Urgell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da comarca en Cataluña
Cultivos na zona.

O Urgell, tamén coñecido como Baix Urgell, é unha comarca da provincia de Lleida, en Cataluña. A súa capital e concello máis poboado é Tàrrega. En 2009 tiña 36.670 habitantes.

A comarca limita coa Noguera polo norte, Pla d'Urgell polo oeste, Garrigues e Conca de Barberà polo sur, e Segarra polo leste.

Concellos[editar | editar a fonte]

Actualmente a comarca está formada por 20 concellos. Logo da revisión comarcal de 1987 separouse o Pla d'Urgell e en 1990 algúns concellos foron anexionados á Segarra.

Concello Poboación
(hab.)
Agramunt 5.439
Anglesola 1.307
Belianes 615
Bellpuig 4.755
Castellserà 1.118
Ciutadilla 235
La Fuliola 1.241
Guimerà 360
Maldà 293
Nalec 90
Els Omells de na Gaia 161
Ossó de Sió 225
Preixana 427
Puigverd d'Agramunt 260
Sant Martí de Riucorb 704
Tàrrega 16.131
Tornabous 822
Vallbona de les Monges 256
Verdú 1.014
Vilagrassa 463

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]