Lotario II do Sacro Imperio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lotario II
Emperador do Sacro Imperio Rmano Xermánico
(formalmente Emperador dos Romanos
ou Emperador de Occidente)
Lotario II. Miniatura no Codex Eberhardi (século XII)

Reinado4 de xuño de 1133
4 de decembro de 1137
Coroación4 de xuño de 1133 (Roma)
Nome completoLotario de Suplinburgo
Outros títulos
  • Nacementoantes do 9 de xuño de 1075
    Lutterloh, Ducado de Saxonia
    Falecemento4 de decembro de 1137
    Breitenwang, Tirol, Ducado de Baviera
    PredecesorHenrique V
    SucesorConrado III
    ConsorteRichenza de Northeim
    DescendenciaXertrude de Saxonia
    Casa realDinastía Supplinburger
    ProxenitoresXerardo de Supplimburgo
    Eduvixe de Formbach

    Na rede
    WikiTree: Supplinburg-4

    Lotario II, ou Lotario III,[1] tamén coñecido como Lotario de Suplinburgo, nado en Lutterloh (Ducado de Saxonia) antes do 9 de xuño de 1075 e finado en Breitenwang, Tirol (Ducado de Baviera), o 4 de decembro de 1137, foi un nobre alemán de orixe franca, que foi emperador do Sacro Imperio desde 1133 até a súa morte, cando regresaba dunha exitosa campaña contra o Reino de Sicilia, rexido daquela pola familia normanda dos Hauteville.

    Foi nomeado duque de Saxonia en 1106 e elixido rei de Alemaña (formalmente Rei de romanos) en 1125 antes de ser coroado emperador en Roma.

    Fillo do saxón conde Xerardo de Suplinburgo, o seu reinado estivo ameazado polas constantes intrigas dos duques Frederico II de Suabia e Conrado de Franconia (o futuro Rei de romanos Conrado III), ambos da familia rival dos Hohenstaufen.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Subida ao poder[editar | editar a fonte]

    Pouco sabemos da xuventude de Lotario. Seu pai uniuse á rebelión saxoa contra a dinastía Salia e morreu o 9 de xuño de 1075 na batalla de Langensalza, loitando contra as tropas leais ao emperador Henrique IV. Pouco despois, Lotario naceu postumamente en Unterlüß, daquela chamada Lutterloh.[2]

    En 1100 Lotario casou con Richenza, filla do conde Henrique de Northeim e Xertrude de Brunswick, herdeira dos Brunónidos.

    Despois de varios anos comprando terras en Saxonia ou adquiríndoas por herdanza ou por alianzas matrimoniais, Lotario adquiriu os dominios da casa de Billung, os condes de Northeim e os Brunónidos, converténdose nun dos propietarios dominantes no ducado do norte alemán. Respaldado polo fillo do emperador Henrique IV (Henrique V) durante a súa minoridade, foi nomeado duque de Saxonia tras a morte de Magnus de Billung en 1106.[3]

    Oufanado pola súa promoción ao Ducado, e indignado pola imposición dun novo imposto aos señores ducais, Lotario rebelouse contra o reinado do emperador Henrique e negou a disposición de Saxonia durante a Querela das Investiduras. Actuou autonomamente, investindo a Adolfo I de Schaumburg como conde de Holstein en 1110; foi temporalmente deposto en 1112 pero reintegrado despois tacticamente por si mesmo someténdose ao emeprador Henrique V. Porén, en 1115 incorporouse ás forzas rebeldes saxoas que derrotaron as do emperador na batalla de Welfesholz.[4] Cando en 1123 Henrique V confire ao conde Wiprecht de Groitzsch o Margraviato de Meissen, Lotario exixe a designación de Conrado de Wettin e cede a Marca de Lusacia ao conde Alberto o Oso.

