Frederico III do Sacro Imperio Romano Xermánico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Ferderico III de Habsburgo, Frederico V de Austria ou Frederico do Tirol, nado en Innsbruck o 21 de setembro de 1415 e finado en Linz o 19 de agosto de 1493, alcumado "o do Beizo Groso", foi Emperador do Sacro Imperio Romano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o terceiro fillo de Ernesto I, o León (1377-1424), Duque de Carniola e duque de Austria en 1406 e Duque de Estiria ou Steiermark e Duque de Carintia en 1411. Conde de Habsburgo, do Tirol, de Ferrete, de Kyburg, Landgrave da Alta Alsacia, Arquiduque en 1414. Ernesto I casou en 1392 con Margarida, enviuvando en 1410; era filla de Bogislas V, Duque de Pomerania. Casou entón en febreiro de 1412 con Zimburga, tamén chamada Gymburge, Cymbarka, Cymburge ou Cimburgis de Masovia, nacida en Varsovia, máis ou menos en 1394 e morta en 1492. Era filla de Ziemovit IV Piast, Duque de Masovia, e deulle nove fillos.
Títulos
[editar | editar a fonte]Duque de Estiria, Carintia, Carniola, Ferrette e Tirol, Landgrave da Alta Alsacia en 1427, Duque de Austria, que erixiu en Arquiducado en 1453. Rei de romanos en 1439, despois SIR en 1452. En 1457 conde de Habsburgo.