Gran Premio dos Países Baixos
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Park Zandvoort (Zandvoort) 52°23′18″N 4°32′35″L / 52.388292, 4.543011 |
Lonxitude | 4,259 km |
País | Países Baixos |
Vixencia | 1952 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
O Gran Premio dos Países Baixos (neerlandés: Grote Prijs van Nederland) é un evento de carreira automobilística de Fórmula Un celebrada no Circuíto Park Zandvoort, Holanda do Norte, nos Países Baixos, de 1950 a 1985 e que volveu ao calendario a partir do Campionato Mundial de Fórmula Un de 2021. Formou parte do Campionato do Mundo desde 1952 e designouse como Gran Premio de Europa dúas veces, en 1962 e 1976, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a unha carreira de Gran Premio en Europa.
En 1985 foi a última carreira, xa que a empresa que dirixía o circuíto (CENAV) saíu do negocio, o que marcou o final do Circuíto de Zandvoort. A pista, propiedade do municipio de Zandvoort, non se utilizou durante algún tempo e parte dos terreos e aproximadamente a metade da pista vendeuse en 1987 a Vendorado, para construír unha urbanización de bungalows.
O 14 de maio de 2019, anunciouse a volta do Gran Premio de Holanda na pista de Zandvoort para o calendario de Fórmula Un 2020.[1] En marzo de 2020 aprazouse a volta do evento en resposta á pandemia de COVID-19. Posteriormente cancelouse por completo co regreso do evento previsto para 2021, onde o favorito local Max Verstappen levou a vitoria.
Os gañadores do Gran Premio dos Países Baixos
[editar | editar a fonte]Gañadores múltiples (pilotos)
[editar | editar a fonte]O fondo de cor rosa indica unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un
Número de vitorias | Piloto | Tempada |
---|---|---|
4 | Jim Clark | 1963, 1964, 1965, 1967 |
3 | Jackie Stewart | 1968, 1969, 1973 |
Niki Lauda | 1974, 1977, 1985 | |
Max Verstappen | 2021, 2022, 2023 | |
2 | Louis Rosier | 1950, 1951 |
Alberto Ascari | 1952, 1953 | |
Jack Brabham | 1960, 1966 | |
James Hunt | 1975, 1976 | |
Alain Prost | 1981, 1984 |
Gañadores múltiples (construtores)
[editar | editar a fonte]En letra grosa construtores que seguen competindo no campionato de Fórmula Un
O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Número de vitorias | Piloto | Tempada |
---|---|---|
9 | Ferrari | 1949, 1952, 1953, 1961, 1971, 1974, 1977, 1982, 1983 |
6 | Lotus | 1963, 1964, 1965, 1967, 1970, 1978 |
4 | McLaren | 1976, 1984, 1985, 2024 |
3 | Red Bull | 2021, 2022, 2023 |
2 | Talbot-Lago | 1950, 1951 |
BRM | 1959, 1962 | |
Matra | 1968, 1969 | |
Brabham | 1966, 1980 |
Por ano
[editar | editar a fonte]Todos os Grandes Premios dos Países Baixos celebráronse en Zandvoort.
''Nota: Fondo rosado indica carreira non de campionato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Formula 1 Dutch Grand Prix to return at Zandvoort from 2020". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2019-05-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Países Baixos |