Lois IV de Alemaña
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | xullo de 893 Altötting |
| Morte | 29 de setembro de 911 Frankfurt |
| Causa da morte | doenza |
| Lugar de sepultura | St. Emmeram's Basilica (en) |
| 5º Rei de Francia Oriental | |
| 900 – 911 ← Arnulfo de Carintia – Conrado I de Alemaña → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Dinastía Carolinxia |
| Pais | Arnulfo de Carintia |
| Irmáns | Ratoldo de Italia Zuentiboldo Ellinrat |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie Encyclopædia Britannica |
Lois IV, nado en Oettingen en 893 e finado en Regensburg en setembro de 911, chamado "o Neno", era fillo de Arnulfo de Carintia e rei da Francia Oriental[1] e de Lotarinxia e o último representante carolinxio na Francia Oriental.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o único fillo de Arnulfo e a súa muller Ota. Foi rei baixo rexencia desde a morte do seu pai en decembro de 899 ata a súa morte un ano despois.
Foi coroado rei en Forchheim por Hatto de Mainz, bispo dotado de gran prudencia e que gobernou o reino en tempos de gran turbulencia, exercendo unha especie de tutela sobre o monarca.
O seu breve reinado estivo marcado polo ascenso dos ducados hereditarios, as loitas entre os vasalos e os ataques dos húngaros. Estes últimos inflixiron unha grave derrota aos alemáns, que aceptaron pagarlles un tributo anual a cambio da terminación dos ataques.
Lois morreu célibe e foi enterrado preto de seu pai en Regensburg, e con el a rama carolinxia extinguiuse en Alemaña. Foi sucedido no trono xermánico por Conrado I, fillo da súa irmá e duque de Franconia.
Familia
[editar | editar a fonte]Devanceiros
[editar | editar a fonte]| 16. Lois o Piadoso | ||||||||||||||||
| 8. Lois o Xermánico | ||||||||||||||||
| 17. Ermengarda de Hesbaye | ||||||||||||||||
| 4. Carlomán de Baviera | ||||||||||||||||
| 18. Welfo I | ||||||||||||||||
| 9. Emma de Altdorf | ||||||||||||||||
| 19. Hedwig de Baviera | ||||||||||||||||
| 2. Arnulfo de Carintia | ||||||||||||||||
| 10. Eberhardo de Carintia | ||||||||||||||||
| 5. Litswinde | ||||||||||||||||
| 1. Lois o Neno | ||||||||||||||||
| 12. Gebhardo de Lahngau | ||||||||||||||||
| 6. Berengario I de Neustria | ||||||||||||||||
| 3. Ota | ||||||||||||||||
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois IV de Alemaña |