Lingua waimiri-atroari
Aparencia
| Lingua waimiri-atroari | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O waimiri-atroari é a lingua falada polo pobo waimiri-atroari, un pobo indíxena do Brasil. O pobo chámase a si mesmo kinja e chaman á súa lingua "kinja iara" (que quere dicir “lingua da xente”).[1] A lingua recibe moitos outros nomes, como atroahy, atroahí, atroarí, atroaí, atrowari, atruahi, atruahí, ki'nya, krishaná, waimirí, waimirí-atroarí ou yawaperí.[2] A lingua ten unha alta taxa de transmisión, xa que é falada por tódolos membros da comunidade e tamén é empregada na escrita e na lectura.[1] O waimiri-atroari está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Do Vale, Maria Carmen. "Waimirir Atraori". pib.socioambiental.org.
- ↑ "Waimiri-Atroari". Glottolog 3.3. Consultado o 28 de setembro de 2018.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |

