Lista de ministros de Agricultura de España
Este é un artigo sobre os ministros que desempeñaron a carteira de Agricultura nos diferentes gobernos de España dende que aparece durante a Segunda República, en xuño de 1933 baixo a presidencia de Manuel Azaña até o momento actual. Daquela, formaba parte do denominado Ministerio de Agricultura, Industria e Comercio e, dende entón, vai permanecer como un departamento independente aínda que, ao longo do tempo, adoptará diferentes denominacións, sumando e perdendo competencias
Historia
[editar | editar a fonte]O Ministerio de Agricultura, como Departamento exclusivo desta materia foi creado en 1933, por Manuel Azaña, que esgazou o Ministerio de Agricultura, Industria e Comercio, que era o que agrupaba as competencias neses sectores.
Porén, dende comezos do século XIX, no reinado de Fernando VII, os labores de fomento da agricultura dependían do Ministerio de Facenda e, os do sector gandeiro, quedaba baixo o control do Concejo de la Mesta.[1] Cómpre, tamén, destacar o Real Decreto do 9 de novembro de 1832, de Victoriano de Encima, polo que se creaba o Ministerio de Fomento, baixo o nome de Secretaría de Estado e Oficina de Fomento Xeral do Reino e que contaba entre as súas competencias:[2]
o "fomento da agricultura, (...), os viveiros e a gandería, (...) obras de rego e secado de terreos pantanosos; limpalos; a plantación e conservación de montes e árbores; o arado e cerramento de terreos, e a distribución e aproveitamento dos terreos propios, comúns e baldíos; as minas e canteiras; caza e pesca". Igualmente, quedaron baixo a súa dependencia: !a Conservaduría de Montes dentro das vinte e cinco leguas da contorna da corte; a Conservaduría de Montes fóra das mesmas vinte e cinco leguas (...) e o Honrado Concejo de la Mesta".
A área da agricultura permaneceu no Ministerio de Fomento durante case cen anos e, en 1870, aínda existía unha Dirección Xeral de Obras Públicas e Agricultura.[3] Entre 1900, en que se escinde Ensino, e 1905, o Departamento pasou a se denominar Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas, recuperando posteriormente a súa denominación tradicional.
No 1928, coa publicación do Real Decreto do 3 de novembro, creouse o Ministerio de Economía Nacional, ao que se trasladou a Dirección Xeral de Agricultura, coas cámaras agrarias, consello agronómico e Asociación de Gandeiros e os servizos de Hixiene e Sanidade agropecuaria. Mais, finalmente, o Ministerio de Agricultura, Industria e Comercio foi creado por Decreto do Presidente da Segunda República, Niceto Alcalá Zamora o 16 de decembro de 1931, polo que se incorporan as Direccións Xerais de Agricultura, Industria e Comercio, procedentes do Ministerio de Economía Nacional e as de Minas, Montes e Gandaría, do Ministerio de Fomento.[4]
Dous anos despois, en xuño de 1933, baixo a presidencia de Manuel Azaña, o departamento dividiuse en dous, creándose, por unha banda, o Ministerio de Agricultura propiamente e, por outro, o de Industria e Comercio,[5] co que era a primeira vez que había un Ministerio dedicado exclusivamente á xestión da cuestión agraria. A separación fíxose definitiva, agás no período comprendido entre o 25 de setembro de 1935 e o 19 de febreiro de 1936.
Produciuse un novo cambio en 1981, cando se incorporaron as competencias pesqueiras, dende o Ministerio de Transportes, polo que tamén mudou o nome a Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[6] Esta denominación mantívose durante 27 anos, ata que en 2008, baixo o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, fusiónase con Medio Ambiente, pasando a denominarse Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.