    A Dinastía Supplinburger[editar | editar a fonte]

    O nome de dinastía provén da cidade de Süpplingenburg, na actual Baixa Saxonia. Esta dinastía tivo unha existencia moi breve, xa que Lotario II, coa súa esposa Richenza de Northeim, tivo só unha filla que o sobreviviu, Xertrude de Saxonia (1115-1143), que casou con Henrique II de Austria,[5] conde palatino do Rin, margrave de Austria e, despois, tamén duque de Baviera e de Austria. Deste matrimonio neceu Henrique o León, que así emparentou coa casa de Welf (coñecidos como os güelfos), gran rival da dos Hohenstaufen. Henrique o León reuniu así ambos os ducados de Saxonia e de Baviera.

    Coflito cos Hohenstaufen: comezo das loitas entre güelfos e xibelinos[editar | editar a fonte]

    Artigo principal: Güelfos e xibelinos.
    Posesións dos güelfos en tempos de Henrique o León.

    En Alemaña, tras a morte sen descendencia do emperador Henrique V en 1125, os príncipes electores, a instancias do chanceler imperial Adalberto, arcebispo de Maguncia, elixiron o duque de Saxonia como rei de Alemaña (Rei de romanos) a Lotario II o mesmo ano de 1125.[6]

    Porén, estalou unha guerra civil polo poder, posto que os sobriños e herdeiros de Henrique V, que eran Frederico II, duque de Suabia, cabeza da nacente casa de Hohenstaufen, e Conrado, así mesmo da familia dos Hohenstaufen, exixiron ademais das terras patrimoniais dos Salios, na Franconia renana, as terras que a coroa fora adquirindo.[7] Nesta situación, Conrado III foi elixido rei rival dos Romanos en 1127, e en 1128 foi coroado como rei de Italia por Anselmo V, arcebispo de Milán,[7] [8] aínda que non conseguiu asegurar alí unha posición, xa que o papa Honorio II (1124–1130) se negou a recoñecelo, así como tampouco as cidades inimigas de Milán como Novara, Pavia, Cremona, Piacenza ou Brescia;[9] en cambio, o rei Lotario II tivo o apoio de Henrique o Soberbio, da casa de Welf (dinastía dos Güelfos), que era duque de Baviera e tamén marqués de Toscana e de Verona, ao que fixo seu xenro en 1127.

    Lotario adquiriu vantaxe coa ausencia de Conrado e a súa débil posición, atacando aos Hohenstaufen en Alemaña. No ano 1129 tomou dúas fortes cidades destes, Nuremberg e Speyer. Conrado non puido facer nada na súa visita a Italia, e regresou en 1130 sen poder mostrar ningún resultado, o que asegurou polo menos unha vitoria parcial a Lotario.[8]

    Evolución do conflito despois da morte de Lotario II[editar | editar a fonte]

    Aínda que a guerra terminou en 1135 coa submisión de Conrado III, as tornas viraron en 1137 ao morrer o emperador Lotario II, e Conrado III foi elixido Rei de romanos fronte a Henrique o Soberbio, herdeiro de Lotario. A guerra reiniciouse entre Conrado III e Henrique o Soberbio e, falecido este en 1139, continuouna o seu irmán Güelfo VI. Foi no asedio de Weinsberg en 1140 cando os nomes de ambas as faccións foron establecidos polos gritos de guerra, güelfo (contrarios aos Hohenstaufen) e Waiblingen (o nome dun castelo dos Hohenstaufen, que daría lugar ao termo xibelino). A pesar de asinar un acordo de paz en 1142, tras o fracaso da Segunda Cruzada, Güelfo VI proseguiu a revolta, que de todas as formas entrou na súa fase final co falecemento en 1150 de Henrique Berenguer, Rei de romanos e fillo de Conrado III.

    En 1151, Güelfo VI pactou co seu sobriño Frederico III, duque de Suabia (tamén sobriño de Conrado III), a sucesión no Imperio a cambio de terras. Así, á morte de Conrado en 1152, foi elixido emperador Frederico (Frederico I Barbarroxa), co que o güelfo obtivo terras italianas, sendo designado como marqués de Toscana e duque de Spoleto.

