Saltar ao contido

Julio Antonio Elícegui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Antonio Elícegui
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Castejón, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 2001 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña
- Atlético de Madrid Editar o valor em Wikidata

Julio Antonio Elícegui Cans, nado en Castejón, Navarra o 5 de decembro de 1910 e finado na Coruña o 31 de agosto de 2001, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse en equipos como o Ariñ Sport, CD Azkoyen ou SD Beasain, e na tempada 1930–31 fichou polo Real Unión, debutando en Primeira División. No equipo irunés estivo tres campañas, descendendo a Segunda División ao remate da 1931–32.

En 1934 foi contratado polo Atlético de Madrid, club no que permaneceu até a campaña 1939–40, tempada na que acadou o título de Liga e a Copa Eva Duarte.

Na campaña 1940–41 fichou polo Deportivo da Coruña, co que ascendeu a Primeira División esa tempada, sendo á súa vez o primeiro xogodor do equipo que acadou un gol na máxima categoría, o 28 de outubro de 1941. No club galego estivo até a campaña 1942–43. Posteriormente xogou no Gimnàstic de Tarragona.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española en 4 ocasións, marcando 6 goles. Xogou 4 partidos amigables seguidos nun prazo de tempo relativamente curto entre abril e maio de 1933.

A súa estrea foi no estadio de Balaídos o 2 de abril de 1933, nun amigable de España contra Portugal (3–0), conseguindo dous goles no seu debut. Despois xogou contra Francia, contra Iugoslavia (marcou outro gol) e a súa despedida foi o 13 de maio dese mesmo ano en Madrid, participando na histórica goleada ante Bulgaria (13–0). Este partido é o da maior goleada da historia da selección española e Elícegui marcou 3 tantos.

Puido participar no Mundial de Italia 1934, pero unha inoportuna lesión cando xogaba co Atlético de Madrid privoulle de ir á cita mundialista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]