Pedro Rodríguez Ledesma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro
Información persoal
Nome Pedro Eliezer Rodríguez Ledesma
Nacemento 28 de xullo de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Santa Cruz de Tenerife
Altura 1,67 m
Posición Extremo
Información de club
Club actual Roma
Número 11
Carreira xuvenil
2003–2004 San Isidro
2004–2005 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Barcelona C 70 (10)
2007–2009 Barcelona B 55 (17)
2008–2015 Barcelona 204 (58)
2015–2020 Chelsea 137 (29)
2020– Roma 0 (0)
Selección nacional
2008 sub-21 2 (0)
2010– España 65 (17)
Na rede
Facebook: PedroRodriguezOficial Twitter: _Pedro17_ FIFA: 318601 UEFA: 250002701 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de xullo de 2020.
Selección: actualizado a 6 de setembro de 2017.editar datos en Wikidata ]

Pedro Rodríguez Ledesma, máis coñecido como Pedro ou Pedrito, nado en Santa Cruz de Tenerife o 28 de xullo de 1987, é un futbolista canario. Xoga de dianteiro para o AS Roma da Serie A italiana.

É o único xogador da historia do fútbol que conseguiu marcar polo menos un gol nas seis competicións oficiais de clubs durante unha mesma tempada: Liga, Copa do Rei, Supercopa de España, Liga de Campións, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs durante o ano 2009. Este logro alcanzouno o 16 de decembro de 2009 ao marcar un dos goles do seu equipo no Mundial de Clubs de Abu Dabi durante a semifinal contra o Atlante de México, e na final contra o Estudiantes LP da Arxentina, gol que serviu para provocar a prórroga do partido, no minuto 89.[1]

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Naceu en Santa Cruz de Tenerife. Coñecido nos seus inicios co alcume de Pedrito, formouse nas categorías inferiores do CD San Isidro. A tempada 2003-04 empezou a destacar co equipo xuvenil, anotando 24 goles na liga da categoría. Ese mesmo ano chegou a debutar co primeiro equipo en Terceira División, a pesar de ter só 16 anos. Ao termo da tempada, en agosto de 2004, e tras participar no Torneo Xuvenil de Adeje, foi descuberto polos observadores do FC Barcelona, que decidiron incorporalo aos xuvenís do club azulgrana.[3]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

Co equipo xuvenil do FC Barcelona foi campión de liga na tempada 2006-07 e de Copa en 2007 -anotando un gol na final-. Tras pasar polo desaparecido Barcelona C, e tras a desaparición deste, na tempada 2007-08 saltou ao Barcelona B, ás ordes de Pep Guardiola, onde logrou o campionato de Terceira División e o ascenso de categoría. A súa chegada ao segundo equipo foi avalada polo propio Guardiola e Juan Carlos Pérez Rojo, o seu adestrador en xuvenís, cando parecía que o seu futuro era irse cedido ao Racing Club Portuense.

O seu debut co primeiro equipo do Barcelona foi o 11 de setembro de 2007, con motivo da final da Copa Catalunya, na que os azulgrana caeron ante o Gimnàstic de Tarragona.[4]

O 12 de xaneiro de 2008 entrou na convocatoria do FC Barcelona - Real Murcia, tras unha lesión de última hora de Santiago Ezquerro,[5] e ese mesmo día debutou en Primeira División, substituíndo a Samuel Eto'o nos tres últimos minutos do partido, cando os azulgrana dominaban por catro goles a cero.

A tempada 2008-09 o novo técnico, Pep Guardiola, convocoulle para realizar a pretemporada co primeiro equipo en terras escocesas,[6] onde logrou o seu primeiro gol coa camiseta azulgrana, nun encontro amigable[7] A partir do stage en Escocia o club cambioulle o seu diminutivo "Pedrito" polo seu nome "Pedro" na serigrafía das camisetas.

Pouco despois, o día 13 de agosto de 2008, debutou como titular nun encontro da eliminatoria previa da Liga de Campións da UEFA, contra o Wisła Cracovia.

Esa tempada xogaríaa dacabalo entre o primeiro equipo, onde tivo 13 aparicións, e o Barça Atlètic en Segunda B, onde foi un dos xogadores máis importantes para o adestrador Luís Enrique, con 27 aparicións.

Foi convocado para a final da Liga de Campións da UEFA disputada en Roma entre o FC Barcelona e o Manchester United. Substituíu a Andrés Iniesta no 92 xogando así os últimos minutos do tempo de desconto.

O 16 de agosto de 2009 anotou o seu primeiro gol oficial coa camiseta do primeiro equipo, convertendo o segundo gol do Barça na ida da Supercopa de España, fronte ao Athletic de Bilbao en San Mamés, finalizando o partido co resultado de 1-2.[8] Esa mesma semana asinou o seu primeiro contrato profesional que lle vinculaba ao primeiro equipo blaugrana ata xuño de 2014 e cunha cláusula de rescisión de 75 millóns de euros.[9]

O 29 de agosto de 2009, no minuto 26 do segundo tempo extra (116 tempo corrido) anotou o gol, a pase de Messi, que lle deu o título de campión da Supercopa de Europa ao FC Barcelona.

O 29 de setembro de 2009 anotou o seu primeiro gol en Liga de Campións no minuto 76 ante o FK Dynamo Kyiv, o cal deulle a vitoria ao FC Barcelona por 2-0.

O 19 de decembro de 2009 contribuíu na vitoria do Barça ao lograr o empate no minuto 89 ante Estudantes de La Plata na final da Copa Mundial de Clubs da FIFA realizada en Abu Dabi, a que gañaría o equipo blaugrana no tempo extra grazas a un gol co peito de Lionel Messi.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

O 20 de maio de 2010 Pedro foi convocado por primeira vez para a selección absoluta por Vicente del Bosque, para representar a España no Mundial de Suráfrica de 2010.[10]

Debutou coa selección o 29 de maio de 2010 fronte a Arabia Saudita nun partido amigable de preparación de face ao Mundial 2010 que finalizou coa vitoria de España por 3-2[11], e conseguiu o seu primeiro gol como internacional noutro amigable preparatorio para o mundial surafricano disputado contra Polonia, o 8 de xuño de 2010 na Nueva Condomina de Murcia, un tanto que significou o 6 a 0 na vitoria da selección española fronte aos polacos[12].

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano
CD San Isidro España 2003-2004
FC Barcelona Xuvenil A España 2004-2006
FC Barcelona C España 2006-2007
FC Barcelona B España 2007-2009
FC Barcelona España 2008-2015
Chelsea FC Inglaterra 2015-

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Actualizado a 15 de maio de 2010.

Club Tempada Liga Copa do Rei Comp. Europea Outras Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Barcelona B 2006–07 1 0 - - - - - - 1 0
2007–08 37 7 - - - - - - 37 7
2008–09 17 10 - - - - - - 17 10
Total 55 17 - - - - - - 55 17
Barcelona 2007–08 2 0 0 0 0 0 - - 2 0
2008–09 6 0 3 0 5 0 - - 14 0
2009-10 34 12 4 3 9 4 5 4 49 22
Total 40 12 7 3 14 4 5 4 65 22
Total Carreira 95 28 7 3 14 4 5 4 121 39

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Terceira División de España FC Barcelona B España 2008
Copa do Rei FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2009
Supercopa de España FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2010

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona España 2009
Supercopa de Europa FC Barcelona España 2009
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona España 2009
Copa Mundial de Fútbol Selección española España 2010

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]