Lois I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ludovico Pío»)
Lois I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Nacemento16 de abril de 778, 20 de abril de 778 e setembro de 778
Lugar de nacementoChasseneuil-du-Poitou
Falecemento20 de xuño de 840 e 24 de xuño de 840
Lugar de falecementoIngelheim am Rhein
SoterradoAbbey of Saint-Arnould
NacionalidadeImperio Carolinxio
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca e monarca
PaiCarlomagno
NaiHildegarda (esposa de Carlos Magno)
CónxuxeErmengarda de Hesbaye e Xudite de Baviera
FillosLotario I, Lois o Xermánico, Xisela, Carlos II o Calvo, Arnulfo de Sens, Rotruda, Berta, Hildegarda, Pepino I da Aquitânia, Alpaida, Adelaide d'Aquitaine e Hildegarde
IrmánsCarlos, o Jovem, Pipino de Italia, Pipino o Xiboso, Drogon de Metz, Hugh, Lotário, Teodorico, Rotrude, Teodrada, Berta, Gisela, Alpaida, Adelaide, Hildegarda, Chrotais, Hiltrude, Rodaida e Adaltruda
Na rede
WikiTree: Carolingian-76 Find a Grave: 84022206 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Lois o Piadoso (Biblioteca Nacional de Francia).

Lois I[1] coñecido como «o Piadoso» ou Ludovico Pío (en latín, Ludovicus Pius), nado o 16 de abril de 778 en Cassinogilum (o lugar foi identificado como o actual Chasseneuil)[nota 1] e finado o 20 de xuño de 840 en Ingelheim am Rhein, foi o único fillo de Carlomagno que chegou á idade adulta e foi o seu sucesor como rei dos francos e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (814-840).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa mocidade foi rei de Aquitania (781-840), e foi responsábel da defensa das fronteiras meridionais do imperio. Conquistou Barcelona aos árabes o 801, e reforzou a autoridade franca sobre Pamplona e os vascos o 813.

Durante o seu reinado como emperador, incorporou os seus fillos adultos Lotario, Pipino e Lois no goberno. A primeira década de goberno estivo marcada por traxedias e desprestixios, especialmente polo tratamento brutal que inflixiu ao seu sobriño Bernardo de Italia polo cal Lois se arrepentiu publicamente. Á década do 830 o imperio viuse dividido pola guerra civil entre os seus fillos, que loitaban polo poder, especialmente despois de que Lois intentase incluír o fillo da súa segunda muller, Carlos, no seu testamento. Malia que Lois conseguiu restablecer a orde, á súa morte os seus fillos retomaron a guerra civil durante tres anos antes de se repartiren o imperio co Tratado de Verdún.

A súa vida é ben coñecida polo relato que fai O Astrónomo, cronista oficial dos francos, na súa Vita Hludovici.

Rei de Aquitania[editar | editar a fonte]

Naceu o 16 de abril do 778 e foi o cuarto fillo de Carlomagno (o terceiro con Hildegarda de Vintzgau). O 781, cando tiña só 3 anos, foi nomeado rei de Aquitania, un dos reinos do Imperio carolinxio, e enviado ao país acompañado por rexentes e unha corte para poñer orde nas rebelións que estaban tendo lugar como consecuencia da derrota dos exércitos de Carlomagno no intento de conquista de Zaragoza e na Batalla de Roncesvales (778).

Durante os anos 800-801 dirixiu a expedición que vai conquistar Barcelona aos musulmáns e despois foi o encargado de nomear os primeiros condes de Barcelona desde Berà ata Bernardo de Septimania. Os anos 804, 808 e 809 organizou outras expedicións contra territorio musulmán que non conseguiron ningún éxito importante.

Carlomagno coroando co-emperador a Lois (miniatura do s. XIV).

Segundo o documento Divisio Regnorum (806), Carlomagno previra repartir o Imperio entre os seus fillos. Carlos habíase converter en Emperador dos francos, Pipino en rei de Italia e Lois herdaría Aquitania, Septimania, Provenza e parte de Borgoña. Pero todos os irmáns de Lois morreron antes do seu pai, de forma que el se converteu no único herdeiro de todos os reinos francos, non sendo Italia, que Carlomagno cedeu ao fillo de Pípino e neto seu Bernardo de Italia.

O 813 con Carlomagno xa doente e tras morreren os seus outros fillos Carlos de Neustria e Austrasia e Pipino de Italia (que deixou un só fillo de nome Bernardo), Gerric, un dos principais oficiais de Aquitania, e outros conselleiros de Lois recomendáronlle ir xunto ao seu pai; pero Lois rexeitouno para que non parecese que o facía por ambición, e esperou ordes de Carlomagno. O verán foi chamado a Aquisgrán onde nunha asemblea xeral en setembro foi nomeado co-emperador co seu pai, volvendo a pasar o inverno en Aquitania. Á morte do pai, o 28 de xaneiro do ano seguinte, herdou o imperio.

Emperador[editar | editar a fonte]

O imperio carolinxio no ano 814

Cando Lois recibiu a noticia da morte do seu pai, o 1 de febreiro do 814 estaba celebrando a asemblea xeral do reino en Doué en Anjou. Ao cabo de cinco días saíu cara a Aquisgrán onde chegou avanzado febreiro e coroouse emperador nunha asemblea xeral na que o seu sobriño Bernardo o recoñeceu como superior e fixo o xuramento igual que todos os outros nobres do reino. Obrigou aos curmáns de seu pai a tomar ordes monásticas e pechou as súas irmás en conventos, para evitar que casasen con maridos que puidesen poñer en perigo a súa autoridade. Ao final do mesmo ano enviou ao seu fillo Pipino a Aquitania, reino que lle cedeu nas mesmas condicións nas que o tivera el en vida do pai. Pipino é coñecido como Pipino I de Aquitania e non foi coroado formalmente ata a dieta de Aquisgrán do 817. Esta demora deberíase ao final da tregua cos musulmáns, que trouxo enfrontamentos cuxos detalles se descoñecen, e a unha epidemia de peste e fame que afectarían a parte de Aquitania.

O 816 o Papa Estevo V atopouse con Lois en Reims e volveuno a coroar emperador. Deste xeito o Papado vía reforzada a súa influencia ao verse recoñecida a súa importancia ás coroacións imperiais.

Ordinatio Imperii[editar | editar a fonte]

O xoves santo do 817, Lois e a súa corte sufriron un accidente ao afundirse a galería de madeira que conectaba o palacio coa catedral de Aquisgrán. Moitos morreron, e tras ver a morte tan preto Lois empezou a pensar na súa sucesión.

Tres meses despois emitiu un decreto imperial chamado Ordinatio Imperii, no que repartía a súa herdanza:

  • Lotario, o seu fillo máis vello, foi proclamado por seu pai co-emperador, e era nomeado herdeiro da coroa de todos os reinos francos, agás os que recibiron os seus irmáns.
  • Pipino, o segundo fillo, foi proclamado rei de Aquitania, e o seu territorio incluía a Gascuña, a marca ao redor de Tolosa, e os condados de Carcasona, Autun, Avallon e Nevers
  • Lois, o fillo pequeno, recibiu o título de rei de Baviera e as marcas da contorna.
  • Bernardo, o fillo do seu irmán, Pipino de Italia, foi confirmado como rei de Italia. Carlomagno permitira a Bernardo herdar o título do seu pai.