Co inicio da X Lexislatura en novembro de 2011, a agricultura volve encabezar a denominación do ministerio, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e que na XII lexislatura (novembro de 2016, incopora Pesca e pasa a ser: Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.[7] finalmente, trala moción de censura contra Mariano Rajoy en 2018 e a formación do novo Goberno de Pedro Sánchez en xuño de 2018, o Ministerio volveu perder Medio Ambiente, recuperando a denominación tradicional de Agricultura, Pesca e Alimentación.[8]
Denominacións do ministerio
[editar | editar a fonte]Dende a Segunda República española este Ministerio recibiu as seguintes denominacións en distintos momentos da súa historia:
- 1931, Ministerio de Agricultura, Industria e Comercio.
- 1933, Ministerio de Agricultura.
- 1935, Comisión de Agricultura e Trabajo Agrícola.
- Ministerio de Agricultura e Trabajo.
- 1981, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
- 2008, Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
- 2011, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
- 2016, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
- 2018, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Lista de Ministros
[editar | editar a fonte]Segunda República (1931-1939)
[editar | editar a fonte]Denominación do
ministerio |
Nome | Foto | Comezo do mandato | Fin do mandato | Partido | Presidente de Goberno |
---|---|---|---|---|---|---|
Ministerio de Agricultura, Industria
e Comercio |
Marcelino Domingo | 16 de decembro de 1931 | 12 de setembro de 1933 | PRRS | Manuel Azaña | |
Ministerio de Agricultura | Ramón Feced | 12 de setembro de 1933 | 16 de decembro de 1933 | PRRS | Alejandro Lerroux | |
Ministerio de Agricultura | Cirilo del Río Rodríguez | 12 de setembro de 1933 | 4 de outubro de 1934 | Diego Martínez Barrio | ||
Ministerio de Agricultura | Alejandro Lerroux | |||||
Ministerio de Agricultura | Ricardo Samper Ibáñez | |||||
Ministerio de Agricultura | Manuel Giménez Fernández | 4 de outubro de 1934 | 3 de abril de 1935 | CEDA | Alejandro Lerroux | |
Ministerio de Agricultura | Juan José Benayas | 3 de abril de 1935 | 6 de maio de 1935 | PRP | ||
Ministerio de Agricultura | Nicasio Velayos Velayos | 6 de maio de 1935 | 25 de setembro de 1935 | PAE | ||
Ministerio de Agricultura, Industria
e Comercio |
José Martínez de Velasco | 25 de setembro de 1935 | 29 de outubro de 1935 | PAE | Joaquín Chapaprieta | |
Ministerio de Agricultura, Industria
e Comercio |
Juan Usabiaga Lasquivar | 29 de outubro de 1935 | 14 de decembro de 1935 | PRR | ||
Ministerio de Agricultura, Industria
e Comercio |
Joaquín de Pablo-Blanco Torres | 14 de decembro de 1935 | 30 de decembro de 1935 | PRR | Manuel Portela Valladares | |
Ministerio de Agricultura, Industria
e Comercio |
José María Álvarez Mendizábal | 30 de decembro de 1935 | 19 de febreiro de 1936 | PRR | ||
Ministerio de Agricultura | Mariano Ruiz-Funes | 19 de febreiro de 1936 | 19 de xullo de 1936 | IR | Manuel Azaña | |
Augusto Barcia Trelles[9] | ||||||
Santiago Casares Quiroga | ||||||
Ministerio de Agricultura | Ramón Feced | 19 de xullo de 1936 | 19 de xullo de 1936 | IR | Diego Martínez Barrio | |
Ministerio de Agricultura | Mariano Ruiz-Funes | 19 de xullo de 1936 | 4 de setembro de 1936 | IR | José Giral | |
Ministerio de Agricultura | Vicente Uribe Galdeano | 4 de setembro de 1936 | 31 de marzo de 1939 | PCE | Francisco Largo Caballero | |
Ministerio de Agricultura | Juan Negrín |
Ditadura franquista
[editar | editar a fonte]Denominación do
