Francisco Álvarez-Cascos
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Francisco Álvarez-Cascos Fernández, nado o 1 de outubro de 1947 en Madrid, é un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia asturiana viviu desde mozo en Xixón, estudou enxeñería de camiños en 1976 uniuse a un dos grupos, Reforma Democrática, que posteriormente constituirían Alianza Popular. Entre 1979 e 1986 foi o voceiro de AP no concello de Xixón. Elixido senador por Asturias (1982-1986), candidato á presidencia de Asturias perdeu fronte a Pedro de Silva (1983). Elixido deputado no Congreso dos Deputados en 1986 (ata 2004). Foi elixido secretario xeral do PP en 1989 posto no que permanecería ata 1999. Con José María Aznar foi vicepresidente primeiro e ministro da presidencia (1996-2000) e ministro de fomento (2000-2004). A súa decisión de afastar o Prestige, sen informes que avalaran a decisión,[1] das costas galegas e a súa actuación durante a catástrofe foi moi cuestionada por múltiples sectores sociais e políticos de Galicia.[2]
O 1 de xaneiro de 2011 abandonou o Partido Popular por sentirse "insultado" pola directiva do partido.[Cómpre referencia] Fundou entón o partido Foro Asturias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cascos admite que no tiene informes para justificar el alejamiento del «Prestige»" La Voz de Galicia
- ↑ "Rolda de prenda da Comisión Xurídica de Nunca Máis para clarificar o que está a acontecer coa querela de Corcubión". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2006. Consultado o 05 de agosto de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Álvarez-Cascos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Medalla de Ouro de Galicia
- Ministros da Presidencia de España
- Vicepresidentes do goberno de España
- Nados en Madrid
- Políticos de Foro Asturias
- Nados en 1947
- Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid
- Políticos de AP
- Concelleiros de Asturias
- Senadores de España polo PP
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias
- Presidentes do Principado de Asturias
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)