Xogos Olímpicos de 1956: Diferenzas entre revisións
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América |
|||
Liña 36: | Liña 36: | ||
* ''Vladimir Kutz'' mostra a forza do [[atletismo]] [[Unión Soviética|soviético]] ó conquistar o [[ouro]] nas probas de 5.000 e 10.000m, fazaña conseguida antes tan só polos fantásticos finlandeses da primeira metade do [[século]] e pola “Locomotora Humana”, o [[Checoslovaquia|checo]] [[Emil Zátopek]]. |
* ''Vladimir Kutz'' mostra a forza do [[atletismo]] [[Unión Soviética|soviético]] ó conquistar o [[ouro]] nas probas de 5.000 e 10.000m, fazaña conseguida antes tan só polos fantásticos finlandeses da primeira metade do [[século]] e pola “Locomotora Humana”, o [[Checoslovaquia|checo]] [[Emil Zátopek]]. |
||
* A |
* A raíña destes Xogos, para delirio dos anfitrións, foi a australiana ''Betty Cuthbert'', de dezaoito anos, alcumada ''“Golden Girl”'' e campioa olímpica nos 100, 200 e 4x100m no [[atletismo]]. |
||
* Os alemáns occidentais e orientais participaron xuntos nun equipo mixto, como farían nos próximos dous eventos. |
* Os alemáns occidentais e orientais participaron xuntos nun equipo mixto, como farían nos próximos dous eventos. |
Revisión como estaba o 3 de outubro de 2013 ás 20:37
Xogos da XVI Olimpíada | |
---|---|
Melbourne 1956 | |
Estados Participantes | 67 |
Atletas | 3184 |
Eventos | 145 en 17 deportes |
Cerimonia de Apertura | 22 de novembro |
Cerimonia de Clausura | 8 de decembro |
Apertura oficial | Príncipe Felipe, Duque de Edimburgo |
Xuramento do Atleta | John Landy, Henri Saint Cyr |
Entrada do Facho Olímpico | Ron Clarke, Hans Wikne |
Local | Melbourne Cricket Ground |
Os XVI Xogos Olímpicos de 1956 foron realizados na cidade de Melbourne, en Australia, entre os días 22 de novembro e 8 de decembro, coa participación de 72 estados, representados por 3314 atletas, sendo 376 mulleres.
Por primeira vez unha das modalidades deportivas dos Xogos non foi realizada nin na cidade nin no país anfitrión, xa que a Hípica transferiuse a Estocolmo, Suecia, disputándose cinco meses antes de Melbourne polo que se impedía a entrada de cabalos estranxeiros no país.
Infelizmente, a política internacional, extremadamente tensa naqueles días de Guerra Fría, foi responsable dos primeiros boicots e desistencias dos Xogos Olímpicos. A invasión da Hungría por tropas soviéticas naquel ano causou a desistencia de España, Países Baixos e Suíza. Os exipcios, iraquís e libaneses boicotearon o evento en protesta pola presenza anglo-francesa, intervindo con tropas na cuestión do Canal de Suez.
Curiosidades
- Vladimir Kutz mostra a forza do atletismo soviético ó conquistar o ouro nas probas de 5.000 e 10.000m, fazaña conseguida antes tan só polos fantásticos finlandeses da primeira metade do século e pola “Locomotora Humana”, o checo Emil Zátopek.
- A raíña destes Xogos, para delirio dos anfitrións, foi a australiana Betty Cuthbert, de dezaoito anos, alcumada “Golden Girl” e campioa olímpica nos 100, 200 e 4x100m no atletismo.
- Os alemáns occidentais e orientais participaron xuntos nun equipo mixto, como farían nos próximos dous eventos.
- A nadadora Dawn Frazer brillou nas piscinas liderando o equipo australiano na vitoria do relevo 4x100 e conquistando o ouro nos 100m nado libre.
- En Melbourne, o Comité Olímpico Internacional acolleu a suxestión dun xove carpinteiro chinés que vivía no país, chamado John Wing, e estableceu que o desfile da festa de clausura de alí en diante debería ser feito con todos os atletas mesturados, simbolizando a unión dos pobos.
Modalidades disputadas
Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | URSS | 37 | 29 | 32 | 98 |
2 | Estados Unidos | 32 | 25 | 17 | 74 |
3 | Australia | 13 | 8 | 14 | 35 |
4 | Hungría | 9 | 10 | 7 | 26 |
5 | Italia | 8 | 8 | 9 | 25 |
6 | Suecia | 8 | 5 | 6 | 19 |
7 | Equipo Unido de Alemaña | 6 | 13 | 7 | 26 |
8 | Gran Bretaña | 6 | 7 | 11 | 24 |
9 | Romanía | 5 | 3 | 5 | 13 |
10 | Xapón | 4 | 10 | 5 | 19 |