Aquisgrán
| Aachen (de) | |||||
| Himno | Urbs Aquensis (1165) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen | ||||
| Rexión administrativa | rexión de Colonia | ||||
| Asociación especial | distrito de Aquisgrán | ||||
| Capital de | |||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 252.769 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 160,85 km² | ||||
| Bañado por | Wurm | ||||
| Altitude | 173 m-410 m-125 m | ||||
| Comparte fronteira con | Herzogenrath Vaals (pt) Plombières (pt) Gulpen-Wittem Simpelveld (pt) Heerlen Kelmis Roetgen Würselen Raeren (pt) Eschweiler Stolberg Kerkrade | ||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| Santo padrón | Asunción de María | ||||
| Organización política | |||||
| • Oberbürgermeister (pt) | Michael Ziemons (2025–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 52062, 52063, 52064, 52065, 52066, 52067, 52068, 52069, 52070, 52071, 52072, 52073, 52074, 52075, 52076, 52077, 52078, 52079 e 52080 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0241, 02403, 02405, 02407 e 02408 | ||||
| Código NUTS | DEA21 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 053340002002 | ||||
| Número de municipio alemán | 05334002 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Liexa (1955–) Montebourg (1960–) Reims (1967–) Halifax (1979–) Toledo (1985–) Ningbo (1986–) Naumburg (Saale) (1988–) Condado de Arlington (1993–) Cidade do Cabo (2000–) Kostroma (pt) Sarıyer (2013–) Cidade do Cabo (2017–) Chernihiv (2023–) | ||||
| Sitio web | aachen.de | ||||
Aquisgrán[1] (en alemán: Aachen, [ˈʔaːxən] (AFI),
escoitar, en fráncico ripuario: Oche, en francés: Aix-la-Chapelle, [ɛkslaʃapɛl] (AFI)) é unha cidade alemá do Land de Renania do Norte-Westfalia localizada xunto á fronteira con Bélxica e os Países Baixos, a 65 km de Colonia, constitúe a cidade máis ao oeste de Alemaña, e levántase a 191 metros sobre o nivel do mar, aínda que o seu punto máis alto é de 410. A poboación é de 260.454 (2011)
Historia
[editar | editar a fonte]Os romanos chamaron ás fontes termais sulfurosas da zona Aquis Granum , e canalizáronas para utilizalas como caldas. Tras a marcha dos romanos estiveron abandonadas ata o século VIII, aparecendo entón co nome de Aquis Villa. No ano 768, Carlomagno chegou a Aquisgrán pola primeira vez, gustoulle a zona e vinte anos despois comezou a construír un palacio, a súa capela palatina vaise converter na catedral de Aquisgrán que comezou a construírse no ano 796 e Carlomagno pasou a maioría dos invernos que van do ano 800 ata a súa morte acontecida en 814 en Aquisgrán para utilizar as caldas. Á súa morte soterrouse na capela.
No ano 936, coroaron a Odón I rei na catedral e desde entón Aquisgrán foi o lugar de coroamento dos reis do Sacro Imperio Xermánico durante os seguintes 600 anos, o último foi Fernando I en 1531. Durante toda a Idade Media Aquisgrán foi unha das cidades máis grandes do Imperio, en 1166 declarárona Cidade Libre Imperial separada do Ducado de Baixa Lorena. En 1668 asinouse o Tratado de Aquisgrán logo da Guerra de Devolución. Despois da Guerra dos Trinta Anos permaneceu tan só como unha cidade de importancia rexional. En 1801 pasou a ser anexionada por Francia pero o Congreso de Viena de 1815 asignouna a Prusia. Cara a 1880 a súa poboación era de 80.000 persoas e era un importante nó de comunicacións ferroviarias, converténdose nun núcleo manufactureiro onde se fabricaba ferro para os ferrocarrís e fibelas, botóns e agullas, destacando ademais en tabaco, e en tecidos de la e seda. Durante a segunda guerra mundial quedou moi danada, destruíndo os bombardeos dous terzos da cidade e foi, o 21 de outubro de 1944, a primeira cidade alemá ocupada polas tropas aliadas.
Economía
[editar | editar a fonte]Aquisgrán conta con plantas industriais, en especial téxtiles, siderúrxicas e químicas pero recentemente tamén se estableceron empresas tecnolóxicas so o pulo da Universidade Técnica de Aquisgrán, situándose nunha das rexións economicamente máis vigorosas da Unión Europea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.