O Imperio non se podía dividir, e todos os reis dos reinos francos tiñan que obedecer ao emperador. Deste xeito, o fillo máis vello, Lotario, recibía unha dignidade superior ao resto de irmáns, e unhas terras moito máis extensas.

Lois facendo penitencia en Attigny. Gravado do s. XIX

Bernardo de Italia[editar | editar a fonte]

A ordinatio imperii deixaba claro que o reino de Italia estaba subordinado ao emperador. Bernardo de Italia, que desexaba continuar coa súa autonomía, empezou a planear unha declaración de independencia respecto aos reinos francos. Ao se decatar, Lois reuniu un exército e dirixirse cara á fronteira italiana. Intimidado pola rápida reacción do seu tío, Bernardo rendeuse e someteuse a el. Lois sentenciouno a morte, malia que decidiu conmutarlle a pena pola de deixalo cego. Aínda así, unha vez que lle tiraron os ollos, Bernardo morreu, logo de dous días de agonía.

A morte do seu sobriño había pairar sobre a conciencia de Lois durante o resto da súa vida. Cando en 818 a súa esposa Ermengarda de Hesbaye morreu, Lois creu que a morte era un castigo divino, posto que Ermengarda influíra durante as decisións que tomou en relación ao seu sobriño.

O 822 Lois fixo penitencia pedindo perdón polo trato a Bernardo ante o papa Pascual I e un consello de clérigos e nobres. O prestixio de Lois viuse afectado a raíz deste episodio.

Primeira guerra civil[editar | editar a fonte]

O ano 820 Lois volveuse a casar, con Xudite de Baviera, e en 823 tería un fillo coa súa segunda esposa. O nacemento deste novo fillo, de nome Carlos, acabou cos pactos establecidos na Ordinatio Imperii, posto que os intentos de Lois de deixar parte da herdanza ao seu novo fillo toparon coa oposición dos tres fillos da primeira esposa.

O 829, en Worms, Lois deu Alemaña a Carlos, diminuíndo significativamente a porción que fora asignada ao seu herdeiro Lotario que se enfureceu pola perda dos seus territorios.[2] Co apoio dos seus irmáns, Lotario acusou a Xudite de cometer adulterio co conde de Barcelona Bernardo de Septimania, e a Carlos de ser un fillo bastardo. O 830, cando Lois volvía dunha campaña a Bretaña, atopou o seu imperio no medio dunha guerra civil. Pipino de Aquitania e Lois o Xermánico encarceraran a Xudite en Poitiers, e Bernardo de Septimania tivera que fuxir a Barcelona.

Mentres tanto Lotario reunira un grande exército, e Lois para salvar a situación prometeu a Pipino e Lois unha parte máis grande da herdanza se cambiaban de bando e o axudaban a combater a Lotario. Finalmente Lois conseguiu capturar a Lotario e recuperar o control. Lotario foi perdoado, pero foi exiliado a Italia.

Moeda emitida por Lois, coa súa efixie[3]

Segunda guerra civil[editar | editar a fonte]

Na dieta ou asemblea xeral de Thionville do outono do 831, Bernardo de Septimania foi rehabilitado; estaban presentes na reunión Lotario I de Italia e Lois de Baviera; Pipino I de Aquitania escusou con varios motivos a súa asistencia malia as ordes directas do emperador,[nota 2] pero finalmente, baixo orde paterna, tívose que presentar en decembro en Aquisgrán onde estaba Lois o Piadoso; este amoestouno e ordenoulle que ficase ao seu carón e prohibiulle ausentarse sen o seu permiso, o que era un tipo de arresto. Pero logo das festas de Nadal Pipino evadiuse o día dos santos Inocentes (28 de decembro do 831) saíndo pola noite cara a Aquitania, acompañado dos señores que lle eran máis afectos. Houbo mesmo un tipo de vínculo secreto con Bernardo de Septimania, que á súa vez estaba descontento por non ser restablecido na súa posición na corte.

Berenguer, conde de Tolosa e conselleiro de Pipino, aconselloulle que non se sublevase pero Bernardo de Septimania instigouno. A principios do 832, Lois o Piadoso convocou unha dieta en Orleáns para discutir os métodos para volver a Pipino á obediencia. Lotario e Pipino e foron chamados, pero Lois apoiou ao seu irmán e non foi; aspiraba á parte de Xermania destinada ao seu medio irmán Carlos o Calvo. Lois o Piadoso iniciou a campaña contra os seus fillos rebeldes. Berenguer, leal ao emperador, entrou nos dominios de Bernardo, apoderándose dalgúns deles, con seguridade o Rosellón (co Vallespir), probabelmente tamén Rasès e o Conflent. O 2 de febreiro do 832 Berenguer xa estaba en Elne.

Lois o Piadoso dirixiuse cara a Aquitania para reprimir a revolta, pero a insurrección de seu fillo Lois en Baviera apartouno desta empresa. Lois non conseguiu apoio da nobreza de Xermania e os soldados declaráronse polo emperador, tendo que retirarse e someterse. Acabada a súa tarefa en Xermania, Lois o Piadoso foi a Orleáns onde en setembro convocou unha dieta á que chamou a Pipino; este sentíase moi culpábel e non ousou presentarse; fixo ver que ía pero marchou dun lado á outro sen chegar a Orleáns e o emperador decidiu ilo buscar a Aquitania e dirixiuse cara ao palacio de Joac (Iocundiacum), á beira de Limoges. Pipino, vendo que non podía escapar á persecución do seu pai, foise botar aos seus pés e pediulle perdón, que o emperador lle concedeu. Fixo unha asemblea en Joac (final de setembro) onde o emperador presentou os reproches correspondentes a Pipino; para asegurar a súa fidelidade ordenoulle marchar a Tréveris coa súa esposa e os seus fillos, e prohibiulle saír da cidade ata nova orde; tamén tivo que dar testemuña da súa submisión. Bernardo de Septimania e o seu irmán Gaucelmo foron privados dos seus honores pero por carencia de acusadores puidéronse retirar ás súas posesións patrimoniais tranquilamente.