    Relacións co papado[editar | editar a fonte]

    Na dupla elección papal de 1130, ambas as partes reclamaron o apoio de Lotario. O rei tivo a oportunidade de tomar vantaxe da situación e reafirmar o control Imperial sobre o papado, pero elixindo facer fronte á resistencia dos Hohenstaufen, deixou aos seus subalternos a decisión. O antipapa Anacleto II ofreceu a Lotario a coroa Imperial, pero ao final o papa Inocencio II gañou o seu apoio e comprometeuse a acompañar o novo papa no seu regreso a Roma.[10] En 1131 ambos os dous reuníronse en Liexa, onde o rei presta submisión ao papa,[11] pero a súa petición de investidura foi ignorada. Porén, obtívoa, mantendo os seus dereitos garantidos, no Concordato de Worms.[7]

    Selo do emperador Lotario II.

    Lotario, pola súa parte, tamén acordou axudar a Inocencio contra o rei Roxerio II de Sicilia, un aliado de Anacleto.[4] A cambio, Inocencio II coroou outra vez a Lotario como Rei de romanos o 29 de marzo de 1131.[12]

    O exército que Lotario comandou en Italia en 1132 non era forte, debido a que deixara o groso das súas tropas en Alemaña para combater a rebelión dos Hohenstaufen. Mentres que evitou coidadosamente calquera das cidades que lle foran hostís, intentou sitiar Milán, sitio que fracasou debido ao pequeno exército do que dispoñía.[13]

    Seguidamente Lotario dirixiuse cara a Roma, cidade á que chegou en 1133, e que era maioritariamente favorábel a Anacleto. Como a basílica de San Pedro foi pechada para eles, Inocencio, no seu lugar, coroou a Lotario como emperador na basílica de San Xoán de Latrán o 4 de xuño de 1133.[10]

    O emperador continuou dando pouca ou ningunha importancia á interferencia papal co seu poder. Pero Lotario recoñeceu as reclamacións papais sobre as terras matildinas (antes propiedade da condesa Matilde de Toscana), recibindo a cambio esas terras como feudos.[10]

    Accións no norte e no leste[editar | editar a fonte]

    As accións de máis longa duración do emperador en Alemaña foron as que desenvolveu no norte e no leste do Imperio. Sendo un saxón, prestoulle máis atención a esta rexión que os emperadores anteriores. Incluso antes de converterse en rei de Alemaña, déralle o control de Holstein e Stormarn a Adolfo I de Schauenburg.[4] En 1134 designou o ascanio Alberto o Oso como margrave de Brandeburgo. En 1136 nomeou a Conrado o Gran de Wettin, xa margrave de Meissen, margrave de Lusacia, unindo estas dúas Marcas orientais. Ademais, pediulle ao papa ampliar os dereitos do Arcebispado de Bremen e do Arcebispado de Magdeburgo na zona. O rei Eric II de Dinamarca fíxose vasalo do emperador en 1135, converténdose en membro do Reichstag (Dieta Imperial). Moi exitosa foi a intervención diplomática de Lotario para poñer fin á guerra entre Polonia e Bohemia/Hungría, o que deu lugar ao pagamento do tributo de Pomerania que lle fixo o duque polaco Bolesław III de Polonia, e que Pomerania debía desde había moito tempo. Ademais, o duque polaco tivo que aceptar que Pomerania e Rügen fosen feudos do Imperio.

    Últimos anos: campaña contra Sicilia e morte[editar | editar a fonte]

    O sur de Italia en 1112.

    De volta en Alemaña, Lotario propúxose facer a paz cos Hohenstaufen. Os dous irmáns Hohenstaufen, que estaban curtos en recursos, víronse obrigados a someterse a Lotario.[14] No Reichstag (Dieta) de Bamberg de 1135 o emperador indultou ambos os irmáns e devolveulles as súas terras. Estes, a cambio, recoñeceron a Lotario como emperador, e Conrado III abandonou o seu título de rei de Italia,[15] e os dous se comprometeron a axudalo noutra campaña italiana.

