Roberto I de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberto I
Robert I de France.jpg
Rei de Francia occidental
30 de xuño de 92215 de xuño de 923
Predecesor Carlos III
Sucesor Raúl I

Coroación 30 de xuño de 922, Reims
Nacemento 865
Falecemento 15 de xuño de 923
Soissons
Cónxuxe/s Adela de Maine
Beatriz de Vermandois
Proxenitores Roberto de Anjou

Roberto I, nado en torno a 865 e finado o 15 de xuño de 923 en Soissons, foi rei da Francia Occidental dende o ano 922 ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do Conde Roberto de Anjou e irmán do Rei Eudes, participou xunto co seu irmán na defensa de París ante o ataque viquingo de 885, e cuxa vitoria lle valeu a seu irmán o trono de Francia Occidental. Non se postulou coma sucesor do seu irmán, sendo recoñecidos os seus cargos militares e posesións territoriais coma Conde de París por Carlos III, permaneceu no norte de Francia encargado da defensa dos ataques viquingos.

No ano 921 parte da nobreza franca e o clero levantáronse contra Carlos III O Simple, entre os que se atopaba Roberto. Carlos III foi derrotado e tivo que retirarse a Lotarinxia, polo que Roberto I foi coroado en Reims o 30 de xuño de 922. Porén o rei deposto reuniu un exército e enfrontouse a Roberto I o 15 de xuño de 923 preto de Soissons, onde Roberto foi asasinado.

Carlos tampouco puido recuperar o trono e foi confinado, unha asemblea de nobres escolleu a Raúl, Conde de Borgoña, coma sucesor, Raúl I de Francia.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Tivo dúas esposas:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
 
Conde de París
898 - 923
Sucesor:
 
Predecesor:
Carlos III O Simple
Rei de Francia occidental
922 - 923
Sucesor:
Raúl I