O 4 de outubro Lois o Piadoso aínda estaba en Joac segundo unha carta desta data, emitida "no lugar de Juvenciacum" pola cal daba a aldea de Fontaines á diocese de Tolosa, dependente do seu dominio, a un dos seus vasalos de nome Adalbert, co permiso de posuílo en propiedade e de dispoñer como quixese. Isto demostraría que o reino de Aquitania lle foi confiscado a Pipino pois Lois o Piadoso exercía a autoridade real. Non está claro se foi na mesma asemblea cando foi desposuído ou ben uns días despois, cando Pipino, que finxira obedecer e marchar a Tréveris, se dirixiu a Doué no Anjou, cunha escolta, e pola noite fíxose secuestrar polos seus propios servidores, ficando en Aquitania e indo dun lugar á outro; isto irritaría ao emperador que o desposuíra. Lois o Piadoso ficou en Aquitania unhas semanas e finalmente entregou o reino ao seu fillo de 9 anos Carlos o Calvo do que recibiu o xuramento de fidelidade xunto co dos principais señores do país. O Piadoso fixo un último intento de someter a Pipino e convocou unha asemblea dentro de Aquitania, o día de San Martiño (11 de novembro) á cal o convocou. Pero Pipino, rebelde e obstinado, rexeitou ir e aínda fustrigou ás tropas de seu pai, o que, unido ás choivas extremadamente abundantes daquel outono, seguidas dun frío rigoroso ao comezo do inverno, obrigou ao emperador a despachar ao seu exército e foise ao palacio de Rest, en Anjou, á beira do Loira, e despois a Mans, onde pasou as festas de Nadal ata que, a comezos do 833, foi cara a Aquisgrán.

A revolta de Pipino arrastrou aos seus dous irmáns Lotario I e Lois de Baviera. Durante o inverno (principios do 833) os tres príncipes axustaron unha alianza contra o seu pai ao que atribuían o desexo de os desherdar, contra o xuramento que fixera en 817. Os tres rebeldes chamaron aos seus partidarios que estaban desterrados e intentaron sublevar aos pobos ao seu favor. Á fronte dos rebeldes púxose Matfred de Orleáns mentres o bispo Ebón de Reims quedaba como principal conselleiro de Lotario. Lois o Piadoso reuniu un exército leal en Worms a comezos da coresma, apoderouse de Suabia e marchou contra os rebeldes que se reuniron en Alsacia entre Estrasburgo e Basilea, preto de Colmar, nun lugar chamado Rotfelth (que quere dicir Campo Vermello), situado entre Brisach e o río Ell, despois coñecido como "Campo das Mentiras" (Campus Mendacii) ou Lugenfeld e hoxe en día Rotleube. Lotario conseguira o apoio do papa Gregorio IV que o seguiu desde Italia con toda a corte romana co pretexto de meditar sobre a paz dentro da familia real. Lois o Piadoso intentou primeiro, como habitualmente, a vía da negociación e enviou delegados para invitalos a se someteren e se suxeitaren á súa clemencia; pero todo foi inútil; tamén enviou delegados ao papa para se queixar de que desde da súa chegada non se encontrara con el e de que protexía aos rebeldes. Os bispos leais a Lois xa se declararon contra o papa logo de correr o rumor de que os quería excomungar, incluíndo ao mesmo emperador, se non restituía nos seus dereitos a Lotario, e de mutuo acordo adiantáronse e o excomungaron por se arrogar facultades que os canons non lle concedían e ameazaron coa súa deposición por haber ido ao imperio sen ser chamado. Os tres príncipes rebeldes contestaron ao pai firme pero respectuosamente: eles non fixeran falta ningunha pois a iniciativa xurdira do pai cando os desherdara a instancias de certas persoas cuxos malos consellos seguía facilmente e que non facía intento ningún de conservar a paz restablecendo a partición do 817, posto que as posteriores eran sempre demasiado favorábeis a Xudite de Baviera e os seus intereses, e que esta emperatriz tiña demasiado ascendente sobre o emperador e o dominaba, impedíndolle desherdar a Carlos (futuro Carlos o Calvo).

Os dous exércitos esperaban o sinal para o enfrontamento cando o emperador foi avisado da chegada de Gregorio IV ao seu campamento; o papa foi recibido friamente e os dous homes tiveron unha entrevista curta; Gregorio ficou entón no campamento e seguiu negociando e empezou a influír en Lois, ao que, segundo algúns, convenceu de ser designado árbitro no conflito (segundo outros retirouse sen conseguir nada positivo e logo de intentar estender discordia entre os homes do emperador); nesta condición volveu ao campamento de Lotario que non podía aceptar con honor as condicións de paz que ofrecía o seu pai. O certo é que, durante o tempo que Lotario e Gregorio negociaron, os tres príncipes conseguiron gañar para a súa causa moitos dos señores, ben por agasallos ben por promesas; a noite logo da entrevista os señores gañados polos príncipes desertaron coa súa xente e o día seguinte Lois o Piadoso atopouse case só non sendo polos prelados e señores sempre leais aos que, para salvaren a vida, o propio emperador aconsellou retirárense ao campamento de Lotario ou fuxiren, opción esta última elixida pola maior parte.

Lois enviou emisarios aos seus fillos pedindo que lle fose evitada a deshonra de ser traído ao campamento rival polos soldados e os príncipes comunicáronlle que fose ao seu campamento e eles o habían recibir con todo o honor e respecte debidos. Así o fixo Lois o Piadoso: ao achegarse, os tres fillos baixaron do cabalo e fórono saudar; o emperador abrazounos e falou algún tempo; recordoulles a súa palabra sobre a emperatriz e o mozo Carlos, o seu medio irmán e prometéronlle que non lles farían nada e outras promesas que lles pediu. Conducido Lois co seu fillo Carlos á tenda de Lotario I, Xudite foi traída á tenda de Lois de Baviera. As promesas non se mantiveron e Xudite foi enviada ao exilio ao convento de Tortona, na Lombardía.

Lotario convocou unha asemblea na que o imperio foi declarado vacante e el mesmo foi proclamado emperador (oficialmente ofrecéronlle o cargo, que aceptou). Os tres príncipes procederon a un novo repartimento da monarquía conforme á partición do 817 e cada un recibiu o xuramento dos señores que se habían converter nos seus súbditos segundo a nova partición e que estaban presentes no lugar. Logo disto separáronse. Pipino volveu a Aquitania (Pipino foi restaurado no seu anterior status de rei), Lois a Baviera e o papa a Roma. Lotario dirixiuse a Francia co seu pai que foi conducido baixo unha forte garda, igual que o príncipe Carlos e, ao chegaren a Soissons, Lois o Piadoso foi pechado no mosteiro de Saint-Médard, onde lle foi prohibida calquera visita; Carlos foi enviado á abadía de Prom na diocese de Tréveris.

Polo 1 de outubro do 833 Lotario convocou unha dieta xeral en Compiègne que o ratificou como emperador e á que fixo asistir ao seu pai para utilizalo nos seus designios. Nesta asemblea esixiu un xuramento de fidelidade dos prelados e señores que asistiron, pois sospeitaba que algúns eran fieis secretamente ao seu pai. Lois foi deposto, e obrigouno a confesar publicamente moitos pecados que non cometera.

