Europa (himno)
Aparencia
| Europa | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
| Autoría | |||||
|
Compositor/a
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Europa (
pronunciación (axuda · info)) (en albanés: Evropa, en serbia: Европа) é o nome do himno nacional da República de Kosovo, aprobado polo parlamento o 11 de xuño de 2008. Esta melodía carece de letra, para evitar ofender á minoría serbia que habita nesta ex provincia serbia que declarou a súa independencia unilateralmente o 17 de febreiro de 2008. O himno, cuxo autor é o compositor albanés Mehdi Mendiqi, foi aprobado nunha sesión cerimonial do Parlamento tras gañar Mendiqi un concurso en cuxas bases se establecía que o tema musical non podía facer referencia á cultura de ningunha das etnias de Kosovo.