Tárrega[1] (en catalán e oficialmente, Tàrrega) é un municipio catalán localizado na provincia de Lleida. É capital da comarca de Urgell, cunha poboación de 17.030 habitantes e unha extensión de 88km². É ademais, a segunda cidade en tamaño dentro da xurisdición da provincia de Lleida. As principais actividades económicas son o seu comercio e as industrias alimentarias e metalúrxicas.