Carlos III de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos III
Georges Rouget (1783-1869) - Charles III, dit le simple, roi de France en 896 (879-929).jpg
Rei de Francia occidental
1 de xaneiro de 89828 de xuño de 922
PredecesorEudes I
SucesorRoberto I

Coroación28 de xaneiro de 893, Reims
Nacemento879
Péronne, Somme.
Falecemento7 de outubro de 929
Cónxuxe/sFrédérune
Edwige de Wessex
ProxenitoresLuis II de Francia
Adelaida de Frioul

Carlos III, tamén coñecido como O simple (como sinónimo de honesto non de torpe), nado o 7 de xaneiro ou 17 de setembro de 879 en Péronne (Somme) e finado o 7 de outubro de 929, foi rei de Francia occidental entre 893 e 923.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Luís II de Francia O Tatexo e de Adelaida de Frioul, no momento da morte de seu pai e seus irmáns era demasiado novo para reinar, polo que o emperador carolinxeo Carlos III O Gordo toma a coroa e os nobres do reino escollen a Eudes, Conde de París, coma rei de Francia occidental. Porén finalmente foi coroado coma Rei de Francia o 28 de xaneiro de 893 en Reims, se ben non puido acceder ao trono ata a morte de Eudes no ano 898.

Xa no trono deu solución ao continuo problema das invasións viquingas. En 911 asinou o Tratado de Saint-Clair-sur-Epte, segundo o cal acordou co caudillo viquingo Hrolf Ganger a concesión de Normandía a cambio da promesa de protexer a costa de Francia e o río Sena da pillaxe viquinga, a promesa de vasalaxe, a conversión ao catolicismo e o matrimonio coa filla do rei francés, Gisela.

Por outro lado a nivel interno non puido limitar o poder dos señores feudais, que se organiza en torno aos numerosos torreóns, loitando especialmente contra Xilberto de Lorena, Raúl de Borgoña e o futuro Roberto I, irmán de Eudes e avó de Hugo Capeto.

Á morte de Luís IV, último rei carolinxio de Xermania, Carlos reivindicou a rexión de Lorena e fixo valer os seus dereitos ao Imperio, porén é derrotado polo xermano Henrique o paxareiro, futuro Henrique I.

Roberto, Conde de París e irmán do anterior rei, fomentou unha revolta contra a coroa e foi escollido rei como Roberto I polos seus partidarios. Carlos III foi obrigado a renunciar ao trono o 29 de xuño de 922, mais contratacou dende Lorena enfrontándose ao usurpador na batalla de Soissons o 15 de xuño de 923. Nesa batalla morreu Roberto I, mais o seu fillo, Hugo Capeto, derrotou a Carlos III.

Despois deste enfrontamento os señores feudais de Francia non recoñeceron como rei ningún dos contendentes, escollendo a Raul de Borgoña, que sería coronado co nome de Raúl I de Francia.

Carlos III refuxiouse na casa do seu vasalo Herberto II de Vermandois, quen o fixo prisioneiro no Castelo de Péronne (Somme) a causa dos seus lazos familiares con Roberto I, xa que a súa irmá era a esposa deste.

Finalmente morre en 929 despois de seis anos de cativerio.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Predecesor:
 
Rei de Francia occidental
898 - 922
Sucesor:
 
Predecesor:
Luís O Neno
Rei de Lotarinxia
911 - 923
Sucesor:
Henrique I O Paxareiro