    Lugar do enterro de Lotario II: o Kaiserdom en Königslutter, fundado polo emperador en 1135.

    En 1136, ante a insistencia do papa Inocencio II e do emperador Bizantino Xoán II Comneno, Lotario comezou unha nova campaña contra Roxerio II de Sicilia.[3] Dous exércitos principais, un comandado por Lotario, e o outro polo seu xenro Henrique X, duque de Baviera (Henrique o Orgulloso), entraron en Italia.[14]

    No río Tronto, o conde Guillerme de Loritello rendeu homenaxe a Lotario e abriulle as portas de Termoli. A isto seguiu a submisión do conde Hugo II de Molise. Avanzando profundamente na parte meridional da Península Itálica, os dous exércitos reuníronse en Bari e seguiron máis cara ao sur en 1137.

    Roxerio ofreceulle a Lotario darlle a Puglia como feudo do Imperio a un dos seus fillos e deixar a outro fillo como refén; termos aos que Lotario se negou despois de ser presionado por Inocencio.

    As tropas imperiais, porén, aínda que foron firmes na campaña durante o verán, rebeláronse.

    O emperador, que tiña a esperanza de conquistar completamente a illa de Sicilia, no seu lugar separou do Reino de Sicilia o territorio de Capua e a Puglia, que os deu aos inimigos de Roxerio. Inocencio, porén, protestou, alegando que a Puglia estaba baixo as demandas papais; os dous finalmente enfeudaron conxuntamente o ducado da Puglia a Rainulfo de Alife.[16] Lotario ocupou Salerno desde agosto a outubro de 1137. Hai moedas de cobre (follaria) co seu nome.[17]

    De volta a Alemaña, Lotario morreu ao cruzar os Alpes o 4 de decembro de 1137 en Breitenwang, Tirol (Ducado de Baviera).[18]

    O seu corpo foi fervido para evitar a putrefacción,[19] e os seus ósos foron levados á igrexa do mosteiro dos santos Pedro e Paulo de Königslutter, da que el puxera a primeira pedra en 1135, e onde está sepultado.

    Antepasados[editar | editar a fonte]

    En 1013, un nobre saxón chamado Ludxero aparece mencionado nas crónicas como conde de Harzgau (1013-1031), unha subdivisión de Ostfalia. Este conde foi o bisavó do conde Xerardo de Suplinburgo, pai do emperador Lotario, que posibelmente adquiriu o castelo de Süpplingenburg contra 1060 polo seu matrimonio con Hedvixe, unha filla do duque de Baviera Frederico de Formbach de da súa esposa Xertrude, descendente do margrave saxón Dietrich de Haldensleben que en segundo lugar casou co duque de Billung Ordulfo de Saxonia á morte do conde Frederico.

    Antepasados de Lotario II
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    16. Lotario III, conde de Walbeck
     
     
     
     
     
     
     
    8. Lotario IV, conde de Walbeck
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    17. Godila de Rothenburg
     
     
     
     
     
     
     
    4. Bernardo de Suplinburgo, conde de Harzgau
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    18. Bernardo I, conde de Haldensleben
     
     
     
     
     
     
     
    9. X de Haldensleben
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    2. Xerardo de Suplinburgo
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    20. Bruno II, conde de Querfurt
     
     
     
     
     
     
     
    10. Xerardo I, conde de Querfurt
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    21. Ida
     
     
     
     
     
     
     
    5. Ida de Querfurt
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    22. Burchard IV, conde de Hassegau
     
     
     
     
     
     
     
    11. X de Goseck
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    23. Emma de Merseburg
     
     
     
     
     
     
     
    1. Lotario II
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    24. Bertoldo, conde de Frombach
     
     
     
     
     
     
     
    12. Thiemo I, conde de Schweinachgau
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    25. Himiltrudis de Lurngau
     
     
     
     
     
     
     
    6. Frederico, conde de Formbach
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    26. Bruno I, conde de Brunswick
     
     
     
