Pedro de Silva
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de agosto de 1945 Xixón, España |
| 17 de xuño de 1983 – 11 de xullo de 1991 ← Rafael Fernández Álvarez – Juan Luis Rodríguez-Vigil → | |
| 11 de novembro de 1982 – 26 de maio de 1983 – José Manuel González García → Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
| 15 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Oviedo Colegio de la Inmaculada |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Xixón |
| Ocupación | político, escritor, avogado |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Premios | |
| |
Pedro de Silva Cienfuegos-Jovellanos, nado en Xixón o 18 de agosto de 1945, é un político socialista español. Foi presidente do Principado de Asturias entre 1983 e 1991.
Na súa xuventude, estudou no Colexio da Inmaculada de Xixón (promoción de 1962), da Compañía de Xesús. Coa chegada da democracia a España en 1975 funda o partido Democracia Socialista Asturiana (DSA), que máis tarde se integraría no PSP para acabar formando parte do PSOE en 1978. Nas xerais de 1982 foi cabeza de lista para o Congreso dos Deputados por Asturias, resultando elixido deputado e renunciando ao escano, meses despois, para encabezar a candidatura do PSOE á Xunta Xeral do Principado de Asturias nas eleccións autonómicas de maio de 1983.
O PSOE resultou vencedor nos comicios e Pedro de Silva foi investido Presidente do Principado de Asturias, cargo que revalidaría tras as eleccións de 1987. Non repetiu candidatura nas de 1991 e retirouse da política activa.
Tras a súa retirada da política, centrouse na política e na creación literaria, con habituais colaboracións en diversas publicacións periódicas e revistas.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaios
[editar | editar a fonte]- El regionalismo asturiano
- Asturias, realidad y proyecto
- El druida del bosque
- Miseria de la novedad
- Las fuerzas del cambio
Novela
[editar | editar a fonte]- Proyecto Venus letal
- Kurt (XX Premio La Sonrisa Vertical)
- Dona y Deva
- Una semana muy negra
- El tranvía
- La mosca, una historia de amor
- El rector
Poesía
[editar | editar a fonte]- La ciudad
- La Luna es un instrumento de trabajo
- Los gestos de la tarde
- Las horas grises: tres miradas
| Predecesor: Rafael Fernández Álvarez |
Presidente do Principado de Asturias 1983-1991 |
Sucesor: Juan Luis Rodríguez-Vigil |
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
