Henrique III, Emperador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henrique III, Emperador
Heinrich III. (HRR) Miniatur.jpg
Nacemento28 de outubro de 1016
Falecemento5 de outubro de 1056
 Bodfeld
Causatuberculose
SoterradoCatedral de Speyer
Ocupaciónaristócrata e gobernante
PaiConrado II, Sacro Imperador Romano-Germânico
NaiGisela da Suábia
CónxuxeGunhilda da Dinamarca e Inês da Aquitânia
FillosBeatrice I, Abbess of Quedlinburg, Adelheid II van Franken, Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico, Conrado II, Duque da Baviera, Judith of Swabia, Ida da Áustria e Matilda of Swabia
IrmánsMatilda of Franconia, Ernest II, Liudolf, Margrave of Frisia e Herman IV, Duke of Swabia
HeinrichIII signum.png
editar datos en Wikidata ]

Henrique III, nado o 28 de outubro de 1016 ou 1017 e finado o 5 de outubro de 1056, chamado o Negro ou o Piadoso, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico da dinastía Sálica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro fillo de Conrado II de Alemaña e de Xisela de Suabia. O seu pai nomeouno duque de Baviera (1027 - 1042) e duque de Suabia (1038 - 1045). Na Pascua de 1028 tamén o nomeou co-rei de Alemaña e fíxoo coroar na catedral de Aquisgrán polo arcebispo de Colonia.

Á morte do seu pai o 4 de xuño de 1039, converteuse no único gobernador do reino e en 1046 foi coroado emperador en Roma polo papa Clemente II. Enfrontouse a Hungría, que se converteu no seu feudo ao expandir a fronteira dos seus dominios ata o río Leitha. Tamén loitou contra os duques para manter o poder imperial.

Casou con Gunilda de Dinamarca, filla do rei Canuto o Grande, en 1306. Despois da morte de Gunilda, dous anos despois casou con Inés de Poitou, filla do duque de Aquitania. Entre os fillos deste segundo matrimonio están o futuro emperador Henrique IV e Judit de Suabia.

Henrique tiña un longo pelo e barba negra, de onde probabelmente lle vén o alcume de "o Negro".

Comezos[editar | editar a fonte]

Henrique naceu no 1017, fillo de Conrado o Sàlico e de Xisela de Suabia. En 1024 o seu pai foi elixido rei de Alemaña, e desde entón Henrique recibiu unha ampla formación e foi preparado para o suceder no trono. O seu pai incluíuno entre os seus conselleiros e deulle responsibilidades de goberno. Á morte de Henrique V de Baviera, en 1027, foi nomeado duque de Baviera (como Henrique VI), e á morte de Herman IV de Suabia en 1038, recibiu tamén o ducado de Suabia (como Henrique I).

Para asegurar o mantemento da súa dinastía, Henrique II nomeouno "rei dos romanos" (co-rei e sucesor) con só once anos. O arcebispo de Colonia coroouno en abril de 1028 en Aquisgrán, e os nobres aceptárono como herdeiro do trono.

Como parte dunha alianza con Canuto o Grande de Dinamarca, o seu pai casouno en 1037 coa súa filla, Gunilda de Dinamarca. Ao ano seguinte, a parella acompañou a Conrado II nunha campaña no sur de Italia, e durante a viaxe de volta, Gunilda morreu dunha epidemia que se estendeu entre o exército imperial.

Coa morte sen descendentes de Rodolfo III de Borgoña, Conrado II logrou incorporar o reino ao Imperio. No outono de 1038, Henrique foi nomeado rei de Borgoña polo seu pai.

En xuño de 1039 faleceu o seu pai Conrado II, e Henrique II foi recoñecido como herdeiro nos reinos de Alemaña, Borgoña e Italia.

Henrique III, nunha miniatura de 1040 .

Reinado[editar | editar a fonte]

A primeira campaña militar de Henrique foi contra Bohemia, onde o duque Bretislao aproveitou a confusión despois da morte de Conrado para conquistar Polonia, saquear Cracovia e intentar consolidar un imperio baixo o seu dominio. Aínda que os primeiros enfrontamentos foron desfavorábeis para Henrique, ao final conseguiu facer entrar as tropas alemás en Bohemia por tres columnas: Messien, Baviera e Austria. Cando os exércitos chegaron a Praga Bretislao rendeuse e someteuse a Henrique, pagándolle unha compensación de 4.000 marcos de ouro. Desde entón Bretislao foi fiel a Henrique e estivo a miúdo na súa corte e nas súas campañas.

Máis tarde, interviu no reino de Hungría, que desde a morte do seu fundador Estevo I se atopaba en guerra civil entre os partidarios do sobriño e herdeiro de Estevo, Pedro Orseolo, e os que se opuñan á súa orientación cristiá e á influencia alemá. Os rebeldes deron feito a expulsar a Pedro en 1041, pero en 1044 Henrique derrotounos á beira do Raba e restituíu a Pedro. Para celebrar a vitoria, Henrique vestiuse de penitente e cruzou o campo de batalla descalzo para se ir axeonllar ante un anaco da vera cruz e cantar o Kýrie eleison. Despois perdoou aos seus inimigos e invitou aos seus soldados a facer o mesmo.

Aínda que a situación en Hungría continuaba a ser caótica e en 1044 Pedro Orseolo morrería a mans dos rebeldes pagáns, sucedeuno outro membro da dinastía Arpad André I de Hungría que aceptou a supremacía do emperador e continuou defendendo o cristianismo.