     
     
     
     
    13. X de Brunswick
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    27. Xisela de Suabia, emperatriz consorte do Sacro Imperio
     
     
     
     
     
     
     
    3. Hedwige de Formbach
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    28. Bernardo, margrave da Nordmark
     
     
     
     
     
     
     
    14. Conrado, conde de Haldensleben
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    29. filla ilexítima de Vladimiro I de Kíiv
     
     
     
     
     
     
     
    7. Xertrude de Haldensleben
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    30. Liudolfo, margrave de Frisia
     
     
     
     
     
     
     
    15. Xertrude de Frisia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    31. Xertrude de Egisheim
     
     
     
     
     
     

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Lotario de Suplinburgo foi o segundo emperador de Occidente con este nome, despois do fillo de Lois o Piadoso, Lotario I; porén, moitos cronistas numérano como Lotario III, tendo en conta ao rei Lotario II da Lotarinxia que, aínda que non foi emperador, gobernaba sobre un territorio que foi absorbido, en gran parte, polo posterior Reino de Alemaña.
    2. Pavlac 2001, p. 470.
    3. 3,0 3,1 Canduci 2010, p. 261.
    4. 4,0 4,1 4,2 Comyn 1851, p. 181.
    5. Jiri Louda e Michael MacLagan (1995): Les Dynasties d'Europe. Bordas. ISBN 2-04-027115-5.
    6. Comyn 1851, p. 189.
    7. 7,0 7,1 7,2 Bryce 1913, p. xxxix.
    8. 8,0 8,1 Comyn 1851, p. 191.
    9. Cantù, Cesare (1855). Historia universal 6. Imp. de Gaspar y Roig. p. 758. 
    10. 10,0 10,1 10,2 Comyn 1851, p. 192.
    11. Bryce 1913, p. 166.
    12. Mann, Horace (1914): Lives of the Popes in the Middle Ages, Vol. IX: 1130-1159, p. 23.
    13. Sismondi, J. C. L. (1906): History of the Italian Republics in the Middle Ages Londres: George Rouledge & Sons, p. 51.
    14. 14,0 14,1 Comyn 1851, p. 193.
    15. Charles Frederick Partington (1837): The British Cyclopædia of Biography, p. 974.
    16. Comyn 1851, p. 194.
    17. Philip Grierson; Mark A. S. Blackburn and Lucia Travaini (1998): Medieval European Coinage. Vol. 14: Italy (III) (South Italy, Sicily, Sardinia). Cambridge University Press. ISBN 978-0-5215-8231-5, pp. 125–126.
    18. Bryce 1913, p. xl.
    19. J. L. Bada; B. Herrmann; I. L. Payan and E. H. Man (1989): "Amino acid racemization in bone and the boiling of the German Emperor Lothar I", Applied Geochemistry 4: 325–327.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]

    • Bryce, James (1913): The Holy Roman Empire. Londres: MacMillan.
    • Calmette, Joseph (1951): ‎Le Reich allemand au Moyen-Age.‎ ‎París: Payot.
    • Canduci, Alexander (2010): Triumph and Tragedy: The Rise and Fall of Rome's Immortal Emperors. Sydney: Pier 9. ISBN 978-1-7419-6598-8.
    • Comyn, Robert (1851): History of the Western Empire from its Restoration by Charlemagne to the Accession of Charles V. Volume 1.
    • Hampe, Karl (1973): Germany under the Salian and Hohenstaufen Emperors. Oxford (UK): Basil Blackwell Publishers. ISBN 0-6311-4180-4.
    • Hildebrand, Ruth (1986): Herzog Lothar von Sachsen. Hildesheim: A. Lax. ISBN 978-3-7848-3851-9.
    • Pavlac, Brian A. (2001): "Lothar III (1075–1137)" en Jeep, John M.: Medieval Germany. An Encyclopedia. Nova York: Routledge. ISBN 978-0-8240-7644-3, pp. 470–471.

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]