Inno Nazionale della Repubblica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inno Nazionale della Repubblica
En galego: Himno nacional da República
Inno San Marino.jpg
Himno de San Mariño San Mariño
Letra Federico Consolo
Música Federico Consolo
Adoptado 1894

O Inno Nazionale della Repubblica (do italiano: Himno Nacional da República ou simplemente Inno Nazionale, é o himno de San Mariño. Foi composto por Federico Consolo, e adoptado polo Consello Grande e Xeral como himno nacional o 11 de setembro de 1894, cando foi inaugurado o Palazzo Pubblico.

Letra[editar | editar a fonte]

Oficialmente o himno non ten letra. Giosuè Carducci chegou a escribir un texto, pero o Goberno de San Mariño nunca chegou a adoptalo.