Despois de loitar contra as insurreccións en Lorena, Henrique desprazouse a Italia. A situación en Roma era caótica debido á corrupción da curia, o que levou a que houbese tres papas vivos ao mesmo tempo: o papa Bieito IX fora expulsado por un levantamento popular. Grazas aos subornos feitos pola súa poderosa familia, o papa Silvestre III chegou ao papado, pero foi expulsado cando volveu Bieito IX. Pero Bieito, sen vocación polo cargo e desexando casar, cedeu o papado a Gregorio VI a cambio dunha importante cantidade de diñeiro. As cousas complicáronse cando Bieito quixo recuperar o cargo, polo que con Silvestre había tres papas rivais: un con sede en San Pedro no Vaticano, outro en Santa María Maior e outro en San Xoán de Latrán.

Nun concilio en Sutri, Henrique impuxo a elección dun novo papa para acabar co cisma. Escolleu o alemán Clemente II, cuxo primeiro acto foi coroar ao emperador e investilo patricio dos romanos, co poder de nomear papas que ata entón ostentara a nobreza romana. Henrique non utilizou a nova atribución, xa que Clemente morreu ao ano seguinte. Todos os papas que Henrique nomeou para sucedelo eran alemáns e reformistas.

Sarcófago de Henrique III en Goslar.

Morreu en 1056 e sería sucedido polo seu fillo Henrique IV, de seis anos, baixo a rexencia da súa nai Inés de Aquitania.

Familia[editar | editar a fonte]

Devanceiros[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Duque Conrado o Roxo
 
 
 
 
 
 
 
8. Duque Otón I de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Liutgarda
 
 
 
 
 
 
 
4. Henrique de Espira
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Judit de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Conrado II
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Adelaida de Alsacia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Henrique III
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
12. Duque Conrado I de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Duque Hermann II de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Xisela de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Xerberga de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Henrique e Inés bendicidos pola Virxe (Espira)

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

En 1036 casou con Gunilda de Dinamarca, a filla de Canuto o Grande. Tiveron unha filla:

En 1043 casou en segundas nupcias con Inés, filla do duque Guillerme V de Aquitania. Os fillos da parella foron:

  • Adelaida (1045-1096), futura abadesa de Gandersheim e Quedlinburg.
  • Xisela (1047-1053).
  • Matilda (1048-1060), casou en 1059 co duque de Suabia Rodolfo de Rheinfelden.
  • Henrique (1050-1106), futuro rei e emperador como Henrique IV.
  • Conrado (1052-1055), futuro duque de Baviera como Conrado II.
  • Judit (1054-1092 ou 1096), casou en 1063 con Salomón de Hungría e 1089, en segundas nupcias, co duque Ladislao I de Polonia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Egon Boshof: Die Salier. 5., aktualisierte Auflage. Kohlhammer, Stuttgart 2008, ISBN 3-17-020183-2, S. 91–164 (en alemán).
  • Hagen Keller: Zwischen regionaler Begrenzung und universalem Horizont. Deutschland im Imperium der Salier und Staufer 1024 bis 1250 (= Propyläen-Geschichte Deutschlands. Bd. 2). Propyläen-Verlag, Berlin 1986, ISBN 3-549-05812-8 (en alemán).
  • Stefan Weinfurter: Das Jahrhundert der Salier 1024–1125: Kaiser oder Papst? Thorbecke, Ostfildern 2004, ISBN 3-7995-0140-1 (en alemán).
  • Matthias Becher: Heinrich III. (1039–1056). In: Bernd Schneidmüller, Stefan Weinfurter (Hrsg.): Die deutschen Herrscher des Mittelalters. Historische Porträts von Heinrich I. bis Maximilian I. Beck, München 2003, ISBN 3-406-50958-4, pp. 136–153 (en alemán).
  • Jan Habermann (Hrsg.): Kaiser Heinrich III. Regierung, Reich und Rezeption (= Beiträge zur Geschichte der Stadt Goslar/Goslarer Fundus. Bd. 59). Verlag für Regionalgeschichte, Bielefeld 2018, ISBN 978-3-7395-1159-7. (en alemán).
  • Gerhard Lubich, Dirk Jäckel (Hrsg.): Heinrich III. Dynastie – Region – Europa (= Forschungen zur Kaiser- und Papstgeschichte des Mittelalters. Bd. 43). Böhlau, Köln u. a. 2018, ISBN 978-3-412-51148-7 (en alemán).
  • Johannes Laudage: Heinrich III. (1017–1056). Ein Lebensbild. In: Das salische Kaiser-Evangeliar, Kommentar Bd. 1. Herausgegeben von Johannes Rathofer. Verlag Bibliotheca Rara, Madrid 1999, pp. 87–145 (en alemán).
  • Rudolf Schieffer: Heinrich III. 1039–1056. In: Helmut Beumann (Hrsg.): Kaisergestalten des Mittelalters. Beck, München 1984, ISBN 3-406-30279-3, S. 98–115 (en alemán).
  • Ernst Steindorff: Jahrbücher des Deutschen Reichs unter Heinrich III. 2 Bände. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt, 1963, ND von 1874 und 1881 (bislang einzige Biographie Heinrichs III (en alemán).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predescesor:

Conrado II
Rei de Alemaña

1028-1053
Sucesor:

Henrique IV
Rei de Italia

1039-1056
Sacro Emperador Romano

1046-1056