Saltar ao contido

Candelaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Candelaria
 Nome oficial
    Candelaria (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
13.595 (2001) rexistro civil
15.980 (2002) rexistro civil
19.197 (2004) rexistro civil
20.628 (2005) rexistro civil
21.415 (2006) rexistro civil
22.477 (2007) rexistro civil
23.394 (2008) rexistro civil
24.319 (2009) rexistro civil
25.140 (2010) rexistro civil
25.957 (2011) rexistro civil
26.290 (2012) rexistro civil
26.134 (2013) rexistro civil
26.543 (2014) rexistro civil
26.490 (2015) rexistro civil
26.746 (2016) rexistro civil
27.149 (2017) rexistro civil
27.641 (2018) rexistro civil
27.985 (2019) rexistro civil
28.383 (2020) rexistro civil
28.463 (2021) rexistro civil
28.485 (2022) rexistro civil
28.694 (2023) rexistro civil
28.795 (2024) rexistro civil
29.023 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   14.366 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   13.619 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   49,18 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   240 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal38530 Editar o valor en Wikidata
Código INE38011 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap340397 Editar o valor en Wikidata
VIAF316733850 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0717lx Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX456539
Wikidata C:Commons

Candelaria é un municipio e cidade española pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias. Está situado na vertente sueste da illa de Tenerife. O municipio atópase a vinte quilómetros ao sur da capital; Santa Cruz de Tenerife. É un lugar de frecuentes peregrinacións por atoparse nesta vila a imaxe da Patroa das Canarias, a Virxe da Candeloria. O municipio de Candelaria ten unha grande importancia non só relixiosa, senón tamén histórica, pois nel uníronse as culturas guanche e castelá contorna á imaxe da Virxe de Candelaria. Pertence á comarca do Val de Güímar, da cal é capital económica, aínda que non histórica xa que este título confíreselle a Güímar, municipio ao que Candelaria pertenceu desde sempre xunto cos veciños Arafo e Fasnia.

Tiña unha poboación de 22.477 habitantes en 2008.

Lugares de interese relixioso

[editar | editar a fonte]

O municipio de Candelaria acolle a peregrinación anual de Candelaria (en febreiro e en agosto, esta última é a máis importante), así como aos peregrinos que visitan o municipio en todas as demais épocas do ano. As principais paradas da súa visita son a Basílica da Candelaria e a Cova de Achbinico.

Basílica de Nosa Señora da Candelaria

[editar | editar a fonte]
Praza e Basílica da Candelaria.

A Basílica de Nosa Señora da Candelaria, declarada Ben de Interese Cultural, é o templo máis importante do municipio e un dos principais templos do arquipélago, pois é onde se atopa a imaxe da Patroa das Canarias. É o principal templo dedicado á Virxe María nas Illas Canarias, e é tamén o santuario que atrae máis peregrinos.

A actual basílica data de 1959 e foi construída sobre unha antiga igrexa. Destaca a súa alta torre-campanario. Aos seus pés atópase a Praza da Patroa das Canarias. A imaxe da Virxe apareceu en Chimisay, ao redor de 1390. O primeiro gran Santuario á Virxe de Candelaria foi o construído en 1668. Despois do aumento das peregrinacións dos devotos e do incendio que sufriu o templo orixinal, creouse a necesidade de construír un templo máis grande (a basílica actual), que ten capacidade para 5.000 persoas.

Cova de Achbinico

[editar | editar a fonte]

A Cova de Achbinico tamén chamada Cova de San Blas, foi o primeiro templo cristián das Canarias, neste lugar os guanches renderon culto á Virxe de Candelaria. Esta cova atópase detrás da Basílica e é visitada por peregrinos, que adoitan levar e deixar veas acesas e facer peticións á Virxe. Dentro da cova hai unha réplica en bronce da Virxe de Candelaria.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]