Maya Plisetskaya
Maya Plisetskaya | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de novembro de 1925 |
Lugar de nacemento | Moscova |
Falecemento | 2 de maio de 2015 |
Lugar de falecemento | Múnic |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Rusia, Unión Soviética e España |
Ocupación | Bailarina, mestra de ballet, coreógrafa, actriz |
Pai | Mikhail Plisetski |
Nai | Rachel Messerer |
Cónxuxe | Rodion Shchedrin e Māris Liepa |
Irmáns | Azari Plisetski e Alexander Plisetski |
Premios | Order of the Rising Sun, 3rd class, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Comendador da Ordem de Isabel a Católica, Golden Medal for Merit to Culture, Artista do Povo da URSS, Order "For Merit to the Fatherland" I class, Order "For Merit to the Fatherland" II class, Order "For Merit to the Fatherland" III class, Order "For Merit to the Fatherland" IV class, Premio Príncipe de Asturias das Artes, Praemium Imperiale, Commander of the Order of the Grand Duke Gediminas, Cabaleiro da Lexión de Honra, People's Artist of the RSFSR, Merited Artist of the RSFSR, Bandeira Vermella do Traballo, Premio Lenin, Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Order for Merits to Lithuania, Ordem do Leão da Finlândia, Golden Mask, Triumph, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Commandeur des Arts et des Lettres e Oficial da Lexión de Honra |
Na rede | |
http://www.shchedrin.de | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Maya Mikhailovna Plisetskaya (en ruso: Майя Михайловна Плисецкая), nada en Moscova (Unión Soviética) o 20 de novembro de 1925 e finada en Múnic (Alemaña) o 2 de maio de 2015, foi unha das máximas bailarinas de ballet do Teatro Bolshoi, á cal se lle outorgou o título de prima ballerina assoluta.[1] Destacou por ser a mellor da súa época en papeis como Lebedínoye óziero, Don Quixote, Carmen Suite (ballet feito para ela) e a peza musical La Mort du cygne. En 1993 concedéuselle a cidadanía española.[2][3]
Un dos símbolos indiscutibles da danza clásica, foi a prima ballerina assoluta dunha xeración que incluíu a Margot Fonteyn, Alicia Alonso e Yvette Chauviré. Está considerada pola maioría dos especialistas en danza a bailarina máis destacada da segunda metade do século XX.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Plisetskaya naceu o 20 de novembro de 1925 en Moscova, nunha prominente familia de ascendencia xudía lituana, a maioría de cuxos membros estaban involucrados no teatro ou no cinema. A súa nai, Rachel Messerer, era actriz do cinema mudo. O bailarín Asaf Messerer era o seu tío materno e bailarín de Bolshoi. Sulamith Messerer era a súa tía materna. O seu pai, Mikhail Plisetski (Misha), era un diplomático, enxeñeiro e director de minas, e non involucrado nas artes, aínda que era un fanático do ballet. O seu irmán máis novo Azari Plisetski converteuse nun famoso bailarín e coreógrafo, e a súa sobriña Anna Plisetskaya tamén se converteu en bailarina.
Maya Plisetskaya entrou no mundo da danza á idade de tres anos na Escola de Danza de Moscova e, a pesar dun difícil ambiente familiar (o seu pai Mikhail Plisetski, foi executado por orde de Stalin en 1938 e a súa nai, Rachel Messerer, foi deportada co seu irmán Azari ao gulag), destacou rapidamente na escola do Teatro Bolshoi, baixo a influencia dos seus tíos Asaf e Sulamith Messerer, bailaríns dese teatro, compañía á que se uniu Maya en 1943 e da que se converteu en primeira bailarina con só 18 anos. Comezou a súa carreira profesional interpretando La Mort du cygne.
Despois de anos de veto, emprendeu xiras internacionais durante as que visitou países como os Estados Unidos, Francia, o Reino Unido, Italia (onde foi directora do Ballet da Ópera de Roma), a Arxentina (actuou con éxito clamoroso no Teatro Colón e no Teatro Juan de Beira, da cidade de Corrientes, en 1975–1976 onde regresou en varias oportunidades) e en España (onde dirixiu a Compañía Nacional de Danza), que lle permitiron coñecer e colaborar con grandes personalidades e obter recoñecemento internacional nos máis importantes teatros.
Atreveuse a romper a rutina soviética incorporando danza moderna e traballando cos coreógrafos Alberto Alonso, Maurice Béjart e Roland Petit, que crearon varias pezas para ela como "Carmen", "Isadora" e "La rose malade".
En conmemoración dos seus 80 anos celebrouse en Moscova unha semana de actividades.[4]
Principais interpretacións[editar | editar a fonte]
Posuidora dun soberbio port-des-bras, a súa interpretación do dobre rol de Odette–Odile en Lebedínoye óziero así como de La Mort du cygne son vistas por algúns como "definitivas".[5] Foi unha incomparable intérprete de Kitri en Don Quixote, A noite de Valpurgis e Raymonda. En cambio, foron moi esporádicas as súas actuacións como Giselle e Aurora de Spyashchaya krasavitsa.
Unha das pioneiras da danza moderna en Rusia, foi aclamada no ballet Carmen Suite con coreografía do cubano Alberto Alonso e na coreografía de Maurice Béjart do Bolero[6][7] de Ravel.
Distincións[editar | editar a fonte]
- Artista do pobo da URSS (1959)
- Anna Pavlova de París (1962)
- Premio Lenin (1964)
- Heroe do Traballo Socialista (1985)
- Lexión de Honra de Francia (1986)
- Medalla de Ouro das Belas Artes de España (1991)
- Medalla ao Servizo de Rusia en dúas ocasións (1995 e 2000)
- Praemium Imperiale do Xapón (2006)
- Premio Princesa de Asturias das Artes (2005)
- Orde ao Mérito pola Patria
- Doutora honoris causa polas Universidades Lomonosov de Moscova e a Sorbona de París.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fallece a los 89 años la célebre bailarina rusa Maya Plisétskaya".
- ↑ "Maya Plisétskaya obtiene la nacionalidad española".
- ↑ "REAL DECRETO 1959/1993, de 5 de noviembre, concediendo la nacionalidad española por carta de naturaleza a doña Maya Plisetskaya" (PDF).
- ↑ Honoring Russia's, 'prima' ballerina (en inglés)
- ↑ Vídeo
- ↑ Vídeo
- ↑ Vídeo
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maya Plisetskaya ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Autobiografía: Yo, Maya Plisétskaya. Gallimard, coll,1995, 492 pp. ISBN 2-07-074111-7
- Maya Plisetskaïa, Diva of dance (DVD), EuroArts, 2054938
- Maïa, Katia et Volodia, Doriane Films, Ref: MUDA-7-200
- Maïa Plissetskaïa Assoluta
- Maïa, Iconothèque russe et soviétique.