Pipino o Xiboso
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 769 ↔ 770 |
| Morte | 811 (Gregoriano) Prüm Abbey |
| Causa da morte | peste |
| Rei dos francos | |
| | |
| Outro | |
| Título | Príncipe |
| Familia | Dinastía Carolinxia |
| Pais | Carlomagno |
| Irmáns | Carlos o Mozo Pipino de Italia Lois I o Piadoso Drogon de Metz Hugh Lotário Teodorico Rotrude Teodrada Berta Gisela Adelaide Hildegarda Ruodhaid Hiltrude Rodaida Adaltruda |
Pipino o Xiboso, nado cara ao 769 e finado cara ao 811, foi o fillo máis vello de Carlomagno coa súa concubina Himiltruda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debido á discapacidade á que fai referencia o seu alcume e á súa posible ilexitimidade nunca foi candidato a herdar o goberno dos francos. Porén, Carlomagno tratábao con prioridade sobre os seus irmáns máis novos, como era apropiado pola súa primoxenitura. Carlomagno desherdouno formalmente no 780, cando o Papa bautizou ao seu terceiro fillo Carlomán, quen pasou a recibir o nome de Pipino. En 792 o deforme príncipe conspirou cun grupo de nobres descontentos para mataren a Carlomagno, á súa esposa e aos seus tres fillos, coa fin de que o Xiboso conseguise o trono, converténdose así nun monicreque dos nobres. O golpe fracasou e Carlomagno condenou a morte a todos os conspiradores agás ao seu fillo, quen foi desterrado ao mosteiro de Prüm, onde faleceu 19 anos despois.