Pipino de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPipino de Italia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Pepin d'Italie Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento777 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 810 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Milán Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Zenón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei dos francos
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei dos lombardos (pt) Traducir (781–810)
Rei de Italia (781–810) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Carolinxia Editar o valor em Wikidata
CónxuxeRotaida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaRotaida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosBernardo de Italia
 () Rotaida (pt) Traducir
Gundrada (pt) Traducir
 () Rotaida (pt) Traducir
Berta (pt) Traducir
 () Rotaida (pt) Traducir
Atala (pt) Traducir
 () Rotaida (pt) Traducir
Adelaide (pt) Traducir
 () Rotaida (pt) Traducir
Theodrada (pt) Traducir
 () Rotaida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlomagno Editar o valor em Wikidata  e Hildegarda (esposa de Carlos Magno) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlos, o Jovem (pt) Traducir, Pipino o Xiboso, Lois I o Piadoso, Drogon de Metz (pt) Traducir, Hugh (en) Traducir, Lotário (pt) Traducir, Teodorico (pt) Traducir, Rotrude (pt) Traducir, Teodrada (pt) Traducir, Berta (pt) Traducir, Gisela (en) Traducir, Alpaida (pt) Traducir, Adelaide (pt) Traducir, Hildegarda (pt) Traducir, Chrotais (en) Traducir, Hiltrude (pt) Traducir, Rodaida (pt) Traducir e Adaltruda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Carolingian-85 Find a Grave: 143372059 Editar o valor em Wikidata
O reino de Italia dentro do Imperio Carolinxio en 814

Pipino de Italia, nado en abril de 773 e finado o 8 de xullo de 810, era fillo de Carlomagno e foi rei de Italia (781-810) baixo a autoridade de seu pai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o terceiro fillo de Carlomagno e segundo dos tidos coa súa muller Hildegarda. Ao nacemento recibiu o nome de Carlomán, pero, a raíz da traizón de seu irmán, Pipino o Chepudo, aplicáronlle a el o nome real de Pipino. Foi proclamado Rei de Italia logo da conquista do reino longobardo por parte de seu pai. En 781 coroouno o Papa Hadrián I coa coroa de ferro dos longobardos.

Foi un gobernante activo que traballou pola expansión do Imperio Franco. En 791, conduciu un exército longobardo cara ao Val do Drava e saqueou Pannonia, mentres seu pai seguía o curso do Danubio cara ao territorio dos ávaros. Carlomagno tivo que abandonar a empresa para atender a revolta saxoa do 792. Pipino e o Duque Eric de Friúl continuaron, pero, atacando as fortificacións dos ávaros. O gran anel dos ávaros, a súa fortaleza principal, foi tomada dúas veces. O botín foi enviado á corte de Carlomagno, a Aquisgrán, e foi distribuído entre os seus colaboradores e mesmo entre gobernantes estranxeiros, coma o rei Offa de Mercia.

Realizou un longo pero infrutuoso asedio a Venecia, cidade baixo o dominio bizantino (polo menos nominalmente), no ano 810. O acoso durou seis meses e o seu exército foi devastado polas enfermidades propias das zonas húmidas da rexión e tivo que se retirar. Pipino morreu uns meses máis tarde.

Casou con Berta, filla, quizais, do conde Guillerme I de Tolosa. Tiveron cinco fillas: Adelaida, que casou con Lamberto I de Nantes, Atala, Gundrada, Berta e Tetrada. Todas elas naceron entre o ano 800 e a morte de Pipino. Tivo ademais un fillo ilexítimo, Bernardo. Pipino estaba destinado a herdar unha terceira parte do Imperio de seu pai pero morreu antes ca el. A coroa de Italia pasou ao seu fillo Bernardo, pero a dignidade imperial foi para o seu irmán máis novo, Lois o Piadoso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]