Vicente Álvarez Areces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vicente Álvarez Areces
Vicente Álvarez Areces

20 de xullo de 1999 – 15 de xullo de 2011
Vicepresidente María José Ramos Rubiera
Precedido por Sergio Marqués
Sucedido por Francisco Álvarez-Cascos

30 de xuño de 1987 – 3 de xullo de 1999
Precedido por José Manuel Palacio
Sucedido por Paz Fernández Felgueroso

Actualmente no cargo
Dende o 13 de decembro de 2011

13 de xuño de 1999 – 22 de maio de 2011

Datos persoais
Nacemento Xixón, Principado de Asturias Asturias
Falecemento 17 de xaneiro de 2019
Xixón
Partido FSA-PSOE
Cónxuxe/s Soledad Saavedra

Vicente Alberto Álvarez Areces, nado en Xixón o 4 de agosto de 1943 e finado na mesma cidade o 17 de xaneiro de 2019, foi un político asturiano do PSOE. Foi alcade da súa vila natal e dende 1999 até 2011 foi o presidente do Principado de Asturias. Diplomouse en 1964 como enxeñeiro técnico industrial pola Universidade de Xixón. Casado, tivo dous fillos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Xixón o 4 de agosto de 1943. En 1964, terminou os seus estudos como perito industrial, na rama eléctrica, na Escola de Xixón, traballando como profesor de Topografía e Construción en dita escola, e ao ano seguinte empeza a estudar matemáticas en Santiago de Compostela, licenciándose en 1973. Foi profesor titular de Estatística na Universidade de Oviedo. En 1962 ingresou no PCE, onde estivo até marzo de 1978. Como membro do Comité Central do PCE, ao que pertence desde 1969 até 1977, organizou e presidiu a I Conferencia Rexional do PCE de Asturias. Horacio Fernández Inguanzo relevouno na secretaría política na II Conferencia Rexional debido ás discrepancias dentro da dirección e con Comisiones Obreras (CC.OO.). Tras as primeiras eleccións xerais dese ano adoptou unha postura crítica coa dirección, que se foi agravando co tempo, até que abandonou o partido tras a III Conferencia Rexional (Perlora, marzo de 1978), xunto a outros 112 delegados. En 1983 foi nomeado Director Provincial do Ministerio de Educación e Ciencia, e en 1985, Xefe do Servizo de Inspección Técnica de Educación no Ministerio de Educación e Ciencia, en Madrid, con categoría de Subdirector Xeral, até o ano 1987, cando comezou a súa carreira política en Asturias.

Nas eleccións municipais de 1987, encabezou a candidatura do PSOE ao concello de Xixón, resultando gañador e investido Alcalde en substitución de José Manuel Palacio. Repetíu candidatura e triunfo nas eleccións de 1991 e 1995.

En 1998, co Partido Popular gobernando o Principado de Asturias, fi designado candidato do PSOE á presidencia do Principado de Asturias, tras ter gañado as primarias. Concorreu, polo tanto, como cabeza de lista da candidatura socialista nas eleccións autonómicas de xuño de 1999 á Xunta Xeral do Principado, pola circunscrición central. A candidatura resultou gañadora por maioría absoluta e Areces foi investido Presidente do Principado de Asturias o 20 de xullo.

Nas eleccións autonómicas do 2003, repetiu como cabeza de lista e revalidou a vitoria, esta vez sen maioría absoluta. Foi investido de novo Presidente co apoio dos Deputados de Izquierda Unida con quen o PSOE fixo un pacto de goberno para a lexislatura.

Revalidou a súa vitoria nas eleccións de 2007, aínda que o PSOE quedou unicamente un escano por riba do PP. Areces iniciou a súa terceira lexislatura como Presidente co único apoio do seu Grupo Parlamentario. Finalmente, en 2008, PSOE e IU alcanzaron un novo pacto e formaron un goberno de coalición.

O 8 de xullo de 2010, anunciou que non se presentaría á reelección nas eleccións autonómicas que se celebrarían en 2011, tras tres lexislaturas á fronte do Goberno Autonómico.[1]

Foi candidato nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011 presentándose para o Senado de España polo PSOE na circunscrición electoral de Asturias, obtendo finalmente o escano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Areces no repetirá como candidato y despeja el camino a Javier Fernández.El Comercio Digital. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]