Alfredo Pérez Rubalcaba
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Alfredo Pérez Rubalcaba | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alfredo Pérez Rubalcaba |
Nacemento | 28 de xullo de 1951 |
Lugar de nacemento | Solares |
Falecemento | 10 de maio de 2019 |
Lugar de falecemento | Hospital Universitario Puerta de Hierro Majadahonda |
Causa | Ictus |
Soterrado | Alcobendas |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | químico, político e professor titular |
Cónxuxe | Pilar Goya Laza |
Premios | Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Orde ao Mérito Policial, e sen etiquetar |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alfredo Pérez Rubalcaba, nado o 28 de xullo de 1951 en Solares e finado en Majadahonda o 10 de maio de 2019,[1] foi un político cántabro pertencente ó Partido Socialista Obrero Español. Era doutor en Ciencias Químicas e foi profesor universitario na Universidade Complutense. Foi Ministro de Educación e Ciencia (1992 - 1993) e Ministro da Presidencia (1993 - 1996). Na V lexislatura foi deputado por Toledo, e despois pasou a selo por Madrid nas eleccións de 1996 e de 2000, por Cantabria en 2004 e por Cádiz en 2008. Entre abril de 2006 e xullo de 2011 foi Ministro do Interior e dende outubro de 2010 até xullo de 2011 foi ademais voceiro do Goberno e vicepresidente primeiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Alfredo Pérez Rubalcaba ingresou no PSOE en 1974, no que comezou a colaborar na Federación Socialista Madrileña e, máis tarde, nas comisións de Ensino e Investigación tanto do partido coma do Grupo Parlamentario Socialista.
Coa chegada ó Goberno do PSOE en 1982, Rubalcaba asumiu distintos cargos relacionados coa universidade e a educación. De feito, en 1988 foi nomeado Secretario de Estado de Educación, e entre 1992 e 1993 foi nomeado ministro de Educación e Ciencia. Tralas eleccións xerais de 1993, o daquela presidente do Goberno, Felipe González, nomeouno ministro da Presidencia e de Relacións coas Cortes (carteira de nova creación), cargo no que se mantivo ata as eleccións xerais de 1996.
Nas xerais de marzo de 1996, que o PSOE perdeu fronte ó PP, Rubalcaba resultou elixido deputado por Madrid.
Un ano máis tarde, no XXXIV Congreso do PSOE, foi elixido membro da Executiva e secretario de Comunicación. A súa inclusión nas listas do partido por parte do por entón secretario xeral do PSOE, Joaquín Almunia, veu a refrendar a súa notable importancia no partido na nova etapa. De feito, Rubalcaba foi un dos principais encargados de manter contactos co goberno popular sobre ETA a raíz da tregua de 1999.
No XXXV Congreso socialista, no que José Luis Rodríguez Zapatero foi elixido novo secretario xeral do PSOE, Rubalcaba entrou a formar parte do Comité Federal do partido. Nesta etapa, encabezou a delegación socialista que acordou co PP o denominado Pacto polas Liberdades e contra o Terrorismo, asinado en decembro de 2000.
Nas eleccións xerais de marzo de 2004, Rubalcaba foi responsable da Estratexia Electoral do PSOE, e máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados. O 11 de abril de 2006 substituíu a José Antonio Alonso Suárez á fronte da Carteira de Interior. Este relevo produciuse tralo "alto o fogo" da banda terrorista ETA. A partir de 2010 sumoulle tamén a vicepresidencia do goberno e mais o cargo de voceiro, que desempeñou ata uns meses antes das eleccións xerais de 2011, nas que Rubalcaba encabezou a candidatura do PSOE á presidencia do goberno.
Predecesor: Javier Solana |
![]() Ministro de Educación e Ciencia 1992 - 1993 |
Sucesor: Gustavo Suárez Pertierra |
Predecesor: Javier Moscoso del Prado y Muñoz |
![]() Ministro da Presidencia 1993 - 1996 |
Sucesor: Francisco Álvarez Cascos |
Predecesor: José Antonio Alonso Suárez |
![]() Ministro do Interior 2006 - 2011 |
Sucesor: Antonio Camacho |
Predecesor: María Teresa Fernández de la Vega |
![]() Vicepresidente Primeiro do Goberno 2010 - 2011 |
Sucesor: Elena Salgado |
Predecesor: María Teresa Fernández de la Vega |
![]() Voceiro do Goberno 2010 - 2011 |
Sucesor: Ramón Jáuregui |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Marcos, José (2019-05-10). "Muere el socialista Alfredo Pérez Rubalcaba, figura clave de la política española". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-10.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo Pérez Rubalcaba ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografías de Altos Cargos en archive.org. Ministerio do Interior (en castelán)
- Vicepresidentes do goberno de España
- Ministros do Interior de España
- Ministros da Presidencia de España
- Personalidades de Cantabria
- Nados en 1951
- Nados en Solares
- Profesores da Universidade Complutense de Madrid
- Políticos do PSOE
- Finados en 2019
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)