Anjou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Anjou
Bandeira da antiga provincia do Anjou.

Anjou é unha rexión histórica e cultural francesa que se corresponde coa antiga provincia do mesmo nome e cuxa capital é Angers. Aínda que xa hai ben tempo que desapareceu o ducado, o termo « Anjou » aínda se utiliza para definir o territorio do Maine e Loira[1][2]. O logo do departamento retoma o termo « Anjou »[3]. O territorio do Anjou correspóndese co actual departamento de Maine e Loira, así como con outros territorios integrados en diversas divisións administrativas.

O Anjou aparece na Antigüidade como entidade territorial co pobo dos andecavos. O seu territorio, centrado en Angers (daquela Andegavum), correspóndese en parte cos límites do futuro Maine e Loira. Após a ocupación romana, o Anjou encóntrase máis tarde no centro de varias influencias e rivalidades, sobre todo entre os francos e os bretóns. Sendo xa condado, convértese no corazón do imperio Plantagenêt, ou « imperio anxevino » no século XIII. O Anjou conserva a súa independencia fronte aos reis de Francia até 1259, data do Tratado de Paris, que o vincula á coroa de Francia. Dado en herdanza tras a morte de Luís VIII de Francia, pasou a ser ducado en 1360. O Anjou anexionouse definitivamente ao Reino de Francia en 1481.

Culturalmente, asócianse ao Anjou os seus viñedos, o río Loira, os seus materiais de construción (lousa e tufa calcaria), así como a súa gran concentración de trogloditas. O poeta Joachim du Bellay inmortalizou o Anjou na súa obra Les Regrets, publicada en 1558.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comité départemental du tourisme & Fédération des offices de tourisme et syndicats d’initiative de l’Anjou. "Anjou Tiurisme". Consultado o 13-10-2015. 
  2. Comité d'expansion économique de Maine-et-Loire. "Anjou. Comité d'expansionéconomique.". Consultado o 13-12-2015. 
  3. Logo do CG49. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]