Carlomán de Baviera
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 830 valor descoñecido |
| Morte | 22 de setembro de 880 Altötting, Alemaña |
| Causa da morte | ictus |
| Lugar de sepultura | Altötting |
| Duque de Baviera | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | Rei de Italia (877–879) Rei de Francia Oriental (876–879) |
| Familia | Dinastía Carolinxia |
| Cónxuxe | daughter of Ernest I |
| Parella | Liutswind |
| Fillos | Arnulfo de Carintia ( |
| Pais | Lois o Xermánico |
| Irmáns | Lois III de Alemaña Carlos III o Gordo Hildegarda Ermengarda de Chiemsee Berta Gisla Verona Veronus |
| Descrito pola fonte | Vlastenský slovník historický Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Carlomán (en alemán: Karlmann), nado en 830 e finado o 22 de marzo de 880, foi o fillo máis vello do monarca carolinxio Lois o xermánico. Reinou como rei de Baviera desde o 876 e como rei de Italia desde o 877.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlomán naceu no 830, o primeiro fillo de Lois o Xermánico e da súa muller Emma de Baviera[1]. Cando chegou á idade adulta, reclamoulle ao seu pai un reino propio para gobernar, revoltándose no 861 e de novo no 863[2]. Logo os seus dous irmáns máis pequenos Luís e Carlos o Gordo uníronse ás súas demandas e rebeláronse[3]. Luís foi obrigado a establecer o repartimento do seu reino entre os tres fillos: a Carlomán prometeulle o reino de Baviera, que tamén incluía Pannonia, Carintia, Bohemia, Moravia e as marcas orientais. Saxonia foi asignada a Luís e a Carlos a Suabia[4].
En 876 morreu Lois o Xermánico e os tres irmáns herdaron os respectivos reinos. A diferenza do que sucedera entre o seu pai e os tíos, e estaba a suceder cos seus curmáns, os tres irmáns mantiveron a concordia entre eles e actuaron xuntos para coordinando as súas políticas.


Á morte de Carlos o Calvo de Francia occidental, Carlomán aproveitou para atravesar os Alpes e proclamarse rei de Italia[5]. Tamén buscou converterse en emperador, pero no 879 sufriu un ictus[6] que lle provocou paraplexía e o incapacitou para gobernar. Dado que non tiña descendencia lexítima, dividiu o reino entre os seus dous irmáns, dando Baviera a Luís e Italia a Carlos[7]. Carlomán morreu ao ano seguinte.
Familia
[editar | editar a fonte]Devanceiros
[editar | editar a fonte]| 16. Pipino o Breve | ||||||||||||||||
| 8. Carlomagno | ||||||||||||||||
| 17. Bertrada de Laon | ||||||||||||||||
| 4. Lois o Piadoso | ||||||||||||||||
| 9. Hildegarda | ||||||||||||||||
| 2. Lois o Xermánico | ||||||||||||||||
| 5. Ermengarda de Hesbaye | ||||||||||||||||
| 1. Carlomán de Baviera | ||||||||||||||||
| 6. Welf | ||||||||||||||||
| 3. Emma de Altdorf | ||||||||||||||||
| 7. Hedwiga de Baviera | ||||||||||||||||
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Carlomán casou coa filla (de nome descoñecido) de Ernesto I, conde de Nordgau[8].
Carlomán tivo unha amante de nome Liutwwindis[9], cuxa ascendencia non se coñece e con quen tivo un fillo. Ao seu fillo bastardo Arnulfo cedeulle o ducado de Carintia e máis tarde habíase converter en rei dos francos orientais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Monumenta Germaniae Historica, tomus IX; Genealogiae Comitum Flandriae, p. 303,"ligazón". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Annales Bertiniani, p. 105 "ligazón".
- ↑ Annales Bertiniani, p. 218 "ligazón".
- ↑ Foundation for medieval genealogy.
- ↑ Annales Bertiniani, p. 241 "ligazón".
- ↑ Annales Bertiniani, p. 259 "ligazón".
- ↑ Monumenta Germaniae Historica, tomus I, p. 592
- ↑ Annales Bertiniani, p. 106 "ligazón".
- ↑ Monumenta Germaniae Historica, Diplomata Regum Germaniae ex Stirpe Karolinorum, tomus III: Kaiserkunden Arnolf n° 87, p. 129
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlomán de Baviera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sigmund Ritter von Riezler: "Karlmann, König von Baiern und von Italien" . En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Tomo 15, ed. Duncker & Humblot, Leipzig 1882, p. 397–400.
- René Poupardin: "I Regni carolingi (840-918)", en "Storia del mondo medievale", vol. II, 1999, pp. 583-635
- Allen Mayer: "I Vichinghi", en "Storia del mondo medievale", vol. II, 1999, pp. 734-769