ministerio |
Nome | Retrato | Comezo do mandato | Fin do mandato | Partido Político | Goberno |
---|---|---|---|---|---|---|
Eufemio Olmedo | 5 de outubro de 1936 | 31 de xaneiro de 1938 | Xunta Técnica do Estado
(Guerra Civil española 1936-1939) | |||
Ministerio de Agricultura | Raimundo Fernández-Cuesta | 31 de xaneiro de 1938 | 9 de agosto de 1939 | I goberno de Francisco Franco | ||
Ministerio de Agricultura e Traballo | Joaquín Benjumea | 9 de agosto de 1939 | 19 de maio de 1941 | Movemento Nacional | II goberno de Francisco Franco | |
Ministerio de Agricultura | Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia | 19 de maio de 1941 | 20 de xullo de 1945 | Movemento Nacional | ||
Ministerio de Agricultura | Carlos Rein Segura | 20 de xullo de 1945 | 19 de xullo de 1951 | Movemento Nacional | III goberno de Francisco Franco | |
Ministerio de Agricultura | Rafael Cavestany de Anduaga | 19 de xullo de 1951 | 25 de febreiro de 1957 | Movemento Nacional | IV goberno de Francisco Franco | |
Ministerio de Agricultura | Cirilo Cánovas García | 25 de febreiro de 1957 | 29 de outubro de 1969 | Movemento Nacional | V goberno de Francisco Franco | |
VI goberno de Francisco Franco | ||||||
Ministerio de Agricultura | Adolfo Díaz-Ambrona Moreno | 7 de xullo de 1965 | 29 de outubro de 1969 | Movemento Nacional | VII goberno de Francisco Franco | |
Ministerio de Agricultura | Tomás Allende y García-Baxter | 29 de outubro de 1969 | 11 de decembro de 1975 | Movemento Nacional | VIII goberno de Francisco Franco | |
Ministerio de Agricultura | Luis Carrero Blanco | |||||
Ministerio de Agricultura | Torcuato Fernández-Miranda[10] | |||||
Ministerio de Agricultura | Carlos Arias Navarro[11] |
Monarquía parlamentaria
[editar | editar a fonte]Xoán Carlos I
[editar | editar a fonte]Denominación do ministerio | Nome | Retrato | Comezo do Mandato | Fin do mandato | Partido Político | goberno |
---|---|---|---|---|---|---|
Ministerio de Agricultura | Virgilio Oñate Gil | 11 de decembro de 1975 | 7 de xullo de 1976 | Movemento Nacional | Carlos Arias Navarro | |
Ministerio de Agricultura | Fernando Abril Martorell | 7 de xullo de 1976 | 4 de xullo de 1977 | UCD | Adolfo Suárez González | |
Ministerio de Agricultura | José Enrique Martínez Genique | 4 de xullo de 1977 | 24 de febreiro de 1978 | UCD | ||
Jaime Lamo de Espinosa | 24 de febreiro de 1978 | 1 de decembro de 1981 | UCD | Leopoldo Calvo Sotelo | ||
Ministerio de Agricultura | José Luis Álvarez Álvarez | 1 de decembro de 1981 | 12 de setembro de 1982 | UCD | ||
Ministerio de Agricultura | José Luis García Ferrero | 12 de setembro de 1982 | 2 de decembro de 1982 | UCD | ||
Ministerio de Agricultura,
Pesca e Alimentación |
Carlos Romero Herrera | 2 de decembro de 1982 | 12 de marzo de 1991 | PSOE | Gobernos de Felipe González | |
Ministerio de Agricultura,
Pesca e Alimentación |
Pedro Solbes | 12 de marzo de 1991 | 13 de xullo de 1993 | PSOE | ||
Ministerio de Agricultura,
Pesca e Alimentación |
Vicente Albero | 13 de xullo de 1993 | 6 de maio de 1994 | PSOE | ||
Ministerio de Agricultura,
Pesca e Alimentación |
Luis María Atienza | 6 de maio de 1994 | 6 de maio de 1996 | PSOE | ||
Ministerio de Agricultura,
Pesca e Alimentación |
Loyola de Palacio | 6 de maio de 1996 | 30 de abril de 1999 | PP | Gobernos de José María Aznar | |
Ministerio de Agricultura,
Pesca e Alimentación |
Jesús Posada | 30 de abril de 1999 | 27 de abril de 2000 | PP | ||
Ministerio de Agricultura,
Pesca e Alimentación |