Lotario foise a Aquisgrán, onde chegou o 29 de novembro, con idea de pasar o inverno. Entón fixo ir á corte ao seu pai do que desconfiaba. Pero mentres, as disposicións ignominiosas adoptadas cara a Lois na asemblea foron coñecidas por Pipino e Lois que outra vez se rebelaron contra o seu irmán ao que consideraban que se apoderaba de demasiado poder sen participación dos outros irmáns. Tamén os prelados que participaran na asemblea de Compiegne empezaron a vacilar e algúns fixeron público o seu arrepentimento; o pobo empezou a murmurar e producíronse asembleas secretas de señores de Xermania, Aquitania e Borgoña, onde se discutiu sobre como liberar a Lotario de mans do seu fillo. O duque Bernardo de Septimania que vivía retirado na Borgoña nas terras familiares, cono inimigo declarado de Lotario e coa esperanza de recuperar os seus honores, uniuse ao conde Guarín, un dos máis grandes señores de Borgoña, e xuntos traballaron para conseguir a lealdade dos señores do reino borgoñón, formando unha liga en favor de Lois o Piadoso. Ao mesmo tempo Bernardo enviou mensaxeiros a Pipino I de Aquitania, o seu amigo, para convir o xeito de actuar para restablecer ao Piadoso. O rei Lois de Baviera marchou co seu exército cara a Frankfurt onde enviou mensaxeiros ao seu irmán Lotario pedindo que o pai fose tratado con máis humanidade, pero estas protestas non tiveron efecto. Entón Lois achegouse coas súas tropas a Aquisgrán mentres Pipino preparaba as súas tamén para avanzar e unirse ao seu irmán máis novo. Lotario, decatado, fixo vir a Carlos da abadía de Prom e mantívoo no mesmo lugar que ao pai e deposto emperador, sendo traídos primeiro a Compiègne, e despois cara a París, onde consideraba que a nobreza lle era máis leal que en ningún outro lugar e á espera da chegada das súas tropas, ás que xa mobilizara.

Ao chegar a París soubo que os condes Egebard e Guillerme (o seu escudeiro), con outros señores, decidiran atacalo e arrebatarlle ao emperador. Pero Lois o Piadoso disuadiunos en beneficio da paz e aconsellou non facer nada apresurado. Mentres Pipino chegara xa á beira do Sena co exército de Aquitania, pero non podía cruzar o río porque Lotario xa ordenara confiscar todas as barcas e unha inundación extraordinaria levara as pontes; ao mesmo tempo Bernardo e Guarín chegaron ao comezo da coresma coas tropas borgoñoas ata a beira do Marne; o frío aínda era rigoroso e as forzas tivéronse que parar en Bonnœil (Bongilo). Pouco despois, o sábado da primeira semana de coresma (26 de febreiro) os dous señores enviaron uns mensaxeiros a Lotario, o abade Rebald e o conde Gaucelmo (ex conde, irmán de Bernardo) para pedir a liberación do emperador e advertírono de que se o deixaba nas súas mans de bo grado, eles farían a paz e obterían a graza por Lotario, pero si non terían que utilizar a forza; Lotario contestou que era o máis sensíbel de todos a calquera cousa en beneficio do pai e que os señores que o acusaban foran antes os primeiros en traizoaren ao emperador e entregalo nas súas mans; alegaba que a súa deposición fora canónica polo xuízo dos bispos; ademais dicía que a deputación non era bastante numerosa e reclamaba polo menos dous abades e dous condes, entre os cales tería que estar Odón de Orleáns, primo de Bernardo; Lotario trataba de gañar tempo para poderse retirar e poñerse a cuberto do exército de Xermania que, conducido polo rei de Baviera, avanzaba a bo ritmo, e do exército aquitano que, co borgoñón, podíano rodear. Lotario deixou ao seu pai e ao medio irmán Carlos na abadía de Saint-Denis, e o último día de febreiro marchou acompañado só dalgúns señores que quixeron seguir a súa sorte, cara a Borgoña, chegando a Vienne onde intentou resistir e reuniu todas as tropas que puido. Entre os que o seguiron Bertomeu de Narbona e Salomón bispo de Elne. O 7 de abril deu unha carta a favor da igrexa de Elne datada en Clunac, que podería ser Cluny na Borgoña.

Ao retirarse Lotario os señores que ficaran en Saint-Denis co emperador decidiron que facía falta que o emperador retomase inmediatamente os sinais da súa dignidade, pero Lois o Piadoso decidiu demoralo ata o día seguinte, que era o domingo 1 de marzo. Entón os bispos reuníronse nunha igrexa e devolvéronlle as armas e os ornamentos reais

O emperador decidiu non perseguir a Lotario (contra o parecer dos seus cortesáns). Marchou cara a Nanteuil e trasladouse a continuación a Quierzy á beira do Oise onde se reuniu con Pipino e Lois de Baviera, aos que recibiu con grandes mostras de afecto e recoñecemento. O emperador fixo a mesma acollida aos señores do seu cortexo e especialmente aos do exército de Borgoña, e con todos eles en metade da coresma tivo en palacio unha dieta, na que Pipino foi formalmente restablecido como rei de Aquitania, que o emperador lle arrebatara dezaoito meses antes. Tamén restableceu nas súas dignidades aos varios señores que se atopaban na dieta e contribuíran á súa liberación. Logo da dieta de Quierzy Pipino volveu a Aquitania. Lois o Piadoso foi a Aquisgrán acompañado de Lois de Baviera e do príncipe Carlos; a emperatriz Xudite de Baviera chegou pouco despois á capital, liberada do mosteiro de Tortona onde permanecía cando se soubo o restablecemento do seu marido; o seu marido outra vez rexeitou formalmente recoñecela como esposa ata que ante unha dieta fose exonerada dos crimes dos que fora acusada (o que se debía de producir na seguinte dieta). Lois o Piadoso mostrou outra vez a súa clemencia cunha amnistía xeral para todos os que participaran na revolta que lle custou a perda temporal do trono.

Mentres Lotario aínda dispoñía de moitos seguidores entre os cales estaban Matfred antigo conde de Orleáns e Lambert marqués da Bretaña.[nota 3] Os seus partidarios devastaban Neustria á dereita do Loira. O conde Odón de Orleáns, do campo imperial, e outros señores, fixeron campaña entre o Loira e o Sena para facer fronte aos ataques de Matfred e Lambert; os dous exércitos atopáronse finalmente e Odón foi derrotado e morto xunto co seu irmán, o conde Guillerme de Blois, o conde Guido do Maine, e outros magnates. Lambert e Matfred non souberon aproveitar a súa vitoria e temerosos de que Lois o Piadoso marchase contra eles con todas as súas forzas e os rodease, pediron a Lotario que acudise na súa axuda.

Lotario estaba daquela en Vienne coas súas tropas e dirixiuse a Châlons-sur-Saône que lle pechou as portas. Os principais señores de Borgoña do partido imperial, entre os cales Guarín (probabelmente o mesmo que Guerín da Provenza conde de Macon do 825 ao 853, conde de Mémontois do 832 ao 853, e que despois foi conde de Châlons-sur-Saône do 835 ao 853, e de Auxois e de Autun e marqués de Borgoña de 844 a 853), Gaucelmo, irmán de Bernardo de Septimania e o godo Sanila o seu lugartenente (o acusador de Berà en 820) chegaran antes a esta vila e fortificárana para atrasar a marcha de Lotario, que se viu obrigado a cercala. Lotario conquistouna en poucos días[nota 4] e entregouna ao furor dos soldados, que a incendiaron polos catro lados. Gaucelmo, Sanila e outro señor de nome Madalelm foron executados inmediatamente. Guerín e outros señores para salvaren a vida abandonaron o partido imperial no último momento e foron perdoados logo de xurar fidelidade a Lotario.[nota 5] Aínda insatisfeito coa súa vinganza sobre Bernardo de Septimania por medio do seu irmán e o seu lugartenente, Lotario fixo capturar a unha irmá de Bernardo de nome Xerberga, que era monxa e se atopaba daquela en Châlons, onde vivía en retiro e ocupada en tarefas relixiosas (sanctimonialis), fíxoa pechar nun barril de madeira como unha bruxa e envelenadora, botouna ao río Saône, morrendo afogada.

