Selección de fútbol de Paraguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paraguai
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Asociación Paraguaya de Fútbol — APF
Confederación CONMEBOL (Suramérica)
Código FIFA PAR
Alcume Guaraníes
Clasificación FIFA 41 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Eduardo Berizzo
Máis encontros Paulo da Silva (150)
Máximo goleador Roque Santa Cruz (32)
Estrea internacional
Paraguai Paraguai 1 – 5 Arxentina Arxentina
Asunción, Paraguai; 11 de marzo de 1919
Maior vitoria
Paraguai Paraguai 7 – 0 Bolivia Bolivia
Río de Xaneiro, Brasil; 30 de abril de 1949
Hong Kong Hong Kong 0 – 7 Paraguai Paraguai
Hong Kong, China; 17 de novembro de 2010
Maior derrota
Arxentina 6 – 1 Paraguai Paraguai
Santiago, Chile; 20 de outubro de 1926
Copa do Mundo
Participacións 8 (primeira en 1930)
Mellor resultado Cuartos de final (2010)
Copa América
Participacións 37 (primeira en 1921)
Mellor resultado Campións (1953, 1979)

A selección de fútbol de Paraguai é o equipo representativo de Paraguai nas competicións internacioais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación Paraguaia de Fútbol (APF), pertencente á Conmebol. Os guaraníes, como son coñecidos popularmente, estiveron presentes en oito edicións da Copa Mundial de Fútbol, o campionato máis importante no que unha selección nacional pode competir. Foron os de 1930, 1950, 1958, 1986, 1998, 2002, 2006 e 2010. Até o momento, a mellor clasificación puido acadar neste torneo é a de cuartos de final, obxectivo acadado no Mundial de Suráfrica 2010.

Participou na Copa América en trinta e tres ocasións, conquistándoa nos anos 1953 e 1979, en cuxas finais derrotou ás seleccións do Brasil e Chile, respectivamente. Obtivo ademais o subcampionato cinco veces: en 1922, 1929, 1947, 1949 e 1963. O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos produciuse no torneo masculino de Atenas 2004, onde gañou a medalla de prata. Neste certame a selección paraguaia disputou por primeira e única vez a final dunha competición a nivel mundial. Previamente obtivera a súa pasaxe tras finalizar no segundo lugar do Preolímpico Suramericano Sub-23 de 2004, vencendo no último partido á selección brasileira, quedando esta eliminada. Tamén se clasificou para o torneo masculino de Barcelona 1992, onde chegou até os cuartos de final, gañando como anfitrión o título de campión preolímpico suramericano.

Historia[editar | editar a fonte]

Paraguai acandou a segunda fase da Copa do Mundo en tres ocasións (en 1986, 1998 e 2002) mais só acandou a terceira fase unha vez (en 2010). As únicas vitorias de Paraguai nun torneo internacional aconteceron na Copa América, na cal triunfaron en dúas ocasións, 1953 e 1979. Tamén gañaron unha medalla de prata no torneo de fútbol dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, sendo derrotados por 1 a 0 da man Arxentina na final.

Despois da contratación como técnico da selección paraguaia do arxentino Gerardo Martín, a selección paraguaia de fútbol mudou o seu antigo comportamento defensivo, pola marca de presión na zona de medio campo e un xogo ofensivo, apoiado coa aparición de mediocampistas como Christian Riveros, Enrique Vira ou Edgar Barreto entre outros; atacantes con alta porcentaxe de goles como Salvador Cabañas, Roque Santa Cruz ou Nelson Haedo Valdez , todos eles mozos formados en clubs europeos e mexicanos. Esta mestura de xogo ofensivo e táctica deron como resultado unha medalla de prata nas Olimpíadas de Atenas. Paraguai ten tradición no fútbol sala sendo, inclusive, campión mundial en 1988 nun campionato organizado pola FIFUSA (que aínda non ten o recoñecemento da FIFA).

Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Uruguai Uruguai 1930 Primeira fase 2 1 0 1 1 3
Italia Italia 1934 Non participou
Francia Francia 1938
Brasil Brasil 1950 Primeira fase 11° 2 0 1 1 2 4
Suíza Suíza 1954 Non se clasificou
Suecia 1958 Primeira fase 12° 3 1 1 1 9 12
Chile Chile 1962 Non se clasificou
Inglaterra Inglaterra 1966
México 1970
Alemaña Alemaña 1974
Arxentina 1978
España España 1982
México 1986 Oitavos de final 13° 4 1 2 1 4 6
Italia Italia 1990 Non se clasificou
Estados Unidos 1994
Francia Francia 1998 Oitavos de final 14° 4 1 2 1 3 2
Corea/Xapón 2002 Oitavos de final 16° 4 1 1 2 6 7
Alemaña Alemaña 2006 Primeira fase 18° 3 1 0 2 2 2
Suráfrica 2010 Cuartos de final 5 1 3 1 3 2
Brasil 2014 Non se clasificou
Rusia 2018
Total - 22° 27 7 10 10 30 38

Copa América[editar | editar a fonte]

Copa América
1916 Non participou 1917 Non participou 1919 Non participou 1920 Non participou
1921 4º lugar 1922 Final - 2º lugar 1923 3º lugar 1924 3º lugar
1925 3º lugar 1926 4º lugar 1927 Retirouse 1929 Final - 2º lugar
1935 Retirouse 1937 4º lugar 1939 3º lugar 1941 Retirouse
1942 4º lugar 1945 Retirouse 1946 3º lugar 1947 Final - 2º lugar
1949 Final - 2º lugar 1953 Campión 1955 5º lugar 1956 5º lugar
1957 Retirouse 1959 3º lugar 1959 5º lugar 1963 Final - 2º lugar
1967 4º lugar 1975 4º lugar 1979 Campión 1983 4º lugar
1987 Primeira fase 1989 4º lugar 1991 Primeira fase 1993 Cuartos de final
1995 Cuartos de final 1997 7° lugar 1999 6° lugar 2001 10° lugar
2004 5° lugar 2007 5° lugar 2011 Final - 2° lugar 2015 4° lugar
2016 13° lugar
 Táboa xeral: 4º posto
Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
213 153 61 30 62 241 270 -29 39,7%

Xogadores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]