José Luis Vilanova
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Deporte | rally |
Familia | |
Parentes | Pedro Burgo Vilanova, sobriño Marcos Burgo Vilanova, sobriño |
José Luis Vilanova Pérez, nado en Lugo, é un ex piloto de rallys galego.
Competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rally, logrando dúas vitorias, varios podios e o subcampionato de 1984. Disputou tamén probas do Campionato de España e da Copa de España entre outros. Competía principalmente cun Porsche 911 SC.
É tío dos irmáns Pedro e Marcos Burgo, dúas veces subcampións de España e tres veces campións de Galicia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou nos rallys a finais dos anos 70, logrando xa en 1979 un oitavo posto no Rally Rías Baixas, pilotando un Renault 5 Alpine,[2] e un noveno posto no Rally de Ourense de 1980 co mesmo coche.[3] A continuación competiu cun Fiat 124 Spider, co que quedou segundo no Rally dos Pazos de 1981.
Ese mesmo ano adquiriu un Porsche 911 SC, preparado en Francia polos irmáns Alméras.[4] Con este vehículo logrou numerosos podios durante os seguintes anos, así como dúas vitorias absolutas. A primeira das súas vitorias foi no Rally das Pontes de 1982, onde aproveitou unha saída de pista de Luis Barrio para arrebatarlle a primeira posición e gañar a proba xunto ao seu copiloto Moreno.[5] A segunda vitoria logrouna no Critérium Arrojo de 1984, con Eladio Anllo como copiloto, e despois dun novo duelo con Barrio.[6] Ese ano quedou ademais segundo nos rally de Noia, Lacón e Coruña, chegando á última proba na segunda posición da xeral e con opcións de proclamarse campión.[7][8] Con todo, o título foi finalmente para Carlos Piñeiro.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«Tengo un nuevo reto, el Dakar»". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ "Clasificación do Rally Rías Baixas de 1979". www.ewrc-results.com. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ "Clasificación do Rally de Ourense de 1980" (PDF). www.rallyeourense.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ "Los mejores pilotos regionales en el «XV Rally do Lacón»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 15 de maio de 1981. p. 54.
- ↑ Coello, Elvira (19 de xullo de 1982). "Vilanova ganó el Rally de As Pontes". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 27.
- ↑ Arévalo, Fernando (19 de marzo de 1984). "Vilanova, vencedor del Criterium Arrojo-Seat". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). p. 15.
- ↑ "Piñeiro y Vilanova mantienen un emocionante codo a codo por él título". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 9 de novembro de 1984. p. 44.
- ↑ "Piñeiro y Vitánova, únicos ¡¡aspirantes al Campeonato Gallego de Rallys-84". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de novembro de 1984. p. 44.
- ↑ Arévalo, Fernando (12 de xaneiro de 1985). "Trofeos para ios campeones gallegos del 84". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). p. 36.