O emperador estaba entón en Langres onde a mediados de agosto fixo unha dieta na que estaba presente Lois de Baviera cos seus homes. Informados de que Lotario avanzaba cara a Orleáns logo de tomar Châlons, puxéronse en campaña e perseguiron ao príncipe, ao que atraparon finalmente no río Maine onde se reuniu cos condes Matfred e Lambert; os dous exércitos estaban en posición de entrar en batalla cando o emperador unha vez máis abriu negociacións; mentres tanto Lotario mostrouse inflexíbel e, logo de tres días de conversas, rexeitou a paz e ameazou aos enviados do emperador. Nestes tres días Lotario intentou atraer ao seu campo á xente do emperador, pero sen éxito; ao cuarto día, pola noite, decidiu levantar o campo e ir cara a Blois. O emperador e o rei de Baviera seguírono de cerca e atrapárono á beira do Loira cerca do castelo de Blois, onde Pipino de Aquitania se reuniu co seu pai e irmán máis novo; acompañábao Berenguer de Tolosa e de Septimania e Gotia, coñecido como o Sabio pola súa probidade e acerto: Lotario fixo ademán de atacar aos imperiais, pero finalmente abstívose.

O emperador enviou ao campamento do seu fillo tres emisarios para pedir a súa submisión: Baradadio bispo de Paderborn, Berenguer de Tolosa e Septimania e o duque Gebehard; os tres pediron a Lotario que fose ao campamento do pai e se sometese; Lotario pediu tempo para reflexionar e acababan de marchar cando os fixo chamar para consultar con eles mesmos sobre o que facer; os enviados recomendaron a submisión porque o emperador estaba ben disposto ao perdón. Lotario escoitounos e presentouse no campamento paterno, onde Lois o Piadoso o esperaba entre Pipino e Lois de Baviera e outros moitos señores. Lotario presentouse acompañado por Hugo de Tours o seu sogro e por Matfred de Orleáns entre outros señores fieis. Lotario botouse aos pés do seu pai que lle ordenou levantarse; despois recoñeceu o seu crime e pediu perdón; Lois fixo un vivo reproche ao seu fillo e díxolle que por graza non lle arrebataba o reino de Italia, onde lle ordenaba que se retirase e non saíse sen permiso, e esixiulle un novo xuramento de fidelidade; o emperador perdoou ao mesmo tempo aos seus partidarios e permitiulles conservar os seus bens logo de recibir o xuramento de fidelidade. Despois a asemblea foi levantada e cada un volveu ao seu territorio.

O emperador Lois o Piadoso, logo do seu restablecemento e consolidación, convocou unha dieta en Attigny, a finais do 834[nota 6] (na festa de san Martiño, o 11 de novembro) onde se nomearon algúns missi dominici para ir a provincias a restablecer a orde que fora alterado polas continuas loitas no imperio entre 830 e 835; un dos males eran a existencia de bandidos que desolaban territorios. Logo desta dieta o emperador convocou outra en Thionville a comezos do 835. Esta foi unha asemblea complexa e longa.[nota 7] Os bispos (había presentes oito arcebispos e trinta e cinco bispos, entre os cales Cristián de Nimes e Sisebuto de Urgell) examinaron a conduta dos seus colegas partidarios de Lotario: Ebles ou Ebón de Reims foi deposto da súa sé; os bispos Agobardo de Lión e Bernardo de Vienne que non compareceron logo de seren citados, foron condenados por contumacia e as sés declaradas vacantes.

Diñeiro de Lois o Piadoso, cuñado na ceca de Pavia.

Nesta dieta estableceuse o novo repartimento do reino[nota 8] pola cal Lotario I recibía só Italia, Pipino e Lois de Baviera aumentaron a parte que lles correspondeu o 817 e así Pipino recibiu o territorio entre o Loira e o Somme e unha parte de Borgoña, e Lois o resto de Neustria e unha parte de Austrasia e Xermania, e a Carlos (o Calvo) foille asignada Suabia, o resto de Austrasia e de Borgoña, Provenza e Gotia e Septimania. O emperador reservouse para sempre a autoridade suprema e non designou a ningún como sucesor no título imperial para evitar celos. Reservouse o dereito de aumentar ou diminuír as partes de cada un segundo o futuro comportamento. Acabada a dieta os participantes clérigos volveron aos seus lugares de orixe e os señores que asistiran foron a Metz onde o emperador se fixo coroar outra vez o primeiro domingo de coresma.

O emperador convocou en xuño seguinte unha nova dieta en Crémieu (Stramiacum), no Lyonnais, polo mes de xuño, á que asistiron Lois de Baviera e Pipino I de Aquitania así como un gran número de delegados de Septimania e Gotia. O tema principal da reunión era a restitución dos honores de Bernardo de Septimania, que este reclamaba e alegaba que a súa familia pagara un prezo en sangue pola defensa do emperador; pero Berenguer de Tolosa, que tiña o poder, fora un leal incondicional do emperador, tiña o apoio popular, e era preferido por Lois de Baviera e seguramente por Pipino; o conflito trasladouse aos señores, divididos en dous bandos, e ao pobo, e era complexo, pero resolveuse só; mentres Berenguer ía á asemblea morreu repentinamente e así Bernardo puido ser restablecido sen problema tanto en Septimania e en Gotia como no condado e ducado de Tolosa.[nota 9] Mentres tanto, ante as queixas dos partidarios de Berenguer polo mal goberno de Bernardo, o emperador enviou dous missi dominici para estudar os conflitos e asegurar a tranquilidade nas fronteiras. Acabada a reunión Pipino e Lois de Baviera volveron aos seus estados, e Lois foi a Aquisgrán coa idea de ir despois a Frisia, onde a súa presenza era necesaria ante os ataques normandos.