Miguel Arias Cañete | 27 de abril de 2000 | 18 de abril de 2004 | PP | ||
Ministerio de Medio Ambiente,
Medio Rural e Mariño |
Elena Espinosa | 18 de abril de 2004 | 20 de outubro de 2010 | PSOE | Gobernos de | |
Ministerio de Medio Ambiente,
Medio Rural e Mariño |
Rosa Aguilar | 20 de outubro de 2010 | 22 de decembro de 2011 | Independente | ||
Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio Ambiente |
Miguel Arias Cañete | 22 de decembro de 2011 | 28 de abril de 2014 | PP | Goberno de Mariano Rajoy | |
Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio Ambiente |
Isabel García Tejerina | 28 de abril de 2014 | 16 de agosto de 2016 | PP |
Filipe VI
[editar | editar a fonte]Denominación do ministerio | Nome | Retrato | Comezo do Mandato | Fin do mandato | Partido Político | goberno |
---|---|---|---|---|---|---|
Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio Ambiente Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente |
Isabel García Tejerina | 16 de agosto de 2016 | 1 de xuño de 2018 | PP | Goberno de Mariano Rajoy | |
Ministerio de Agricultura,
Pesca e Alimentación |
Luis Planas | 7 de xuño de 2018[12] | PSOE | Goberno de Pedro Sánchez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrero García 1983, p. 413
- ↑ Rexente Mª Cristina (10 de novembro de 1832). (consultado o 13 de abril de 2023). "Real decreto de 9 de noviembre de 1832.- Ministerio de Fomento, dando forma y señalando atribuciones á la Secretaría de Fomento" (PDF). Gazeta de Madrid (en castelán) (Madrid) (137): 1.
- ↑ "Ministerio de Fomento". censoarchivos.mcu.es (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2023.
- ↑ Alcalá Zamora, Niceto (17 de decembro de 1931). "Decreto disponiendo que el Ministerio de Economía Nacional se denomine en lo sucesivo Ministerio de Agricultura, Industria y Comercio, declarando afectas al mismo las Direcciones generales de Agricultura, Industria y Comercio y las de Minas, Montes y Ganadería; y que el Ministerio de Fomento de denomine Ministerio de Obras públicas" (PDF). BOE (en castelán) (Madrid). Tomo IV (351): 1762.
- ↑ Redacción (14 de xuño de 1933). "En Industria y comercio". abc.es (en castelán). p. 15. Consultado o 14 de abril de 2023.
- ↑ "Ministerio de Agricultura". censoarchivos.mcu.es. Consultado o 13 de abril de 2023.
- ↑ Presidencia de Goberno (4 de novembro de 2016). "Real Decreto 415/2016, de 3 de noviembre, por el que se reestructuran los departamentos ministeriales". boe.es (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2023.
- ↑ Presidencia de Goberno (7 de xuño de 2018). "Real Decreto 355/2018, de 6 de junio, por el que se reestructuran los departamentos ministeriales". BOE (en castelán) (Madrid) (138): 58722.
- ↑ Foi ministro interino dende o 10 de maio ao 13 de maio de 1936.
- ↑ Foi ministro interino dende o 20 ao 29 de decembro de 1974.
- ↑ En funcións dende o 29 de decembro de 1974 ao 3 de xaneiro de 1974.
- ↑ "Real Decreto 357/2018, de 6 de junio, por el que se nombran Ministros del Gobierno". boe.es (en castelán). 7 de xuño de 2018. Consultado o 18 de abril de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrero García, Ana María (xuño de 2006). (consultado o 12 de abril de 2023). "La materia administrativa y su gestión en el Reinado de Fernando VII" (PDF). Anuario de historia del derecho español (en castelán) (53): 396–423. ISSN 0304-4319.
- Robledo, Ricardo (2006). Los Ministros de Agricultura de la Segunda República (1931-1939) (en castelán). Madrid: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. ISBN 84-491-0711-3.