Isabel García Tejerina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Isabel García Tejerina
Isabel García Tejerina en la entrega de los Premios de Periodismo ABC 2017.jpg
Nome completo Isabel García Tejerina
Nacemento 9 de outubro de 1968
  Valladolid
Nacionalidade España
Educada en Universidade Politécnica de Madrid, Universidade de Valladolid e Davis University of California
Ocupación política, economista e xurista
editar datos en Wikidata ]

Isabel García Tejerina, nada en Valladolid o 9 de outubro de 1968, é unha política española, membro do PP. Foi ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente entre 2014 e 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isabel García Tejerina estudou no Colexio "La Enseñanza" de Valladolid, pertencente á Compañía de María. É enxeñeira agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid e licenciada en Dereito pola Universidade de Valladolid. Conta, ademais, con sendos máster en Comunidades Europeas pola Universidade Politécnica de Madrid e en Economía Agraria pola Universidad de California en Davis.

Desenvolveu practicamente a totalidade da súa carreira política no Ministerio de Agricultura, primeiro como asesora dos ministros Loyola de Palacio, Jesús Posada e Miguel Arias Cañete, e posteriormente como Secretaria Xeral de Agricultura e Alimentación no ente ministerial, en dúas etapas: de 2000 a 2004[1] e de 2012 a 2014.[2]

Foi, igualmente, directora de planificación estratéxica da empresa Fertiberia entre 2004 e 2012 e nese mesmo período, conselleira da compañía mercantil alxerina de fertilizantes Fertial S.P.A.[3]

O 28 de abril de 2014 foi nomeada ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente en substitución de Miguel Arias Cañete.[4][5]

Predecesor:
Miguel Arias Cañete
Escudo de España (mazonado).svg
Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio
Ambiente de España

2014 - 2018
Sucesor:
Dolores Delgado
(Agricultura, Pesca e Alimentación)
Teresa Ribera
(Transición Ecolóxica)

Notas[editar | editar a fonte]