A emperatriz Xudite empezouse a dar de conta de que a saúde do seu marido xa non era boa, e sufría, porque á súa morte o seu fillo Carlos se atoparía sen apoios a mercé dos seus medios irmáns interesados en excluílo, e fixo todo o posíbel para atraer a Lotario I ao seu partido e defendeuno tanto como puido ante o emperador, que acabou enviando mensaxeiros ao príncipe buscando a reconciliación. As negociacións duraron entre a dieta de Crémieu e o final de ano (835); logo de Nadal o emperador enviou novos embaixadores con instrucións para pedir a Lotario que enviase algúns dos seus conselleiros cos que poder concluír os acordos definitivos. Esperando a chegada dos delegados de Lotario, o emperador celebrou dieta en Aquisgrán o día da Purificación de María ou da Candelaria (2 de febreiro do 836). Os bispos presentes dirixiron un escrito dividido en tres libros polo cal pedían a Pipino que restituíse os bens usurpados polos señores do reino á igrexa en Aquitania; Pipino estaba entón en Aquitania, onde ao mesmo tempo celebraba a dieta do seu reino e recibiu a noticia, que a dieta prometeu cumprir. O emperador ordenou o mesmo a Septimania, onde enviou dous missi dominici para facer cumprir a súa decisión.

Cando os enviados de Lotario chegaron a Thionville estábase celebrando unha segunda dieta convocada polo emperador logo da Pascua. Entre os delegados o principal era Wala de Corbie que escusou a Lotario debido a unha enfermidade (unhas febres). Concluída a paz, Xudite perdoou oficialmente a Lotario, sobre o que gañara bastante influencia. O emperador contando coa sinceridade do príncipe, transmitiu o seu afecto e os desexos dunha próxima recuperación e invitouno a ir a Worms á dieta de metade de setembro. Pero Lotario foi afectado outra vez polas febres e non puido ir. Si que estiveron presentes en Worms Pipino de Aquitania e Lois de Baviera coas súas tropas, pero o primeiro tivo que volver pronto debido a disturbios producidos no seu reino. Nesta asemblea o emperador restaurou a Agobardo na sé de Lión, así como aos outros bispos partidarios do príncipe, especialmente Ebón de Reims. Doutra banda a epidemia que había en Italia e que había ter un certo tempo enfermo a Lotario, matou a moitos dos máis fieis colaboradores de Lotario, que quedou nunha posición máis débil.

Varios conflitos apareceron pronto entre Lois o Piadoso e Lotario e o primeiro, convencido que o seu fillo non actuaba de boa fe, logo da dieta que fixo en Thionville no mes de maio do 837, decidiu pasar a Italia para impoñer a Lotario os seus deberes e chamou a Pipino e a Lois de Baviera para acompañalo, pero as novas dos ataques dos normandos nas costas do norte de Francia obrigárono a abandonar o proxecto e foi a Nimega para reprimir os ataques. Lotario pola súa banda, lonxe de obedecer ao seu pai, que lle ordenou restituír diversos bens usurpados en igrexas, e especialmente na de Roma, fixo arrestar aos enviados do emperador ao Papa e fixo fortificar os Alpes para impedir aos imperiais entrar a Italia.

Terceira guerra civil[editar | editar a fonte]

O inverno do 837 Lois o Piadoso celebrou unha nova dieta en Aquisgrán á cal invitou os seus fillos. Pipino non foi pero enviou delegados; Lois de Baviera asistiu persoalmente. O emperador, seguramente a petición de Xudite de Baviera, decidiu un novo repartimento en que Carlos incrementaba a súa parte a expensas de Pipino e Lois asignado no repartimento de Thionville do 835, especialmente a Neustria entre o Mosa e o Sena e entre o Sena e o Somme (estes territorios eran de Pipino). Carlos recibiu o xuramento dos seus futuros vasalos presentes na asemblea.

Lois de Baviera e os delegados de Pipino I de Aquitania non ousou opoñerse, pero, acabada a reunión, Lois volveu a Baviera e mostrou o seu anoxo, e púxose en contacto con Lotario I ao que pediu unha entrevista. Esta fíxose na coresma do 838 en Trentí (Trento), pero o único acordo ao que se chegou foi, polo menos en aparencia, manter a lealdade ao pai. O emperador decatouse da reunión (malia que era secreta) e mobilizou ás súas forzas polo que puidese acontecer e entón chamou a Lois a pasar a Pascua na súa corte. Lois obedeceu e quíxose escusar da conferencia co seu irmán, pero o Piadoso arrebatoulle máis territorios que lle corresponderon no repartimento do 835 na Francia oriental e reuniu unha dieta en Nimega o mes de xuño na que formalizou o novo repartimento; despois convocou unha nova reunión ou dieta en Quierzy-sur-Oise polo outono.

Xudite de Baviera intentara conseguir unha alianza con Lotario I por que este foi o protector de Carlos, pero, logo dun certo éxito inicial, agora daba o seu intento por fracasado e quixo intentar o mesmo con Pipino de Aquitania; tamén obtivo un éxito notábel. Pipino foi á dieta de Quierzy-sur-Oise desde Turena onde estaba e chegou a Quierzy en setembro e o emperador tratouno exquisitamente; a súa muller Xudite xa o informou que estaba moi disposto a ser o protector de Carlos. Pipino a petición do pai, prometeu que viviría en paz con Carlos e sería o seu protector, e mesmo consentiu un novo incremento dos territorios asignados a Carlos a expensas do seu propio territorio; neste caso o territorio engadido ao dominio de Carlos foi o Maine, é dicir, a parte de Neustria entre o Loira e o Sena. Despois o Piadoso deu o cinto militar a Carlos, que tiña 14 anos e púxolle a coroa na cabeza e fíxoo recoñecer polos presentes; os vasalos do seu futuro reino que estaban presentes xuráronlle fidelidade. Entre o clero estaban presentes na reunión Bartomeu de Narbona, Estevo de Béziers, Agobardo de Lión, Bernardo de Vienne e Aigulfo de Bourges. Á reunión presentáronse delegados dos godos de Septimania, o antigo partido de Berà e logo de Ayssún e Guillemundo, queixándose do duque Bernardo de Septimania, oficialmente porque usurpaba bens da igrexa, pero en realidade isto escondía un enfrontamento político entre un partido defensor das peculiaridades rexionais e un partido imperial centralizador; os delegados pediron o mantemento do uso das súas antigas leis (avitam eis legem conservarent) e o envío de missi dominici, que lles foi acordada; como missi foron designados (a proposta dos propios delegados) Adrevaldo, abade de Flavigny (Borgoña), que fora enviado polo emperador a unha importante misión co papa Gregorio IV o ano anterior, o conde Bonifacio de Toscana, antigo gobernador de Córsega e azoute dos piratas sarracenos na illa, e o conde Donato, que estivera en Septimania durante a revolta de Aisun; e debía de haber un cuarto missus eclesiástico que non é mencionado. Ao final da asemblea Lois o Piadoso volveu a Aquisgrán e o mozo Carlos foi ao Maine para tomar posesión deste territorio. Posibelmente a preferencia de Lois polo seu fillo máis pequeno Carlos, estaba influída pola súa esposa Xudite, que pola súa beleza exercía un gran dominio nas decisións do emperador. Pipino volveu a Aquitania, onde morreu en Poitiers o 13 de decembro do 838.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Mentres Lois, ao que soubo dos acordos desta asemblea, sublevouse abertamente e enviou tropas ás provincias que o seu pai lle arrebatou en favor de Carlos. Chegou a Frankfurt o 27 de novembro do 838. O emperador púxose en marcha para combater ao fillo rebelde e dirixiuse a Maguncia. Coñecida a morte de Pipino, Lois o Piadoso abstívose de recoñecer o dereito de sucesión dos fillos do defunto. Limitouse a chamar a Pipino II para crialo baixo a súa vixilancia e estableceu que a súa decisión sería coñecida nunha próxima dieta a celebrar logo de controlar a revolta do seu fillo, Lois de Baviera. Pasou o Rin e dirixiuse cara a Frankfurt.

