Xurxo V do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo V do Reino Unido
King George V 1911 color-crop.jpg
Nacemento 3 de xuño de 1865
Lugar Marlborough House
Falecemento 20 de xaneiro de 1936
Lugar Sandringham House
Causa Eutanasia
Soterrado Capela de São Jorge e Castelo de Windsor
Nacionalidade Reino Unido e Raj Británico
Relixión Protestantismo e Igrexa de Inglaterra
Ocupación postage stamp designer e philatelist
Cónxuxe Maria de Teck
Fillos Eduardo VIII do Reino Unido, Xurxo VI do Reino Unido, Maria, Princesa Real e Condessa de Harewood, Henrique, Duque de Gloucester, Jorge, duque de Kent e João do Reino Unido
Premios Knight of the Order of the Golden Fleece, Ordem da Águia Negra, Knight Grand Cross of the Royal Victorian Order, Knight Grand Cross of the Order of St Michael and St George, Ordem de Santo Olavo, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Royal Victorian Chain, Ordem de Santo André, Order of St. George, 3rd class e Albert Medal
editar datos en Wikidata ]

Xurxo V do Reino Unido (3 de xuño de 186520 de xaneiro de 1936) foi Rei do Reino Unido de 1910 até a súa morte. Era o segundo fillo do Rei Eduardo VII do Reino Unido e da princesa Alexandra de Dinamarca, na época Príncipes de Gales.

En 1891, Xurxo converteuse no segundo na liña de sucesión, despois da morte de Alberte, Duque de Clarence, o seu irmán máis vello, por pneumonía. Alberte era noivo da princesa María de Teck (Princesa May), que foi pedida despois en casamento por Xurxo. O casamento realizouse en 1893 e resultou en seis fillos, entre os cales o Duque de Windsor e Xurxo VI do Reino Unido. En 1892, Xurxo converteuse en Duque de York e en 1901, após a morte da súa avoa, a Raíña Vitoria, converteuse en Príncipe de Gales e Duque de Cornualles, como herdeiro da coroa.

Xurxo V tornouse Rei do Reino o 22 de xuño de 1911 e Emperador da India o 11 de decembro, após a morte de Eduardo VII. En 1917, dado o sentimento antixermánico vivido durante a Primeira Guerra Mundial, Xurxo V cambiou o nome da casa real de Saxonia-Coburgo e Gotha para Windsor, que pasou a ser o nome oficial da familia real.

Xurxo V morreu en 1936 e sucedeuno o seu primoxénito, Eduardo VIII.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.