Saltar ao contido

Magdalena Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMagdalena Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Magdalena Álvarez Arza Editar o valor em Wikidata
15 de febreiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
San Fernando, España Editar o valor em Wikidata
Vice-Presidente do Banco Europeu de Investimento (pt) Traducir
2010 – 2014 – Román Escolano (pt) Traducir →
Eurodeputada

14 de xullo de 2009 – 15 de xullo de 2010 – Sergio Gutiérrez Prieto (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: España

Deputada de España
26 de marzo de 2008 – 14 de xullo de 2009 – Daniel Pérez Morales →

Circunscrición electoral: Málaga

Ministra de Fomento de España
18 de abril de 2004 – 7 de abril de 2009
← Francisco Álvarez-CascosJosé Blanco →
Deputada de España
25 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Málaga

Deputada do Parlamento de Andalucía
12 de marzo de 2000 – 14 de marzo de 2004
Circunscrición electoral: Málaga
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , profesora universitaria , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX882392

Magdalena Álvarez Arza, nada en San Fernando (Cádiz) o 15 de febreiro de 1952, foi ministra de Fomento de España. É deputada do PSOE no Congreso dos Deputados pola provincia de Málaga. Foi Conselleira de Economía da Xunta de Andalucía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inspectora de Facenda e conselleira de Economía e Facenda da Xunta de Andalucía desde agosto de 1994 ata o pasado mes de febreiro de 2010, Álvarez Arza é doutora cum laude en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid.

Álvarez Arza, foi profesora de Economía na Universidade Nacional a Distancia, UNED (1977-1990); na Escola de Prácticas Xurídicas de Málaga (1981-1989); e no Instituto de Estudos Fiscais (1981-1989).

En 1979 accedeu por oposición ó Corpo de Inspectores de Finanzas do Estado e desde entón estivo ligada laboralmente á Administración Tributaria.

De feito, foi inspectora xefe da Delegación de Facenda de Málaga (1987-1989), directora xeral de Incentivos Económicos Rexionais (1989-1993) e directora do Departamento de Inspección Financeira e Tributaria da Axencia Estatal de Administración Tributaria, cargo do que se atopa en excedencia.

No ámbito político, Álvarez Arza foi deputada autonómica andaluza por Málaga ata que en agosto de 1994 foi nomeada conselleira de Economía e Facenda da Xunta de Andalucía e incorporouse como independente ó segundo Gabinete do presidente andaluz, Manuel Chaves.

Durante esa etapa foi un dos membros do Executivo rexional máis prexudicado pola situación política andaluza, xa que ningún dos dous orzamentos da Xunta que elaborou o seu departamento foi aprobado polo Parlamento.

En 1996, tralas eleccións autonómicas, foi confirmada por Chaves no seu cargo, desde o que traballou especialmente no pago da débeda histórica a Andalucía e o financiamento autonómico.

Nas seguintes autonómicas, en marzo do 2000, Chaves mantívoa á fronte da consellería de Economía e Facenda de Andalucía para facer fronte á sexta lexislatura andaluza.

Ante as últimas Eleccións Xerais do 14 de marzo do 2004, encabezou a candidatura socialista ó Congreso por Málaga, á vez que formou parte do "Comité de Notables", formado por José Luis Rodríguez Zapatero para que o apoiasen na súa candidatura á Presidencia do Goberno.

Pouco antes desas eleccións, en xaneiro, Álvarez Arza -casada e cunha filla- foi elixida presidenta da Mesa da Conferencia Política socialista.


Predecesor:
Francisco Álvarez Cascos
 
Ministra de Fomento
 
2004-Actualidade
Sucesor:
No cargo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]