Lois de Baviera non escoitou as propostas de paz do seu pai. Cando os dous exércitos se atoparon fronte en fronte, os soldados do bávaro desertaron e pasaron ao campo inimigo e o rei tivo que fuxir; o emperador parouse en Frankfurt e non o perseguiu. Estaba aínda ao palacio da cidade o 22 de febreiro, cando o abade Hugo, o seu irmán natural e chanceler lle pediu protección para os xudeus de Septimania cos que disputaba pola posesión dos seus bens, que podían ter de forma hereditaria por privilexio real;[nota 10] o emperador confirmou o privilexio[nota 11] e permitiulles dispoñer á súa elección dos inmobles.[nota 12]

Xudite de Baviera, ao fracasar o seu proxecto de protección de Carlos pola morte de Pipino, e temerosa de que, morto o emperador, os fillos lle habían arrebatar a Carlos a súa parte, decidiu achegarse a Italia co seu marido para negociar directamente con Lotario. Lois o Piadoso saíu de Frankfurt na coresma e parouse polo camiño en Bregenz ou Bregentz onde celebrou a Pascua. Xudite fíxoo comprometer a prometer a Lotario, se se erixía en protector de Carlos, que o imperio sería repartido entre os dous, excepto Baviera que sería para Lois. Lotario quería recuperar a herdanza perdida e escoitou estas promesas feitas por un enviado do Piadoso, con gran satisfacción e deu o seu acordo. O emperador, pois, decidiu facer unha nova partición e convocou unha dieta en Worms onde se celebrou o 30 de maio; Lotario tamén asistiu por orde do pai e cando chegou botouse aos pés do emperador e pediulle perdón polas súas faltas pasadas e o emperador concedeullo a cambio de non intentar nada no futuro sen o seu consentimento, e non intentar nada en prexuízo de Carlos (o Calvo), cousa que Lotario prometeu. O emperador fixo dúas partes case iguais dos seus estados e deixou escoller a Lotario que colleu Francia Oriental, Italia, Borgoña, Austrasia e Xermania excepto Baviera que ficaba para Lois (coñecido como Luois o Xermánico). Carlos recibía a Francia Occidental, Neustria, Aquitania, Septimania e Gotia, Provenza e sete condados en Borgoña ao longo do Ródano e o Saône. Pipino II e Carlos, os príncipes de Aquitania, quedaron excluídos. Acabada a dieta a comezos de xullo Lotario volveu a Italia con permiso paterno, logo dun novo xuramento de fidelidade inviolábel. Lois o Piadoso, seguro de que Lois de Baviera estaría descontento, prohibiulle saír dos seus dominios baixo ameaza de utilizar contra el todas as súas forzas e planeou ir a Augsburgo en setembro para impoñer a súa autoridade ao príncipe, pero debido ao conflito de Aquitania o emperador renunciou a esta expedición.

En Aquitania xa antes da dieta de Worms dábase por feito a exclusión dos fillos de Pipino I, e algúns señores moi ligados á familia tomaron as súas medidas: antes da dieta (xa que logo en xuño do 839 seguramente) proclamaron rei a Pipino II, o fillo máis vello. O bando Pipínida estaba encabezado por Emmenón, conde de Poitou (ou de Poitiers). O emperador soubo destes movementos a primeiros de xullo, pouco antes de acabar a dieta de Worms, e decidiu convocar unha nova dieta en Châlons-sur-Saône polo setembro seguinte, e mentres foi vía Cruzzenach ao bosque das Ardenas onde se dedicou á caza. Alí chegou Ebroíno bispo de Poitiers e delegado dos señores de Aquitania que ficaban fieis ao emperador; o prelado garantiu a fidelidade dos principais señores do país, entre os cales Xerardo, conde de Auvernia e Ratario, conde do Lemosín, xenros do rei Pipino I, o exemplo dos cales mantivera á maior parte da nobreza dentro do bando dos fieis; pero explicou que a parte fiel a Pipino II podía ser fortalecida e que conviña non dar tempo aos rebeldes de facelo. O emperador escusou ante o bispo a exclusión de Pipino na pouca idade do príncipe e lanzou unha serie de queixas sobre o carácter nacionalista e rebelde dos aquitanos, e aceptou ir a continuación a Aquitania, invitando aos señores do país á dieta de Châlons-sur-Saône. Esta reunión celebrouse na data fixada e ao final o emperador dirixiuse cara ao Loira co seu exército acompañado de Xudite de Baviera e do seu fillo Carlos. Á chegada a uns 10 km de Clermont-Ferrand de Auvernia parouse para recibir a homenaxe dos pobos e señores de parte de Aquitania que o esperaban neste lugar. Lois o Piadoso invitounos a facer xuramento a Carlos (o Calvo); despois ordenou á emperatriz e ao novo príncipe iren a Poitiers e esperaren a súa chegada; o emperador dirixiuse contra o castelo de Carlat,[nota 13] ocupado polos partidarios do mozo Pipino, con intención de cercalo; o emperador atacouno e conseguiu a súa rendición e utilizou a súa clemencia cos defensores, que conservaron a vida e os bens. Entón o emperador dirixiuse cara ao castelo de Turena[nota 14] antiga praza forte do duque Waifer, que foi evacuado polos defensores antes da súa chegada, sendo ocupado sen loita. Achegábase o inverno e os fríos empezaban a provocar enfermidades nas súas tropas e dirixiuse cara a Poitiers[nota 15] onde entrou. Alí declarou proscritos aos chefes rebeldes, Emenón ou Emmenón de Poitiers, o seu irmán Bernardo[nota 16] e outros; o condado de Poitou foille confiscado a Emmenón e cedido a Rainulfo, fillo de Xerardo de Auvernia.[nota 17] O emperador fixo varios nomeamentos: Turpión (irmán de Emmenón e Bernardo pero oposto á revolta) foi nomeado conde de Angulema; e outros nobres foron designados nos condados de Bordeos, Limoges e Saintes, ben para cubrir vacantes ou por ser proscritos[nota 18]

Lois o Piadoso pasou o Nadal e a Candelaria (2 de febreiro) en Poitiers, saíndo ao empezar a coresma ao saber de certos movementos na Xermania ao leste do Rin, onde o rei de Baviera se sublevou outra vez e instigaba a rexión ao levantamento. Xudite e Carlos quedaron en Aquitania para acabar coa revolta dos seguidores de Pipino II que aínda restaban.[nota 19] A Pascua pasouna en Aquisgrán e entrou a continuación a Xermania cruzando o Rin e dirixíndose cara a Turínxia onde estaba acampado o rei de Baviera, que decidiu levantar o campo e volver aos seus dominios e o emperador decidiu outra vez non perseguilo, pero convocou unha dieta en Worms o 1 de xullo para xulgalo como rebelde. A esta dieta convocou ao seu fillo Lotario I; xa estaba en camiño cara a Worms cando se puxo enfermo e detívose nunha illa do Rin baixo Maguncia fronte ao palacio de Ingelheim.

