Xogos Olímpicos de 1956: Diferenzas entre revisións
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America) |
m r2.6.4) (Bot: Engado: yo:Àwọn Ìdíje Òlímpíkì Ìgbà Oru 1956 |
||
Liña 201: | Liña 201: | ||
[[vi:Thế vận hội Mùa hè 1956]] |
[[vi:Thế vận hội Mùa hè 1956]] |
||
[[wa:Djeus olimpikes d' esté di 1956]] |
[[wa:Djeus olimpikes d' esté di 1956]] |
||
[[yo:Àwọn Ìdíje Òlímpíkì Ìgbà Oru 1956]] |
|||
[[zh:1956年夏季奥林匹克运动会]] |
[[zh:1956年夏季奥林匹克运动会]] |
Revisión como estaba o 22 de abril de 2012 ás 08:20
Xogos da XVI Olimpíada | |
---|---|
Melbourne 1956 | |
Estados Participantes | 67 |
Atletas | 3184 |
Eventos | 145 en 17 deportes |
Cerimonia de Apertura | 22 de novembro |
Cerimonia de Clausura | 8 de decembro |
Apertura oficial | Príncipe Felipe, Duque de Edimburgo |
Xuramento do Atleta | John Landy, Henri Saint Cyr |
Entrada do Facho Olímpico | Ron Clarke, Hans Wikne |
Local | Melbourne Cricket Ground |
Os XVI Xogos Olímpicos de 1956 foron realizados na cidade de Melbourne, en Australia, entre os días 22 de novembro e 8 de decembro, coa participación de 72 estados, representados por 3314 atletas, sendo 376 mulleres.
Por primeira vez unha das modalidades deportivas dos Xogos non foi realizada nin na cidade nin no país anfitrión, xa que a Hípica transferiuse a Estocolmo, Suecia, disputándose cinco meses antes de Melbourne polo que se impedía a entrada de cabalos estranxeiros no país.
Infelizmente, a política internacional, extremadamente tensa naqueles días de Guerra Fría, foi responsable dos primeiros boicots e desistencias dos Xogos Olímpicos. A invasión da Hungría por tropas soviéticas naquel ano causou a desistencia de España, Países Baixos e Suíza. Os exipcios, iraquís e libaneses boicotearon o evento en protesta pola presenza anglo-francesa, intervindo con tropas na cuestión do Canal de Suez.
Curiosidades
- Vladimir Kutz mostra a forza do atletismo soviético ó conquistar o ouro nas probas de 5.000 e 10.000m, fazaña conseguida antes tan só polos fantásticos finlandeses da primeira metade do século e pola “Locomotora Humana”, o checo Emil Zátopek.
- A raíña destes Xogos, para delirio dos anfitrións, foi a australiana Betty Cuthbert, de dezaoito anos, alcumada “Golden Girl” e campioa olímpica nos 100, 200 e 4x100m no atletismo.
- Os alemáns occidentais e orientais participaron xuntos nun equipo mixto, como farían nos próximos dous eventos.
- A nadadora Dawn Frazer brillou nas piscinas liderando o equipo australiano na vitoria do relevo 4x100 e conquistando o ouro nos 100m nado libre.
- En Melbourne, o Comité Olímpico Internacional acolleu a suxestión dun xove carpinteiro chinés que vivía no país, chamado John Wing, e estableceu que o desfile da festa de clausura de alí en diante debería ser feito con todos os atletas mesturados, simbolizando a unión dos pobos.
Modalidades disputadas
Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | URSS | 37 | 29 | 32 | 98 |
2 | Estados Unidos | 32 | 25 | 17 | 74 |
3 | Australia | 13 | 8 | 14 | 35 |
4 | Hungría | 9 | 10 | 7 | 26 |
5 | Italia | 8 | 8 | 9 | 25 |
6 | Suecia | 8 | 5 | 6 | 19 |
7 | Equipo Unido de Alemaña | 6 | 13 | 7 | 26 |
8 | Gran Bretaña | 6 | 7 | 11 | 24 |
9 | Romanía | 5 | 3 | 5 | 13 |
10 | Xapón | 4 | 10 | 5 | 19 |