God Save the King: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Modelo:RUb -> Modelo:GBRb |

Liña 8: | Liña 8: | ||
|caption = |
|caption = |

|prefixo = Himno |
|prefixo = Himno |

|país = '''Estados'''
''Nacional''
{{NCEb}} [[Nova Zelandia]]

|país = '''Estados'''
''Nacional''
{{NCEb}} [[Nova Zelandia]]
{{GBRb}} [[Reino Unido]]
''Real''
{{ATGb}} [[Antiga e Barbuda]]
{{AUSb}} [[Australia]]
{{BAHb}} [[Bahamas]]
{{BRBb}} [[Barbados]]
{{BLZb}} [[Belize]]
{{CANb}} [[Canadá]]
{{GRAb}} [[Granada - Grenada|Granada]]
{{KNAb}} [[Saint Kitts e Nevis]]
[[Ficheiro:Flag of Tuvalu.svg|border|20px|Tuvalu]] [[Tuvalu]]
{{JAMb}} [[Xamaica]]
'''Depedencias'''
{{BERb}} [[Bermuda]]
[[Ficheiro:Flag of Guernsey.svg|border|20px|Guernsey]] [[Guernsey]]
[[Ficheiro:Flag of Jersey.svg|border|20px|Jersey]] [[Illa de Jersey|Jersey]]
''Real''
[[Ficheiro:Flag of the Isle of Man.svg|border|20px|Illa de Man]] [[Illa de Man - Ellan Vannin|Man]] |

|autor = Descoñecido |
|autor = Descoñecido |

|compositor = Descoñecido |
|compositor = Descoñecido |
Revisión como estaba o 14 de marzo de 2014 ás 19:29
God Save the Queen | |

God Save the King | |
En galego: Deus salve á Raíña | |
Himno de | Estados Nacional Modelo:NCEb Nova Zelandia Reino Unido Real Antiga e Barbuda Australia Bahamas Barbados Belize Canadá Modelo:GRAb Granada Saint Kitts e Nevis Tuvalu Xamaica Depedencias Bermuda Guernsey Jersey Real Man |
Letra | Descoñecido |
Música | Descoñecido |
Adoptado | 1745 |
Mostra da música | |
"God Save the Queen" (Deus Salve á Raíña) é unha canción patriótica do Reino Unido cuxo autor é descoñecido (algunhas fontes din que é posible que sexa a adaptación dunha peza do compositor francés Jean-Baptiste Lully) tradicionalmente usada como himno nacional polo Reino Unido e as súas colonias.
God Save the King (Deus Salve ao Rei) naceu durante o reinado de Xurxo II. Pénsase que a primeira interpretación pública da canción ocorreu durante a rebelión dos "Corenta e Cinco". En referencia á rebelión xacobita, engadiuse un verso que inclúe Rebellious Scots to crush (Os rebeldes escoceses, até os esmagar), aínda que se canta raramente na actualidade. "Deus Salve á Raíña" (por mor de que na actualidade a coroa británica a ostenta a raíña Sabela II) é un dos dous himnos nacionais de Nova Zelandia (xunto con "Deus Defenda Nova Zelandia"), e o himno real de Australia e Canadá.
Hai que aclarar que non existe unha versión autorizada no Reino Unido. O himno non foi xamais adoptado oficialmente por Proclamación Real nin Lei do Parlamento. En xeral, cántase só unha (ou de cando en cando, dúas) das estrofas.
Era polo pasado o himno nacional da maior parte dos países do Commonwealth; aínda que a maioría deles teñan agora o seu propio himno nacional, varios (dos cales Australia, a Nova Zelanda e Canadá) o recoñecen en tanto que himno real.
Letra[1]
LETRA ORIXINAL, EN INGLÉS | TRADUCIÓN APROXIMADA | EN FRANCÉS (empregada na parte francófona do Canadá) |

God save our gracious Queen, Thy choicest gifts in store, O Lord, our God, arise, Not in this land alone, From every latent foe, Lord grant that Marshal Wade |
Deus salve á nosa gloriosa Raíña, Os mellores presentes; Ó Deus, noso Deus, veña Non a penas neste país, A todo inimigo latente, Que Deus permita que o Marechal Wade |
Dieu protège la reine |
Observacións:
With heart and voice to sing

Interpretación no Reino Unido
A versión máis interpretada nos actos oficiais foi proposta polo rei Xurxo V, quen se consideraba como un experto nela (por mor do número de veces que o escoitara). Unha orde do exército foi emitida en 1933, establecendo as normas para o tempo, a dinámica e a orquestración. Estas instrucións inclúense como que a apertura se del ejército fue debidamente emitido en 1933, que establece las normas para o tempo, a dinámica a orquestración.
Ata a última parte do século XX, os asistentes ao teatro e os concertos esperaban de pé, mentres se interpretaba o himno trala celebración do espectáculo. Nos cines, a tendencia do público de saír durante os créditos fixo que se suprimira esta formalidade.
O himno continua sendo interpretado en eventos tradicionais como o Campionato de Wimbledon e The Proms, entre outros.
Nos medios audiovisuais
Tradicionalmente interpretábase antes do fin das emisións da BBC (salvo BBC Two que nunca chegou a ter esta tradición), e tras a introdución das cadeas privadas de televisión esta práctica foi adoptada por algunhas filiais de ITV ata a década dos 1980, pero continuou no final das emisións da BBC One ata o 8 de novembro de 1997 cando a cadea comezou a conectar con BBC News pola noite. Hoxe en día esta tradición mantense en BBC Radio Four, que soe emitir o himno antes de conectar con BBC World Service.
O himno tamén se emite antes da Mensaxe de Nadal da Raíña de Inglaterra, salvo en 2007 que foi emitido ao final da mensaxe. Tamén é utilizado para dar avisos sobre a Casa Real, coma a morte dalgún membro, neste caso é interpretado dun xeito máis solemne.
Adaptacións musicais
Compositores clásicos
Ao redor de 140 compositores incluíndo Beethoven, Haydn, Clementi, J.C.Bach, Liszt, Brahms, Carl Maria von Weber, Niccolò Paganini, Johann Strauss I, e Edward Elgar utilizaron o himno nalgunha das súas composicións.
Rock
Algúns grupos de rock coma Sex Pistols ou Queen, tamén fixeron adaptacións do God Save the Queen para algúns acontecementos importantes en Inglaterra. [2]