O repartimento do imperio de acordo co Tratado de Verdun

Defunción e repartimento final do imperio[editar | editar a fonte]

Lois morreu en Ingelheim o 20 de xuño do 840 aos 64 anos de idade, e foi enterrado en Metz. Antes de morrer enviou a coroa, o cetro e os outros ornamentos imperiais ao seu fillo Lotario coa condición de executar fielmente os pactos de defensa de Carlos (o Calvo). Á súa morte os tres fillos que o sobreviviron volveron combater en guerra civil ata que o 843 asinaron o Tratado de Verdún, repartindo o imperio en tres partes: Lotario I herdou a Lotarinxia (ou Francia Media) e sucedeu ao seu pai como Emperador de Occidente, Lois o Xermánico herdou a Francia Oriental e Carlos II o Calvo recibiu a Francia Occidental, que comprendía os condados da Marca Hispánica.

Esta partición acabaría configurando a base da xeografía política europea durante os próximos séculos: Sen fronteiras defendíbeis nin unidade interna, o reino mediano acabaría sendo absorbido pola Francia Occidental, que se convertería na monarquía francesa, e a Francia Oriental, que acabaría converténdose no Sacro Imperio Romano Xermánico

Familia[editar | editar a fonte]

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Pipino de Heristal
 
 
 
 
 
 
 
8. Carlos Martel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Alpaida
 
 
 
 
 
 
 
4. Pipino o Breve
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Rotruda de Tréveris
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Cariberto de Laon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Bertrada de Prüm
 
 
 
 
 
 
 
5. Bertrada de Laon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Lois o Piadoso
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Gerold de Vinzgouw
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Hildegarda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Huoching
 
 
 
 
 
 
 
14. Hnabi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Emma de Alamania
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Hereswinda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

Sobre o 794 casou con Ermengarda de Hesbaye (?-818) e tiveron tres fillos e tres fillas:

  • Lotario (795-855), futuro emperador e rei do reino dos francos centrais.
  • Pipino (797-838), futuro rei de Aquitania.
  • Adelaida (sobre 799-?).
  • Rotruda (sobre 800-?).
  • Hildegarda (ou Matilda) (sobre 802-?), futura esposa do conde de Auvernia Xerardo.
  • Lois (sobre 805-875), futuro rei do reino dos francos do leste.

En 819 Lois volveu a casar, esta vez con Xudite de Baviera e tiveron un fillo e unha filla:

  • Xisela (sobre 821-?).
  • Carlos (823-877), futuro rei do reino dos francos do oeste.

A emperatriz e os seus irmáns pronto constituíron un partido oposto ao de Vala de Corbie, o primeiro ministro, para defender os seus intereses.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eginardo, o biógrafo de Carlomagno, escribe Cassanoilum. Ademais de Chasseneuil —nas proximidades de Poitiers— os historiadores tamén propuxeron como posibles as localidades de Casseneuil (Lot e Garona) ou Casseuil (Xironda).
  2. A causa podería ser as advertencias sobre as intencións do emperador que lle fixo Wala de Corbie que estaba exiliado no mosteiro da illa de Noirmoutiers en Aquitania; parece que tamén estaba descontento de que despois do papel decisivo que el e o seu irmán Lois de Baviera habían ter no restablecemento do seu pai, non lles daba parte ningunha no goberno mentres o monxe Gombau de Saint-Médard de Soissons, que había ter unha parte similar, se volvera todopoderoso
  3. Devic e Vaissette considérano conde de Anjou, pero parece que este condado e o de Nantes os recibiu só despois da morte de Odón de Orleáns; o título de marqués era porque comandaba a marca da Bretaña
  4. Tres ou cinco segundo as fontes
  5. Isto é unha suposición; de feito ningún texto di a causa pola que Guerín foi perdoado
  6. Masson, François-Xavier (1861). Lelouvin, ed. Annales ardennaises (en francés). p. 478. 
  7. Durou ata a coresma
  8. Esta afirmación é discutíbel, algúns historiadores sitúan o repartimento o 836 ou mesmo o 837
  9. De feito Devic e Vaissette pensan que Berenguer devolveu a Bernardo o poder sobre Septimania e Gotia o 834 e retivo Tolosa ata o 835
  10. Probabelmente de Pipino o Breve
  11. Posesión de bens rurais; o arcebispo Ariberto de Narbona escribiu ao papa Estevo IV sobre este tema para queixarse dos privilexios concedidos polos reis de Francia aos xudeus da provincia, que lles permitía ter bens alodiais de xeito hereditario nas poboacións e os arrabaldes o que daba ocasión aos cristiáns de comerciar con eles, de servilos e de cultivar os seus campos e as viñas, para escándalo da relixión; estas circunstancias sábense posto que se coñece parte da resposta do Papa probabelmente a finais do 768 ou principios do 769, pois o 769 xa aparece como arcebispo Daniel e antes de agosto do 768 Estevo non era Papa; o papa exhortaba ao arcebispo a reclamar a supresión destes privilexios
  12. Sobre 820 Agobardo de Lión escribía a Nebridio de Narbona para que os seus diocesanos non tivesen comercio cos xudeus, pero, malia as queixas destes bispos, os xudeus conservaron os privilexios ata o tempo de Carlos o Calvo cando os bens lles foron confiscados.
  13. Na fronteira entre a Auvernia e Rouergue, moi ben situado e case inexpugnábel
  14. Na fronteira entre o Lemosín e o Querzy
  15. Polo camiño houbo pequenos combates e o emperador fixo prisioneiros que foron tratados sen clemencia
  16. Cando foi proscrito retirouse aos dominios do seu parente Reinaldo conde de Herbauges e morreu sobre 844 ou 845; outro irmán, Turpión, que non participou na revolta, recibiu do emperador o condado de Angulema
  17. Xerardo tiña un irmán de nome Guillerme e isto fixo sospeitar que pertencían á familia de Guillerme de Aquitania, pero si tal era o caso, non se atopou documento ningún que o demostre e é pouco probábel
  18. Ratario (Ratharius) ou Rathier do Limosin non morreu ata o 841 e era supostamente fiel ao emperador; a súa substitución non está aclarada
  19. O emperador levouse ao mozo Pipino II
Referencias
  1. "Ludovico Pío". Diciopedia do século 21 2. Editorial Galaxia. 2007. p. 1257. ISBN 9788482889443. 
  2. Morrison, Karl F. (1961). "The Gold Medallions of Louis the Pious and Lothaire I and the Synod of Paris (825)". Speculum 36 (4): 592–599. doi:10.2307/2856786. 
  3. Grierson & Blackburn & Travaini (1998), p. 329
  4. Rovira i Virgili (1922), pp. 504-510

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]