta no Palacio Real de Caserta, como el mesmo declarou, "é un autorretrato: fíxenme no acto de pintar. A sombra parece reflectir a outra parte de min e ao mesmo tempo é a destrución da orde".[6]
En 1986 recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas de España[7] e en 2003 o Premio Princesa de Asturias das Artes.[8]
No 2004 as acuarelas de Barceló que ilustran a Divina Comedia de Dante, amosáronse no Museo do Louvre de París. Para a capela de Sant Pere da catedral de Palma, Barceló cubriu toda a capela con terracota, decorándoa con imaxes relacionadas co capítulo sexto do Evanxeo de San Xoán, o milagre da multiplicación dos pans e dos peixes, tema escollido porque a capela está dedicada á Última Cea. En 1990 deseñou os traxes e escenografías da ópera El retablo de maese Pedro de Manuel de Falla na Ópera-Comique de París e no 2006 no Festival d'Avignon formou parte dunha performanceco coreógrafo Joseph Nadj.
O 18 de novembro de 2008 o goberno español presentou oficialmente unha inmensa obra de arte de Barceló no Palacio das Nacións Unidas de Xenebra. A obra de arte é unha enorme instalación escultórica situada no teito abovedado da acabada de crear Cámara XX dos Dereitos Humanos e Alianza das Civilizacións do edificio. A obra consta de 1500 m2 de formas de estalactita multicolor para as que o artista empregou 100 toneladas de pintura, que parecen pingar do teito.
En 2010, Barceló foi convidado a ensinar nun obradoiro da École Nationale Supérieure d'Architecture de Versailles.[9]
En 2017, Miquel Barceló foi elixido vicepresidente da CISAC na Asemblea Xeral de Lisboa de 2017. Ese mesmo ano foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Salamanca, como parte da conmemoración do VIII centenario desta Universidade.[10]
Galería[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Famous Spanish Artist - Miquel Barceló". donQuijote. Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ "Miquel Barceló". Web Biografías y Vidas. Consultado o 20 de xuño de 2018.
- ↑ Damiano, Michael. Porque La Vida No Basta; Encuentros Con Miquel Barceló. Anagrama, 2013.
- ↑ Velani, Coen, Tecce (2001). Terrae Motus, la collezione Amelio alla Reggia di Caserta. Milán: Skira. pp. 149–150. ISBN 978-88-8491-066-0.
- ↑ "Terrae Motus L'ombra che trema".
- ↑ Fondazione Amelio (1984). Terrae Motus. Napoli: Electa Napoli. p. 41. ISBN 978-88-435-1066-5.
- ↑ Calvo Serraller, Francisco (19 de decembro de 1986). "Barceló y Miquel Navarro reciben los premios nacionales de Artes Plásticas". El País (en castelán). Consultado o 2019-06-21.
- ↑ "Acta do xurado. Artes 2003". fundacionprincipedeasturias.org (en castelán). 12 de xuño de 2003. Archived from the original on 29 de setembro de 2007. Consultado o 1 de xuño de 2021.
- ↑ "Workshop SP12 - Miquel Barceló in Versailles, École Nationale Supérieure d'Architecture de Versailles".
- ↑ Hermoso, Borja (23 de setembro de 2017). "Miquel Barceló y el arte "inútil"". El País. p. 35.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- The U.N. Geneva Ceiling - slideshow by The First Post
- Room XX by Miquel Barceló: The Spanish Artist's Colourful Ceiling Installation at the UN in Geneva
- Miquel Barceló's Ceramics at Elvira González Gallery, Madrid, 2013 - Article by Patricia Mato-Mora
- Vivarium: Textile Works by Francisca Artigues, After Drawings by Her Son Miquel Barceló