Santiago Cazorla
Santi Cazorla | |||
---|---|---|---|
![]() Cazorla xogando co Arsenal en 2012 | |||
Información persoal | |||
Nome | Santiago Cazorla González | ||
Nacemento | 13 de decembro de 1984 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Lugo de Llanera | ||
Altura | 1,68 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Villarreal | ||
Número | 8 | ||
Carreira xuvenil | |||
1992–1996 | Covadonga | ||
1996–2003 | Oviedo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2004 | Villarreal B | 40 | (4) |
2003–2006 | Villarreal | 54 | (2) |
2006–2007 | Recreativo | 34 | (5) |
2007–2011 | Villarreal | 127 | (23) |
2011–2012 | Málaga | 38 | (9) |
2012–2018 | Arsenal | 129 | (25) |
2018– | Villarreal | 27 | (4) |
Selección nacional | |||
2004–2006 | España sub-21 | 7 | (0) |
2008– | España | 77 | (14) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 7 de marzo de 2019. Selección: actualizado a 13 de novembro de 2015.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Santiago Cazorla González, nado en Lugo de Llanera (Asturias) o 13 de decembro de 1984, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Villarreal CF da Liga Santander.
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou as Eurocopas de 2008 e 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1] Cazorla perdeuse o Mundial de 2010 por unha lesión.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Santi Cazorla iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Club Deportivo Covadonga e pasou logo nove anos no Real Oviedo e un ano cedido ao Astur Club de Fútbol. En 2003, logo do descenso do Real Oviedo, Cazorla ficha polo Villarreal. Pasou as seguintes tres tempadas no equipo. Marcou 4 goles na Copa da UEFA e xogou 2 partidos da Liga de Campións.
No verán de 2006 é traspasado ao Recreativo de Huelva con opción de recompra por parte do Villarreal. O 17 de xullo de 2006 é presentado no seu novo equipo, no que xogaría unha tempada. Na tempada 2007/08 Cazorla ficha novamente polo Villarreal.
No verán de 2008, varios clubs europeos interésanse polo xogador asturiano, como o AS Roma ou o Real Madrid, pero finalmente Cazorla opta por renovar o seu contrato por catro anos co Villarreal.
No verán de 2011 víñase especulando coa súa posible fichaxe polo Málaga CF, feito que se materializou definitivamente entre ambos os clubs o 26 de xullo. O prezo da fichaxe foi de ao redor de 20 millóns de euros.[2]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa Selección española sub-21. O 17 de maio de 2008, é convocado por primeira vez por Luis Aragonés coa Selección absoluta para a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza. Debutou o 31 de maio de 2008 en Huelva nun amigábel contra Perú, e o 10 de xuño debutou en partido oficial en Innsbruck contra Rusia. O xogador marcou nos penaltis do partido de cuartos de final e tamén disputou a final da Eurocopa na que España gañouna Alemaña con gol de Fernando Torres.
Unha lesión impediu que fora convocado para o Mundial de Suráfrica de 2010, pero foi novamente convocado para o amigábel contra México do 5 de agosto de 2010.
Tamén foi seleccionado para xogar a Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína, na que España volveu conquistar o título de campioa de Europa.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa Intertoto | Villarreal CF | España | 2004 |
Eurocopa | Selección nacional | España | 2008 |
Eurocopa | Selección nacional | España | 2012 |
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Premio Don Balón ao mellor xogador de Primeira División | 2007 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia".
- ↑ El Mundo, ed. (26 de xullo de 2011). "O Villarreal pecha o traspaso de Cazorla ao Málaga por 20 millóns de euros".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1984
- Nados en Llanera
- Futbolistas de Asturias
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Villarreal CF B
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Arsenal FC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Eurocopa